GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

201
1331, novembro, 8 (Copia feita o 11 de febreiro de 1332).
testamento

Cláusulas do testamento de Lourenzo Iáñez, cociñeiro do bispo don Gonzalo.

ACOu, Clérigos do Coro, 125

Enno nomme de deus amen. Eu Lourenço Eanes seendo doente pero con todo meu siso e con todo meu entendemento conprido, temendome que despoys de miña morte non veña contenda ontre alguuns sobre meus beens, por ende faço e ordigno delles meu testamento e miña postremeira voontade. Primeiramente mando a miña alma a deus e mando soterrar meu corpo enna costra de Santa Maria a Madre hu ias Pero Bezerril meu tio etç. Iten mando a Mariña Peres miña moller as miñas tres cubas que teño en (...) e a miña meatade da tinalla que ela conmigo fez, et mandolle as miñas viñas de Pinor e a da Ayra e o celeyro et as duas cubas que seen (...) o viño enno çeleiro. Et estas duas cubas e a dita viña da Ayra que as aja ela en sua vida et a sua morte que fiquen a Gomez e a Johane e a Margarida yrmaos, fillos de Moor Miguees moradeira en Ourense enna Praça, en cas Johan Martines. Et se alguun morrer que fique ennos outros en qual quer de eles que ficar vivo apos los outros. Iten mando aa dita Mariña Peres o meu quiñon do viño que se en casa etç. Iten mando que vendan a miña viña do Mollon pola qual me davan dous mill e oytoçentos mor. etç. Et destes diñeiros mando que den ende a Johane e a Gomez e a Margarida fillos de Moor Miguees seisçentos mor. e poñan a mestre Gomez e a Margarida porlo seu quiñon destes diñeiros. Et destes diñeiros den a Margarida duzentos e çinqoeenta mor. e aos ditos seus yrmaos dusentos mor. a cada huun. Et mando que os duzentos mor. destes que mando a estes moços que os den a Johan Domingues amo do dito Johane que llos meta en coyros ou en alguna cousa que el entenda que seerá sua prol do moço e fará ben e merçee. Iten mando a Johane e a Gomes senllas sayas de picote e senllas capas de burel derredor etç. Iten mando a Margarida huna colcha boa e huun chumaço de trees grosso etç. Iten mando duas arcas pequenas, huna aa dita Margarida e a outra a seu yrmaao Johane etç. Iten faço miña heree en todolos outros meus beens que mandados non son que remaeçeren conprido o meu testamento e miña postremeira voontade aa dita Mariña Peres miña moller. Et faço reytores e conpridores deste meu testamento e miña postremeira voontade a dita Mariña Peres miña moller e con ela Pero Domingues mercador morador en Ourense enna dita rua dos Brancos, que pagen miñas devedas e miñas mandas por meus beens e sen seu danno. Et mando e quero que este seia meu testamento e miña postremeira voontade, e se por alguna cousa non poder valer commo testamento que valla commo codiçilo ou commo outra scritura qual quer feita por notario publico que mellor e mays conpridamente pode e deve valer de dereito. Et quen quer da miña parte ou da estranya que contra este meu testamento e miña postremeira voontade veer aia a yra de deus e miña maldiçon e quanto demandar peyteo a meu heree doblado e aa vos del rey peyte por pena mill mor. e a dita \pena/ pagada ou non este meu testamento fique firme e valedeiro para senpre en seu revor. Esto foy en Ourense, oyto dias de novenbro, era de mill e cccªlxviiiie annos. Tests. Lourenço Domingues, Lopo Sanches notarios, Domingo Ledo, Johan Peres mercador da rua do Pumar, Johan Peres das Trees, Johan, Pero d’Aguiar carniçeiros anbos, Alfonso Gomes alfageme, Johan Lourenço sobriño de Johan Migues moradores en Ourense.

Et eu Afonso Viviaes coengo e chançeller sobre dito que a estas cousas presente fuy e en miña presença as fige scrivir e este meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

Este he o trallado das clausullas sobreditas que se contiiñan enno testamento de Lourenço Eanes cosiñeyro que foy de nosso señor o bispo dom Gonçalvo, feito por Afonso Viviaez coengo e chançeller da çidade d’Ourense e assignado de seu signal segundo que se en ello contiina, as quaes clausullas do dito testamento eu Domingo Martines (notario) jurado en Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar (en miña) presença fige tralladar et en este trallado a pedimento (da dita) Moor Migues e por mandado e outoridade de Pero Giaez tesoureiro e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Gonçalvo porla graça de deus bispo d’Ourense meu signal puge que tal he.

(sinal)

Que foy feito en Ourense, xi dias de fevereiro, era de mill e ccc e seteenta annos. Tests. Lopo Sanches, Françisco Peres notarios, Johan das Traves mercador e Domingo Eanes e Johan Martines, Alfonso Peres dito Peyxoto, Johan Sotil escrivan, Domingo Peres das Tendas, Pero Dias çapateyro e outros.

Custaron estas clausullas nove mor. de curtos.