GMH/ÍNDICE A-Z

1167
1466, febreiro. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lope de Baamonde, á súa muller e a dúas voces unhas casas nas cortiñas de San Román, freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de quince marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 54 v.


   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que a iuso son nombrados, sendo en a dita iglesia açerca da porta dos orgoos juntos en noso cabildo chamados per son de campana, segundo que o avemos de uso et de custume, veendo et entendendo que esto he proveyto da dita iglesia et noso et de nosos suçessores por quanto as nosas casas que estan en esta çiudade en as cortinas de San Romao juntas con outras de Gonçalvo Peres de Luases, regedor, pegadas con a dita iglesia de San Romao de huna parte, et da outra estan contra o poço das cortynas su a orta et casa do forno que esta tras la dita casa, sub o signo da Capela de Santiago, as quaes ditas casas son do noso cabilldo, et a dita casa do forno he dos aniversarios, et ora estan destroydas et disipadas et pasa[...] et mays que Pedro do Monte, que as tyna de nos en foro, non nos pagou o foro delas, et por nos son reçebidas, et outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en foro as ditas nosas casas con todas suas entradas et saydas et jures et pertenenças, que senpre andaron, a vos Lopo de Vaamonde, escudeyro, regedor da dita çiudade, et a vosa muller, Moor Gonçalves, por vosas vidas et a outras duas personas depoys de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento et non sendo nomeada seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte deles de dereyto, et a outra postrimeyra persona seia si por aquela [...] ou sua herdeyra como dito he; a tal pleyto et condiçon que vos aderesçesdes et reparedes ben as ditas casas et cubrades a casa do forno que esta sen cubertura, et asy as mantenades vos et as ditas personas dereytas, cubertas et ben reparadas et moredes ou fagades morar de guisa que se non vaan a hermo con mingoa de reparo; et diades de foro, en cada hun ano, por la dita casa que he da nosa mesa quinse maravedis de moeda vella de curtos a o moordomo de noso cabilldo, et da dita [...] çinquo maravedis da dita moeda a o colledor dos aniversarios por dia de San Martino de nobenbro; et cada huna das personas, que en o dito foro suçeder, seia tiuda et obligada do dia que asi suçeder en el fasta triinta dias primeyros seguentes de se vinir mostrar et notificr a o dito cabilldo como he persona do dito foro, su pena de o perder se o asi non feser. Et a o finamento da postrimeyra persona que as ditas casas fiquen libres et quitas et desenbargadas a nos et a nosos suçesores, cubertas et reparadas et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos; et que vos et as ditas personas seiades obidientes a a dita iglesia et cabildo dela.

Et eu, o dito Lopo de Vaamonde, que presente estou por mi et por la dita mina muller et personas asi o resçebo et obligo a min et a os meus bees et delas, asy mobeles como rayses, de o teer et conplir et atender et gardar todo asi segundo se en esta carta conten.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos do qual mandamos a o notario iuso escripto que vos de delo esta carta de foro segundo mellor se poder notar en dereyto signada con seu signo et seelada con noso seelo, et lançe outra en o noso libro.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar, vernes, [...] dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et seys anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoreyro; Pedro Vasques, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Arias de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, Diego Gonçalves de Fonteyta [...].

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo de Lugo notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria, a todo o que susodito he en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro en este libro do dito cabildo fis escripvir seendo ocupado, et en ela puje meu signo et nome acustumado que tal he en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.