GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

151

1420, agosto, 10.
O Concello ordena que se pagase a García Rodríguez, cambiador, 20 maravedís, polo traballo de tomar testemuñas sobre o Concello de Melide para que viñese ó repartimento do pedido do Rei.
O Concello ordena ós seus procuradores que paguen a Afonso da Cana, servente, o que lle correspondía polo seu salario, contestando o procurador que non podía facerse mentres non se pagase o importe do servicio ó arcebispo.

(Fol. 78 vº)
Des dias do mes de agosto, seendo Juan Fernandes Abril, alcalle e Martin Serpe e Fernan Gonçales do Preguntoiro Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Sancho Sanches de Moscoso, regidores jurados e omes bõos enna çidade de Santiago, juntados en consistorio enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade, en presença de min Fernan Yanes, notario etc. e escusador etc. e das testemoyas etc.; enton os sobreditos mandaron a Juan Raposo, procurador do dito conçello que presente estava que dese a Garçia Rodriges, canbiador, viinte maravedis, branqua en tres dineiros por seu traballo de tomar testemoyos sobre lo concello de Melide para que viesen ao repartimento dos maravedis do pedido de noso señor el rey e para a custa do dito testemoyo e que llos reçeberian en conta. Testemoyas:  Pero Yanes Abraldes. e Juan Bugeirete, vesiños da dita çidade e Alonso da Cana, servente do dito conçello.
Predito.- Os sobreditos mandaron ao dito Juan Raposo e a Nuno Vinagre que era absente que pagasen a Afonso da Cana, servente do conçello da dita çidade o que fose achado que lle era devido de seu selario deste anno, non poendo en elo escusa algũa e acadasen del carta de pago e lles seria reçebido en conta o que lle asi pagasen e o dito Juan Raposo diso que ja os sobreditos alcalle e regidores deran outro mandamento sobre elo e que non cabian en el o selario do dito Afonso da Cana ata que fose pago noso señor o arçobispo dos maravedis de seu serviço e por ende que non consentian enno dito mandamento. Testemoyas: Pero Yanes Abraldes e Juan Bugeirete e Garçia Rodriges, canbeador, vesiños da dita cidade.