GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

948
1417, setembro, 6 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Ares e a dúas voces herdades, casas e bens raíces na freguesía de Santa María de Vilafiz, por renda anual de dúas tegas de pan.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 121 v.


       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos, lunes, seys dias de setembro. En cabidoo dentro en o coro da iglesia de Lugo o dean et chantre et benefiçiados da dita iglesia con consintemento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniverssarios da dita iglesia de Lugo, que estava presente, aforaron a Pedro Ares de Prado, que estava presente, por sua vida et d’outras duas persoas, todos os erdamentos et casas et arvores et bees rayses que os aniverssarios da iglesia de Lugo an en Vilafiis sub signo de Santa Maria de Vilafiis, segundo que as suyan teer et usar por los ditos aniversarios Orraca Afonso de Villafiis, por duas teegas de pam cada, y el et as ditas duas persoas an de pagar en pas et en salvo en o dito lugar des Santa Maria d’agosto ata Santa Maria de setembro, et non pagando o dito foro en un ano, seendo requerido, que perga o dito foro el et as duas persoas, et que tena ben lavradas et reparadas as ditas erdades. Et el asi reçebeu o dito foro et obligou seus bees de o comprir et pagar etc. (sic).

Testemoyas: don Juan Martines, dean et vigario; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Afonso Teyxeyro, Fernan Rodrigues, Juan Lopes, Lopo Ferrnandes, Nuno Gomes, Afonso Ares, coengos de Lugo; Pedro Ferrnandes, Juan Ferrnandes, Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia desse lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.