GMH/ÍNDICE A-Z

D157
1459, maio, 4
Gonzalo Rodríguez de Olveda, que está enfermo, acorda con Gonzalo dos Carballos poñer en mans de homes bos o preito que os enfronta por certos roubos e males (entre eles o litixio por unha muller). (fols. 46v-47)

Conpromiso de Gonçalvo Rodrigues d’Olveda.

A quatro dias de mayo en Ourense, ennas casas de morada de Gonçalvo Rodrigues d’Olveda, jasendo el y doente en huna (casa)* cama, logo o dito Gonçalvo Rodrigues diso que por rason que era debate et contenda ontre el da huna parte et da outra Gonçalvo dos Carballos, sobre rason de çertos malles et danos e tomas e roubos et de outras quaes quer cousas e beens que hun tomase ao outro et outro ao outro, e de outros quaes quer pleytos et contendas que ontre elles sejan en qual quer maneira ata este presente día etç. et por se quitar de todo elo et vyr a boa pas, concordia et amorio, que o puna o dito Gonçalvo Rodrigues da sua parte en poder de omes boons, o dito Gonçalvo Rodrigues que tomava et tomou por seu omen boon para que o librase et vise todoslos ditos debates e contendas que ontre elles era sobre todaslas cousas sobre ditas et sobre rason da muller que o dito Gonçalvo dos Carballos desia que lle o dito Gonçalvo Rodrigues trouxera et el desía que non, para que ontre anbos a dous en hun acordo o librasen como quisesen et por ben tevesen ou como achasen por dereito et non se (fol. 46v)
podendo ygoallar que elles anbos a dous que tomasen consigo hun terçeiro qual elles quisesen e por ben tevesen para que o librasen o dito terçeiro con elles todos tres en hun acordo et que o librasen como quisesen et por ben tevesen aviindo e conpoendo ou como achasen por dereito et toda sentença que desen que as partes que estevesen en elo sopena de dosentas dobras et que o librasen en todo este mes de mayo, para o qual obrigava sy e seus bens et dava poder a qual quer justiça etç. conpromiso forte et firme etç. Tests. Goçalvo Rodrigues tendeiro (- - -)
Et despoys desto (- - -) (fol. 47)