GMH/ÍNDICE A-Z

F-C8
1454, decembro, 23

Os clérigos do coro aforan a dez voces ao mercador Afonso Fernández do Campo, por renda anual de 12 mrs., as herdades, casas e soares sitos en Beiro pertencentes a Catarina Fernández e doados para un aniversario polo seu testamenteiro, o notario Álvaro Afonso. (fols. 5-6v)

Carta de Afonso Fernandes. Feitas e dadas a anbas partes.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos os clerigos do coro da iglesia d’Ourense, estando ajuntados enna capela de Sant Andre da dita iglesia, segundo que o avemos de uso e de custume de nos ajuntar a faser nosos aforamentos, conven a saber Diego Fernandes de Bameo e Fernando Afonso dobreiros enna dita iglesia e Alvaro Rojes capelan da capela de Santa Oufemea e Gomes Ares capelan de Santa Maria a Madre da dita çibdade e Joan Fernandes de Deça e Lopo Gomes e Joan Vasques e Afonso Pereyra e Fernan Peres e Fernan Pardo clerigos do coro da dita iglesia, et nos os ditos Joan Fernandes de Deça e Lopo Gomes como procuradores da universidade dos ditos clerigos do coro que soomos presentes, por nos e en nomme dos outros dobreiros e clerigos do coro da dita iglesia que son absentes e de nosos suçesores clerigos que despois de nos foren da dita iglesia d’Ourense, damos e outorgamos, aforamos a vos Afonso Fernandes do Canpo, mercador vesiño da dita çibdade d’Ourense, e a vosa moller Elvira Nunes que he absente, en vosa vida de anbos a dous et a des voses apus vos anbos, asi que o pustromeyro (fol. 5)
de vos anbos en sua vida ou a tenpo de seu finamento nomee a primeira vos et a primeira nomee a segunda e a segunda a terçeyra e a terçeyra a quarta, et asy vaan as ditas des voses huna pus outra per orden suçesive, et non seendo nomeadas (que seja)* que seja a primeira vos aquel ou aquela que de dereito herdar os beens do pustromeyro de vos et asi os outros suçedentes, conven a saber que vos aforamos todas quantas casas e soares delas e herdades e arvores, soutos e cortiñas nos vemos e nos perteesçen en qual quer maneira enna freigesia de Santa Olaya de Beyro, por parte de Cataliña Fernandes filla de Joan Peres de Junqueira, que foy rejedor da dita çibdade, que ajan parayso, que foron vesiños da dita çibdade, a qual dita herdade e casas e arvores asi perteesçentes aa dita Cataliña Fernandes moller que foi de Joan de Canba escudeiro que foy da dita çibdade, nos dou en doaçon e en elimosna porla alma da dita Cataliña Fernandes Alvaro Afonso notario e vesiño eso meesmo da dita /çibdade\ (Cataliña Fernandes)* como herdeiro e conpridor que ficou da dita Cataliña Fernandes, para ajuda de un aniversario que avemos de diser de cada un anno para senpre porla alma da dita Cataliña Fernandes e de aqueles a quen ela era tiiuda, a qual dita doaçon que nos asi feso o dito Alvaro Afonso das ditas herdades e casas (da dita)* como herdeiro e conpridor da dita Cataliña Fernandes pasou mais conplidamente por este notario por quen esta carta he feita e ha ten sentada en seu registro mais conplidamente, da qual dita doaçon que o dito Alvaro Afonso asi feso aos ditos clerigos do coro das ditas herdades (e casas e soares delas e arvores)* que a dita Cataliña Fernandes asi avia enna dita freigesia de Beiro, eu o dito notario dou fe que paresçe por min e ha teño sentada en meu registro mais conplidamente. Por ende nos os ditos clerigos do coro vos aforamos as ditas casas e soares e herdades e arvores, soutos e cortiñas de suso nomeadas e declaradas con todas suas entradas (fol. 5v)
e saidas, dereitos, jures e perteesças por u quer que os ajan e devan aver de dereito, sub tal pleito e condiçon que labredes e paredes ben (as ditas herdades en maneira que)* ou façades labrar as ditas herdades en maneira que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento et dedes e paguedes ende delo vos e vosas voses a nos os ditos clerigos do coro e a nosos suçesores e nosa universidade e a noso moordomo e procurador en noso nomme de foro en cada un anno en pas e en salvo por cada dia de San Martiño do mes de novenbro, dose mrs. de moeda vella e usual que fasen tres brancas vellas e un dño. o mr. ou sua valia se outra moeda chaamente correr enna dita çibdade et por esta presente carta vos damos poder conprido para que posades vos ou quen vos quiserdes entrar e tomar as ditas casas e herdades e arvores e sacarlas e perquerirlas (donde e sacarlas)* donde esteveren traspasadas e ealleadas et por estes ditos dose mrs. de cada un anno averedes as ditas herdades e arvores e casas e soares delas, libre e quite de todo outro enbargo, çenso e foro e encarrego algun vos e vosas voses pagando o disemo a deus, salvo se vos ou vosas voses quiserdes vender, deytar ou supiñorar
a.    o suso dito ou parte delo que primeiramente frontedes con elo a nos os ditos clerigos do coro e a nosos suçesores para que o ajamos porlo justo preço que por elo deren ante que outro algun, segundo que o dereito en tal caso manda, se o nos ou nosos suçesores quiseremos, et non o querendo por ese preço resçeber enton o vendede, deytade ou supiñorade aa tal persona que seja semellable de vos que cunpra e agarde as condiçoens desta carta e nos pague os ditos dose mrs. en pas e en salvo, segundo que vos soodes obrigado de pagar e conprir e seeredes vos e vosas voses obedientes a nos e a nosos suçesores con este dito aforamento e non (fol. 6)
porredes por el outro sobre foro ninhun salvo aa nosa universidade, et obligamos os beens da dita nosa universidade para vos e as ditas vosas voses seerdes anparados e defesos a dereito con este dito foro durante o dito tenpo e voses segundo dito he. Et eu o dito Afonso Fernandes que presente soon, por min e porla
dita Elvira Nunes miña moller que he absente e porlas ditas des voses despois de nos, asi outorgo e resçebo de vos os ditos dobreiros e clerigos do coro as ditas herdades e casas e soares segundo et enna maneira e condiçoens e foro que noslo vos aforades e con cada huna delas et para pagar de cada un anno os ditos dose mrs. da dita moeda en pas e en salvo segundo e como dito he, para o qual todo asi teer e conprir e pagar obrigo a elo todos meus beens e da dita miña moller, mobles e reyses, avidos e por aver, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e ho non conprir e agardar que peyte aa outra parte (agor)* agardante por nomme de pena e interese dusentos mrs. da dita moeda, a qual pena quer seja pagada ou non, esta carta e todo ho en ela contiiudo fique firme e valla enno dito tenpo e voses. Feita a carta enna dita iglesia cathedral da dita çibdade d’Ourense, enna dita capela de Sant Andre, dia luuns, veynte e tres dias do mes de desenbre, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e çinqoenta e quatro annos. Tests. que presentes estavan a esto que dito he Vasco Fernandes clerigo do coro da dita iglesia e frey Fernando e Fernan (Peres)* Lopes carniçeyro, vesiños e moradores enna dita çibdade.
[escrito ao revés] (... conprir e agardar todas las condiçoens desta carta e cada huna delas)* (fol. 6v)