GMH/ÍNDICE A-Z

321
1354, marzo, 17 - abril, 21
sentenza

Sentenza dada o 17 de marzo por Xoán González, vigairo do bispo, e confirmada o 21 de abril por Beltrán Beltránez, arcediago de Baroncelle e tamén vigairo do bispo, en favor de Gonzalo Pérez do Mato, no preito que sostiña contra o bispo don Xoán sobre o señorío de Mende.

Inclúense carta de poder do bispo, privilexio rodado de Fenando IV (Burgos, 8 de xullo de 1302) confirmando outro de Afonso VII (Valladolid, 4 de febreiro de 1155) de doazón ao mosteiro Santa Comba de Naves; carta de foro (29 de marzo de 1265) do lugar de Mende que fai este mosteiro a Estevo Páez; venda deste lugar a Gonzalo Pérez do Mato (21 de novembro de 1344).

ACOu, Escrituras VII, 71 (copia parcial en Escrituras VII, 70)

(ed. do abreviado: M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 303-311; eds. parciais: BCMO 2 (1902-1905), 169-171 e Anuario de Estudios Medievales 5 (1968), 139-140)

Era de mill et trezentos et noveenta et dous annos, quinta feira, viinte et seys dias de fevereiro. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Johan Fernandez notario publico d’Ourense por la igleia desse lugar et das testemuyas adeante escriptas pareçeron en juizo ante Johan Gonçalvez thesoureiro et vigario geeral do onrrado padre et señor don Johan pola graça de deus et da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, Gonçalvo Peres do Mato viziño dessa villa da huna parte et Fernan Anes avogado procurador en esse lugar en nomme do dito señor obispo da outra. Et logo o dito Fernan Anes mostrou et fezo leer ante o dito vigario huna procuraçon escripta en papel et seelada do seelo do dito señor o bispo et escripto en ela seu nomme con sua mao segundo pela dita procuraçon pareçia, da qual procuraçon o teor atal he:

Sabeam quantos esta carta de procuraçon viren que nos don Johan por la graça de deus et da santa igleia apostolical de Roma bispo d’Ourense, por nos et en nosso nomme et da dita nossa igleia d’Ourense fazemos, ordinamos et estabeleçemos nossos liidemos, verdadeiros, sufiçientes et geeraes procuradores a Fernan Anes avogado morador enna çidade d’Ourense enna rua d’Oobra et a Lourenço Anes dito Mercador, morador na dita vila, portador ou portadores desta presente procuraçon, an\bos/ en senbra et cada hun deles por sy en todolos pleitos, contendas et demandas movudas et por mover que nos ave(mos) et entendemos a aver contra qual quer ou quaes quer pessoa ou pessoas ou que pessoa o pessoas qual quer ou quaes quer an et entenden a aver contra nos sobre qual quer ou quaes quer cousas et demandas que seian et por (qual) quer razon perante qual quer ou quaes quer juiz ou juizes ordinarios alvidros delegados ou sub delegados tanben clerigos commo leigos perante que se possa et deva faser todo conprimento de dereito en qual quer lugar que esta procuraçon pareçer. Et damos et outorgamos aos ditos nossos procuradores et a cada huun deles livre et conprido et abastado poder de enprazar, pedir, denunçiar, demandar, reçeber, recadar, responder, defender, contradizer, razoar, alegar, recusar, frontar, querelar, acusar, protestar, peñorar, conviir, reconviir libello ou libellos, porreier et reçeber pleito ou pleitos, entrar et contestar juramento de calupnya et deçisorio et outro qual quer juramento que lles pedido et demandado for de dereito et de huso et de costume en nossa alma der et enna outra parte opoñer se conprir posiçoens poer et artigoos dar et a outros responder, provar, reprovar per cartas et estormentos et per testemunyas et outras contradizer, carta et cartas gaañar et outra ou outras contradiser et testar, publicar, concluyr, sentença ou sentenças pedir oyr et conssentyr et reçeber, dela ou delas apelar et suplicar et seguyr a appelaçon ou suplicaçon se mester for, et pedir et reçeber custas et a eissecuçon daquelo que por nos et en nosso nome for julgado, et entrar possisson et teela, et que possan por nos et en nosso nome fazer et sustituyr outro ou outros procurador ou procuradores tanben ante do pleito contestado commo depois et revogalos cada que quiseren et por ben teveren et fillaren en sy o pleito ou pleitos enno estado en que os acharen et correieren en eles se poderen, et que possam fazer, dizer, trautar, procurar todalas cousas et cada huna delas que boons procuradores liidemos, verdadeiros, geeraes et sufiçientes poden fazer et deven, et que nos fariamos et diriamos et poderíamos faser se per nos meesmo a elo presente fossemos, aynda que seian daquelas cousas que requiren espeçial mandado en dereito contiudas. Et outorgamos et avemos por firme et por estavil todalas cousas e cada huna delas que pelos ditos nossos procuradores et por cada huun deles et por aquel ou aqueles que eles ou cada huun deles fezeren et sustituiren en seu lugar et por nos et en nosso nome for feito et procurado en quanto sobre dito he. Et obligamos todolos beens da nossa mesa do dito bispado para estar por elo a todo tenpo, et pagar et conprir et aguardar todo quanto for julgado tanben por nos commo contra nos. Et por que esto seia çerto et non veña en dulta damos ende aos ditos nossos procuradores esta nossa carta de procuraçon aberta et seelada nas costas con nosso seelo. Et por mayor firmedume sub escrivymos aqui nosso nome robrado con nossa mao. Que foy feita en Graandeira, quinze dias do mes d’oytubro, era de mill et trezentos et noveenta annos. Nos el obispo.

A qual procuraçon liuda, o dito Gonçalvo Perez presentou et fezo leer ante o dito vigario per min dito notario en presença do dito procurador hun testemunyo escripto en papel et signado do nome et signal de Roy Fernandez notario d’Ourense, do qual o tenor atal he:

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Roy Fernandez notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar et das testemunyas adeante escriptas, Gonçalvo Perez do Mato viziño da dita vila pareçeu ante o onrrado padre et señor don Johan pela graça de deus et da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, et disso ao dito señor o bispo que ben sabia en commo ontre o dito señor o bispo et o dito Gonçalvo Perez era contenda sobre razon do señorio et jurdiçon do lugar de Meende et do jantar et liberdade e dereitos do dito lugar que o dito Gonçalvo Perez dizia que era seu et lle perteençia de dereito, et por razon que o dito señor obispo era parte en este feito por razon do prestamo de Çeboliño que era seu e de sua igleia, o dito Gonçalvo Perez pedío ao dito señor obispo que lle desse hun juis sen sospeita que o oysse con o dito señor obispo ou com seu procurador, et que livrasse este feito entre eles segundo achasse por dereito. Et logo o dito señor obispo mandou a Johan Gonçalves thesoureiro da igleia d’Ourense que siia presente que assy commo seu vigario geeral que oysse o dito Gonçalvo Peres con Fernan Anes procurador do dito señor obispo et que visse o dereito danbalas ditas partes et livrasse este feito segundo achasse por dereito. Et logo o dito thesoureiro mandou aos ditos Gonçalvo Perez et Fernan Anes procurador do dito señor obispo que era presente que pareçesen antel et el que livraria o dito feito segundo que achasse por dereito. Esto foy en Ourense, viinte dias de fevereiro, era de mill et trezentos et noveenta et dous annos. Testemunyas que presentes foron Fernan Anes mestrescola de Santiago, Johan Perez abbade de Servoy coengo d’Ourense, Gonçalvo Codeiro e Andreu Perez notarios d’Ourense.

Et eu Roy Fernandez notario sobre dito que a esto presente foy et miña presença o fige escrivyr et meu signal y fige en testemunyo de verdade que tal he.

O qual presentado, o dito vigario disso que por reverençia do dito señor obispo que reçebia seu mandado et oyria o dito pleito entre as ditas partes et que o livraria segundo que achasse por dereito segundo que lle o dito señor bispo mandava et pelo poder ordinario que avya do dito señor o bispo. Et logo o dito Gonçalvo Perez presentou et per min dito notario fezo leer huna pitiçon en escripto feita en esta maneira:

Ante vos Johan Gonçalvez thesoureiro et vigario geeral do onrrado padre et señor don Johan pola graça de deus et da santa igleia de Roma bispo d’Ourense. Eu Gonçalvo Perez do Mato veziño dessa dita villa digo et propoño contra Fernan Anes vogado et procurador do dito señor o bispo en pessoa del, que commo don Afonsso enperador de toda Espanha, con donna Rica sa moller et con seus fillos reys desse en doaçon ao moesteiro de Santa Coonba de Naves et aos monies desse lugar para senpre o lugar de Meende con todolos seus dereitos et perteenças et jurdiçon que y avya, et esto lles desse per seu privilegio volado. Et depoys desto o dito prior et convento do dito mosteiro aforassen a don Estevoon Paez çidadao d’Ourense et a donna Oufemea sua moller et a toda sua voz para senpre per carta feita per notario o dito lugar de Meende por foro çerto que por el an a aver, et lles dessen et aforassen a eles et a toda sua voz o dito lugar con todas suas perteenças et con todo o dereito e señorio que y avyan et lles perteençia, et os ditos don Estevoon Paez et sua moller et seu fillo Maçía Esteves depoys deles et seus suçessores tevessen et pessuyssen o dito lugar et husassen dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon, et commo a min perteensca et perteensçer deva de dereito o dito lugar de Meende con todos seus dereitos et perteenças per títolo que del ey et me perteensca et perteensçer deva outrossy todo señorio et jurdiçon real do dito lugar por rason da dita doaçon que del foy feita ao dito mosteiro et polo aforamento que o dito mosteiro fez aos ditos don Estevoon Paez et sa moller et sua voz para senpre et me perteensca outrossy a min et a miña voz os ditos dereitos et señorio et jurdiçon por razon que husaron deles meus anteçessores, et commo eu contendesse en juiso con o dito Fernan Anes procurador do dito señor o bispo en nome del, sobre razon das theegas de çevada et galiñas que os moradores do dito lugar pagavan de cada anno et a loytosa quando acaesçe demandandoos para min et para mya voz por que me perteensçen de dereito. Os quaes dereitos me enbargava o prestameiro que tiiña o prestamo de Çeboliño et de Lamela et o moordomo que y andava polo dito señor obispo, et commo fosse dada sentença por min et contra o dito procurador, enna qual sentença me foy julgado que me perteençia et devya a aver min et miña voz as ditas teegas de çevada et galliñas de cada anno para senpre et a loytosa quando acaesçesse. Et por que eu protestey enna miña pitiçon que dey contra o dito Fernan Anes, et ao pe da sentença que cada que achasse que me mays dereitos perteençian do dito lugar que protestava que os podesse demandar et aver, et commo a min perteensca et perteensçer deva de dereito todo o señorio et jurdiçon real do dito lugar con todos seus dereitos et perteenças por rason da dita doaçon que o dito enperador del fez, et por o aforamento que do dito lugar foy feito aos ditos don Estevoon Paez et sua moller et sua[s] voses, et perteensçeme outrossy por rason que os ditos meus anteçessores husaron dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon real segundo dito ey. Et commo a min seia dito que o dito señor obispo commo prestameiro que ten o señorio do couto de Çeboliño et Lamela ou seus moordomos ou outre alguun que tever o dito prestamo que me queren enbargar et enbargan os ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar ou parte deles. Peçovos que per vossa sentença definytiva declaredes o dito señorio et dereitos et jurdiçon real do dito lugar que deven seer meus et de mia voz para senpre et que o dito señor obispo nen outre que tever o dito prestamo non me deve a fazer enbargo sobrelo. Et outrossy que declaredes que enbargo que algunas vezes fezeron a min et aos moradores do dito lugar os moordomos do dito couto por aiuda de diñeiros que pedian aos moradores do dito lugar para pagar jantar ao prestameiro que tever o dito prestamo que os non deven a aver nen deve a seer posto carrega nen peito nen trebuto nihuun pelo dito lugar e moradores del e de seu termio, salvo aquela que eu et miña voz y posermos, poys que o dito lugar et dereitos et señorio et jurdiçon son meus et de myña voz et ho deven a seer de dereito, et que o dito señor obispo nen outre nihuun que daqui endeante for teedor do dito prestamo, nen os moordomos que y andaren nen outra pessoa nihuna non deven a faser chamo nen enbargo a min nen a mya vos nen aos moradores do dito lugar e de seu termio nen a nihuun deles sobrelas cousas sobre ditas nen sobre cada huna delas, et que sobrelas cousas sobre ditas et sobre cada huna delas poñades perpetuo silençio ao dito procurador en pessoa do dito señor obispo et a todolos outros bispos et outre quen quer que foren teedores do dito prestamo agora et daqui endeante. Et esto peço que declaredes et julgedes todo per vossa sentença, declarandoo et julgandoo a min et a mya vos para senpre. Et esto peço protestando que a salvo me fique meu dereito en todo agora et daqui adeante. A qual presentada, o dito Fernan Anes procurador do dito señor o bispo pedío dela o tralado et termio a que veesse responder a ella. Et o dito vigario mandoullo dar et assignoulle termio a que veesse responder aa dita pitiçon quanto for seu dereito para luens primeiro que ven. Tests. Roy Fernandes notario d’Ourense Fernand Ares ome do dito vigario et outros.

O termio viudo, lues tres dias de março, o dito vigario disso que por quanto era enbargado doutros negoçios que espaçava este pleito no estado et termio en que estava para en outro dia, martes primeiro que ven.

O termio viudo, martes quatro dias de março, os ditos Gonçalvo Peres et Fernan Anes procurador sobre dito presentes ante o dito vigario, o dito Fernan Anes procurador presentou et fez leer per min dito notario huun escripto de contestaçon per que disso que respondia aa pitiçon que o dito Gonçalvo Perez dera, do qual escripto o tenor atal he:

Eu Fernan Anes procurador do dito señor obispo en nome del respondendo aa pitiçon que Gonçalvo Peres do Mato move contra o dito señor obispo et contra min en seu nome et contestando pleito sobrela, digo que non sey nen creo que don Afonsso enperador de toda Espanha con dona Rica sa moller et con seus fillos reys desse en doaçon ao mosteiro de Santa Coonba de Naves et aos monies desse lugar para senpre o lugar de Meende con todos seus dereitos e perteenças que y avya per privilegio bulado segundo que o dito Gonçalvo Perez pon en sua pitiçon. Iten contestndo pleito sobrela dita pitiçon, digo que non sey nen creo que depoys desto o prior et convento do dito mosteiro aforassen a don Estevo Paes çidadao d’Ourense et a donna Oufemea sa moller et a toda sua vos para senpre per carta feita per notario o dito lugar de Meende por foro çerto que por el an a dar, nen que lles dessen et aforassen a eles et a toda sua vos o dito lugar con todos seus dereitos et perteenças et con todo o señorio et jurdiçon que avyan et lles perteençia enno dito lugar. Iten digo que non sey nen creo que os ditos don Estevo Paez et sa moller et seu fillo Maçia Estevez depoys deles et seus suçessores tevessen et pessuyssen o dito lugar et husassen dos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar. Iten digo que creo que o dito lugar de Meende perteençe et deve perteençer de dereito ao dito Gonçalvo Peres per titolo que del a, por que foy presente quando lle feseron venda do dito lugar, pero por que nosso señor o bispo non he delo çerto, peço que mostre o titolo que del a, mays non sey nen creo que lle perteensca todo ho señorio et jurdiçon real do dito lugar por rason da dita doaçon que dis que del foy feita ao dito mosteiro nen per ho aforamento que o dito mosteiro dis que fes aos ditos don Estevoon Paes et sa moller et a suas voses, et creo que o dito señor o bispo per sy et per seus moordomos assy commo teendor do dito prestamo de Çeboliño enbargou et quer enbargar o dito señorio et dereitos et parte deles, por que cree que a en eles dereito el et sua igleia. Et enno al que se enna pitiçon conten confessoa ata hu dis. Et commo a min perteensca et perteensçer deva de dereito todo o señorio real do dito lugar etç. Et dali adeante négolla ata hu dis. Péçovos que per vossa sentença declaredes o dito señorio seer de mia vos etç. O qual escripto de contestaçon liudo, o dito Gonçalvo Peres disso que o dito Fernan Anes procurador non contestava a sua pitiçon dereitamente, et pedío ao dito vigario que lla mandasse contestar. Et o dito Fernan Anes disso que era contestada quanto abastava. Et se a dita pitiçon era contestada ou non anbalas partes concluyron et o dito vigario, visto et examinado a dita pitiçon et contestaçon, disso que dava a dita pitiçon por contestada quanto abasvava. Et logo o dito Gonçalvo Peres pedío ao dito vigario que reçebesse juramento de calupnya das partes, ca el prestes era para provar sua entençon et aquelo que lle era negado da parte. Et o dito vigario reçebeu juramento de calupnia danbas as partes segundo forma de dereito. Sobrelo qual juramento as ditas partes feseron juramento aos santos avangeos corporalmente tanjudos con suas maos. O qual juramento reçebudo, o dito Gonçalvo Perez deu seus artigoos escriptos en papel para provar sua entençon sobre aquelo que lle era negado. Dos quaes artigoos o tenor atal he:

Entendo a provar eu Gonçalvo Perez do Mato contra Fernan Anes procurador do dito señor o bispo, que don Afonsso enperador de toda Espanha con donna Rica sa moller et con seus fillos reys deu en doaçon ao mosteyro de Santa Coonba de Naves et aos monies desse lugar para senpre o lugar de Meende con todos seus dereitos et perteenças que y avya per seu privilegio bullado. Entendo a provar que depoys desto o prior et convento \do/ dito mosteiro aforaron a don Estevoon Paes çidadao d’Ourense et a donna Oufemea sa moller et a toda sua voz para senpre per carta feita per notario o dito lugar de Meende por foro çerto que por el an a dar, et que lles deron et aforaron a eles et a toda sua vos o dito lugar con todas suas perteenças et con todo o dereito et señorio que avyan et lles perteençia enno dito lugar.

Eu Johan Fernandes (sinal) notario



Entendo a provar que os ditos dom Estevoon Paez et sua moller et seu fillo Maçia Esteves depoys deles et seus suçessores husaron dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar et que teveron et pessuyron o dito lugar husando delo et que perteençe a min o dito Gonçalvo Perez todo o señorio real do dito lugar por razon da dita doaçon que del foy feita ao dito mosteiro et pelo aforamento que o dito mosteiro fez do dito lugar aos ditos don Estevon Paez et sua moller et suas voz\es/ et pelo huso que del husaron. Et desto provarey o que poder assy que provando delo ou todo ou alguna cousa que abaste a miña entençon a mays non me obligo. Os quaes artigoos dados, o dito Fernan Anes disso que non eran perteençentes aa pitiçon que o dito Gonçalvo Perez fesera segundo devya. Et o dito Gonçalvo Perez disso que eran perteençentes quanto abastava et se os ditos artigoos eran perteençentes ou non anbalas partes concluyron. Et o dito vigario vista a pitiçon do dito Gonçalvo Peres et vistos et examinados os ditos artigoos, pronunçiou que os ditos artigoos eran perteençentes quanto abastava. Et logo o dito Gonçalvo Peres pedío termio para a primeira produçon. Et o dito vigario assignoulle termio para ela para sabbado primeiro que ven et mandou dar seu alvala para enprazar as testemunyas. Testemunyas Pero Fernandes, Estevo Peres notarios, Françisco Peres et Gonçalvo Peres da crus do Çenteo. O termio viudo, sabbado oyto dias de março, ante o dito thesoureiro et vigario pareçeron en juiso o dito Gonçalvo Peres da huna parte et o dito Fernan Anes procurador do dito señor obispo da outra. Et logo o dito Gonçalvo Peres disso que por quanto fora enbargado doutras cousas que tevera de livrar que non podera para este dito termio desta produçon primeira buscar testemuyas e escripturas que tiiña et entendia daver para dar en prova, et pedío ao dito vigario que lle assignasse termio para a segunda produçon. Et o dito vigario assignou termio ao dito Gonçalvo Peres para a segunda produçon en presença do dito procurador do dito señor bispo para martes primeiro que ven. Testemunyas Pero Fernandes ome do dito Gonçalvo Peres, Gonçalvo Peres da crus do Çenteo et outros.

O termyo viudo, martes onze dias de março, ante o dito thesoureiro et vigario sobre dito pareçeron en juiso o dito Gonçalvo Peres da huna parte et Fernan Anes procurador do dito señor bispo da outra. Et logo o dito Gonçalvo Peres para provar sua entençon presentou hun privilegio escripto rodado et bollado en fios de seda, do qual privilegio o tenor atal he:

En el nonbre del padre et del fijo et del spiritu santo que son tres perssonas e hun deus et dela bien aventurada virgen gloriosa santa Maria su madre, a quien nos tenemos por señora et por avogada en todos nostros fechos. Por que es natural cosa que todo ome que bien fase quiere que gelo lieven adelante et que se non olvide nin se pierda, que commo quier que cansse et mingue el cuersso dela vida deste mundo, aquello es lo que finca en remenbrança por el al mundo, et este bien es guiador dela su alma ante dios, et por non caer en ulvydo lo mandaron los reys poner en escripto en sus privilegios. Por que los otros que regnassen despues dellos et tovyessen el so lugar fossen tenidos de guardar aquello et delo levar adelante, confirmándolo por sus privilegios. Por ende nos, catando esto, queremos que sepam por este nuestro privilegio los que agora son et seran daqui adelante commo nos don Fernando pola graça de dios rey de Castiella, de Leon, de Tolledo, de Galisia, de Sevilla, de Cordova, de Murçia, de Jahen, del Algarbe et señor de Mulina viemos hun privilegio de don Alfonsso enperador de toda Espanha fecho en esta guisa:

In nomine domini amen. Sicut in nomini et contrauctu condiciones valere inperiale testatur auctoritas sic etiam justicie ratio exigit ut eaque a regibus sive ab inperatoribus fiunt scripto firmentur nec tenporis ducturnitate eaque gesta sunt oblivioni tradantur, id circo ego Adefonssus tocius Hispanie inperator, una cum uxore mea inperatrice domina Rica et cum filiis meis Sancio et Fernando regibus et cum filiabus et omni generacione mea, pro amore dei et pro animabus parentum meorum et pecatorum remissione, facio cartam donacionis et confirmacionis deo et monasterio Sancte Columbe et vobis domino eiusdem Martino abbati et omnibus eiusdem monasterii monachis de omnibus illis hereditatibus quas habuistis in tenpore avi mei regis Adefonssi in pace scilicet villa de Untes et Barro et Auteric et Palmes et Frexeneto cum suis hominibus cum rauso et cum omicidio, cum caritel, cum suis terminis et cum suis derecturis, alias villas Hastrees et Vilar cum suis hominibus cum rausso et cum omicidio cum caritel et cum suis terminis et pertinenciis et cum suis derecturis, et jacent in terra de Buval, has villas que iacent in Castella de Buval scilicet Laureto et Sinagoga cum hominibus cum rausso et cum omicidio cum caritel et cum suis terminis et pertinenciis et cum suis derecturis. Et hoc feci rogatu domini Pelagii Suarii abbatis Cellenove cuius est monasterium Sancte Columbe qui mihi dedit cento marchos propter hoc et propter alias hereditates et alios cautos quos ei restitui in terra Limie et in Salnes et in Toronio et in Lemos et in Canpos. Insuper dono acque concedo monasterio Sancte Columbe Menendi cum suis derecturis, Sanctum Thome cum suis derecturis et Sanctum Cipriani cum suis derecturis et unum casale in Laonya alias hereditates in Fonte Frigida et in Beyro et in Mandrianes et in Barvantes. Omnes has hereditates supra nominatas dono et confirmo sicuti umquam melius habuistis in tempore avi mei regis Adefonssi et hoc facio ut ab hac die habeatis et possideatis vos et omnes successores vestri jure hereditario in perpetuum. Si vero aliquis homo ex meo genere vel alieno hoc meum factum rumpere temptaverit sit a deo maledictus et excomunicatus et cum Juda traditore domini in inferno dapnatus et inssuper pectet regie parti mille marchos et monasterio Sancte Columbe quingentas libras auri puri. Facta carta in Valleolit, ii nonas frebruarii, era mª cª lxª iiiª quando dominus Jacintus sancte romane ecclesie cardinalis et tocius Hispanie legatus celebravit concilium domino Adeffonso inperatore et cum filiis suis Sancio et Fernando regibus et cum omnibus archiepiscopis et episcopis, comitibus et principibus Hispanie inperante ipso Adeffonsso inperatore Toleti, Legione, Castella, Naiara, Saragocia, Baecia et Almaria, comes Barchilonie et Sancius reys Navarre vassali inperatoris. Ego Adefonssus tocius Hispanie inperator hanc cartam quam fieri jussi propria manu mea robore acque confirmo. Johanes Fernandi eclesie beati Jacobi archidiaconus et inperatoris cancellarius hanc cartam scribere jussit.

Agora el prior et el convento del monasterio de Santa Columa envyaronos pedir merçed que les confirmassemos este privilegio. E nos el sobre dicho rey don Fernando, por les faser bien et merçed et por que roguen a dios por nos et otrossy por que somos en tienpo et edat que lo podemos fazer por nos, otorgamos este privilegio et confirmamoslo et mandamos que vala segund que valio en tienpo delos otros reys onde nos venimos et enel nostro fastaq. Et defendemos firmemiente que ninguno non sea osado de yr contra este privilegio para quebrantarlo nin para mingarlo en ninguna cosa, ca qual quier que lo feziesse averya nuestra yra et demás pechar nos ya los mill marcos et las quinentas libras de oro puro que en el privilegio sobre dicho se contienen. Et al prior et al convento del monasterio de Santa Coloma el sobre dicho o a quien su voz tovyesse todo el dano doblado. Et por que esto sea firme et estable mandamos seellar este privilegio con nuestro sello de plomo. Fecho el privilegio en Burgos, ocho dias andados del mes de jullio, era de mill et trezientos et quareenta annos. Et nos el sobre dicho rey don Fernando regnant en uno conla reyna dona Costança my muger en Castiella, en Leon, en Toledo, en Gallisia, en Sevilla, en Cordova, en Murçia, en Jahen, en Baeça, en Badaioz, enel Algarbe et Mulina otorgamos este privilegio et confirmamoslo. El infante don Enrrique fijo del muy noble rey don Fernando, tio del rey confirma. El infante don Johan tyo del rey confirma. El infante don Pero hermano del rey confirma. El infante don Fillippe señor de Cabrera et de Ribera hermano del rey confirma. Don Gonçalvo arçobispo de Tolledo privado delas Espanhas et chançeler mayor del rey confirma. Don frey Rodrigo arçobispo de Santiago confirma. Don Almoravid arçobispo de Sevilla confirma. Don Pero obispo de Burgos confirma. Don Alvaro obispo de Palençia confirma. Don Johan obispo de Osma confirma. Don Fernando obispo de Calahorra confirma. Don Pasqual obispo de Cuenca confirma. Don Simon obispo de Siguença confirma. Don Fernando obispo de Segovya confirma. Don Pero obispo de Avila confirma. Don Rodrigo obispo de Plasença confirma. Don Fernando obispo de Cartagena confirma. Don Fernando obispo de Cordova confirma. Don Garçia obispo de Jahen la iglesia de Alvarrazin vaga. Don frey Pero obispo de Cadiz confirma. Don frey Rodrigo obispo de Marruecos confirma. Don Alema maestre de Calatrava confirma. Don Johan fijo del infante don Manuel adelantado mayor del reyno de Murçia confirma. Don Alfonsso fijo del infante de Mulina confirma. Don Diago de Lero confirma. Don Johan Alfonsso señor delos Cameros confirma. Don Garçi Fernandes de Vilamayor adelantado mayor de Castiella confirma. Don Pero Nuñez de Guzman confirma. Don Loppo Rodrigues de Vilalobos confirma. Don Ruy Gil so hermano confirma. Don Fernant Ruys de Saldaña confirma. Don Ruy Gonçalves Maçanedo confirma. Don Diago Gomez Castañeda confirma. Don Alfonsso Garçia so hermano confirma. Don Garci Fernandez Malssic confirma. Don Loppo de Mendoça confirma. Don Gonçalvo d’Aguilar confirma. Don Per Anriquez de Aranna confirma. Don Rodrigo Alvarez de Alça confirma. Don Johan Rodrigues de Roias confirma. Don Gonçalvo obispo de Leon confirma. Don Fernando obispo de Ovyedo confirma. Don Alfonsso obispo de Astorga confirma. Notario mayor del reyno de Leon confirma. Don Pero obispo de Çamora confirma. Don frey Pero obispo de Salamanca confirma. Don Alfonso obispo de Çiudade confirma. Don Alfonso obispo de Coria confirma. Don Bernaldo obispo de Badaioz confirma. Don Rodrigo obispo de Mendonedo confirma. Don Pero obispo de Orense confirma. Don Johan obispo de Tui confirma. Don Rodrigo obispo de Lugo confirma. Don Johan Osorez maestre dela orden de cavalaria de Santiago confirma. Don Gonçalvo Perez maestre dela orden de Alcantara confirma. Don Sancho fijo del infante don Pero confirma. Don Fernant Ruiz pertiguero de Santiago confirma. Don Pero Ponz confirma. Don Fernant Perez so hermano confirma. Don Johan Fernandez fijo del dean Santiago confirma. Don Alfonso Perez de Guzman confirma. Don Fernan Fernandes de Limya confirma. Don Rodrigo Alvarez adelantado mayor en terra de Leon et en Asturias confirma. Don Arias Diaz confirma. Don Diago Ramirez confirma. Estevan Perez Froylan confirma. Don Tiel Goterrez justiçia mayor en casa del rey confirma. Alvar Paez e Diago Garçia almirantes mayores dela mar confirma. Loppo Perez alcalde por el rey en Burgos et su notario mayor en Castiella confirma. Yo Pero Alfonso lo fis escrivyr per mandado del rey enel ochavo año que el rey sobre dicho regno. Fernand Yanes. vista. Pero Gonçalves. Roy Peres. Garçia Fernandes.

O qual privilegio dado, o dito Gonçalvo Perez presentou huna carta escripta per Roy Fernandes notario d’Ourense e signada do seu nome et signal segundo por ela pareçia, da qual carta o tenor atal he:

In nomine domini amen. Notum sit omnibus presentibus et futuris per hoc scriptum perpetuo valiturum quod dopnus Johanes Martini prior monasterii Sancte Columbe de Navibus cum conssenssu eiusdem monaterii conventus dant et in perpetuum concedunt Stephano Pelagii civi auriensi et uxori sue dopne Oufemie omnique voci coris totum quidquid juris habent modo in omnibus bonis et posssessionibus et hereditatibus quas Stephanus Pelagii et uxor eius supradicti habent modo et possident et in iure et in manu tenent in termino de Meende cum omnibus directuris suis ut ipsi omnesque subcessores eorum habeant dicta bona libere et in eternum, et solvant quolibet anno supradicto monasterio centum solidos legionenses monete in festo Sancte Marie de agosto et unum pucale de vinum in torculari anuatin pro aniverssario de vina que fuit Johanis Pelagii dicte Maça et ad hoc conplendum predictus Stephanus Pelagii pro se et pro uxore sua iam dicta abssente obligavit omnia bona sua habita et habenda quod prior et conventus preffati monasterii qui pro tenpore fuerint possint auctoritate sua pignorare pro dicta pecunia si eius non fuerit ad plenum facta solucio anuatim in termino supradicto. Et in super obligavit se memoratus Stephanus Pelagii pro se et pro uxore sua iam dicta abssente ad omnes expensas et custas quas dictum monasterium ex dicto termino in antea sustinuerint sive fecerit supradicta pecunia requirendo, et totum dominium, propietatem, directum quod dictum monasterium habet modo in omnibus bonis, possessionibus et hereditatibus quas predictus Stephanus Pelagii et uxor eius habent in termino supradicto prior et conventus ase ex nunc removent et per istud instrumentum quod inde fieri mandaverint in dictorum Stephani Pelagii et dopne Oufemie uxoris sue omnique sucessorum suorum trasferunt potestatem ponunt etc. et contendunt quod si alter vero precium factum istud infingere temptaverit pectet alteri parti cc morabitinos ante qua in judicio audiatur carta nisi omnibus in suo robore permanente. Facta carta apud dictum monasterium, iiiior kalendas aprilis, era millesima trecentesima tercia. Regnante in Legione et Castella rege domino Alffonso, episcopo in Auria domino Johane, endeantado in Galicia domino Andrea, tenente Limya domino Martino Alffonsi et domino Fernando Iohanis, que presentes Johanes Petri, Petrus Alfonsi, Martinus Michael, Tomas Fernandi et Alfonssus Iohanis monachi dicti monasterii, dopnus Oduarius miles, Johanes Iohanis monachus eiusdem, Laurencius Iohanis Caroço, Rudericus Petri et Johanes Iohanis serventes prioris, Fernandus Martini de Vilarino. Et ego Michael Iohanis juratus notarius auriensis ad hoc adhibitus et rogatus hiis omnibus interfui et scripssi signumque meum apposui in testimonium, hoc est transcriptum predicti instrumenti bene et fideli suscriptum ac de verbo ad verbum cum instrumento originali concertatum, quem ego Rodericus Fernandi publicus auctoritate domini episcopi et eiusdem auriensis ecclesie notarius requisitus per Gundisalvum Petri de Mato cive auriense de mandato et actoritate Gundisalvi Iohanis castelleiro alcaldi et Velasci Petri Pereira tenentis locum et vices Gundisalvi Iohanis Pereira alcaldi dicte civitatis auriensis pro dicto rege manu propia scripssi et in hanc publicam formam reddegi et in eo signum meum apposui in testimonium veritatis quod est tale. Acte Aurie, decima die menssis madii, era millesima trecentesima nonagesima prima. Presentibus Gundisalvo Petri Codeiro, Iohane Fernandi et Gundisalvo Petri Seixalvo notariis, Alffonso Martini sucore, Paulo Viviani et Fernando Iohanis advocato Aurie comorantibus testibus ad premissa vocatis specialiter rogatis.



A qual carta presentada, o dito Gonçalvo Peres presentou outra carta feita per Bernal Peres notario que fui d’Ourense e signada de seu signal segundo per ela pareçia da qual carta o tenor atal he:

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Tereyia Anes moller de Gomez Lourenço de Çeleiroon morador en Ourense, presente o dito meu marido et outorgante, non costrenguda nen per engano endusida, mays de meu praser et de myña propia vontade, por min et por toda miña voz vendo et logo por esta presente carta entrego a vos Gonçalvo Peres do Mato notario d’Ourense et a toda vossa voz para senpre o lugar et pousa de Meende que he no couto de Çeboliño. O qual lugar he meu per conpra que del fis con o dito meu marido, et ho mays foime dado pelo dito Gomez Lourenço, o que ende era seu por outros beens que el vendeu que eran meus et me perteençian de dereito. Vendovos o dito lugar et pousa con suas casas et curraes et lagar et cortiñas et con suas viñas et foros, et con dous moyños que estan en este termio, dos quaes a hun chaman o moyño da Lagea et ao outro chaman o moyño de Sub a Torre, et con suas herdades et arvores et moas e agoas et fontes et con todas suas entradas et seidas et con todos seus dereitos et perteenças a montes e a fontes por u quer que vaan, et con todas las cousas que ao dito lugar et pousa perteençen et perteençer deven en qual quer maneira et por qual quer rason et que a min enno dito lugar et pousa et en seus termios perteençen et perteençer deven assy que vos et vossa voz ho aiades

Eu Johan Fernandes (sinal) notario



todo daqui endeante en jur de herdade para senpre, et façades do dito lugar et pousa et das cousas que lle perteençen et perteençer deven toda vossa vontade et o que vos aprouver. Et devedes de pagar do dito lugar et pousa aqueles foros et carregas et dereitos que o dito lugar ha a que eu soon tiuda de por el pagar et dizemo a deus, et livre et quite de todo outro enbargo. Pero por razon que o dito Gomez Lourenço meu marido vendeu et enalleou alguuns beens porlo dito lugar de Meende que eran meus et poso por el algunas carregas a que eu non soon tiuda, et esto fez sen meu outorgamento. Eu a dita Tereyia Anes, presente o dito meu marido et outorgante, dou a vos o dito Gonçalvo Perez et a vossa voz toda auçon et defensson et todo outro dereito qual quer que eu ey et poderia por min aver per que o possades demandar et defender et faser sobre todo aquelo que eu faria se presente fosse assy commo sobre vossa cousa propria. Ca outorgo que reçebi todo o preço que a min et a vos aprouvo de me por elo dar, conven a saber çinqo mill mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso doyto en soldo o mor. et huna peça de valançiña enteyra et nove varas de verde daboyvira que aio en meu jur et en meu poder ben et conpridamente en diñeiros contados et o pano passou a meu poder. Et renunçio expressamente aa eiçepçon do aver non contado et que non possa diser que as testemonyas non viron contar o aver. Et logo todo jur, voz, señorio, possisson, propiedade, voz, auçon et defensson que eu e miña voz avemos et de dereito poderiamos aver no dito lugar et pousa et cousas sobre ditas e cada huna delas, todo o tollo et removo de min et de miña voz et poñoo en vos dito Gonçalvo Perez et en toda vossa voz para senpre per esta presente carta. Et se o dito lugar et pousa et cousas sobre ditas agora mays val ou valuer en alguun tenpo ca este preço sobre dito, esta mayoria et melloria dou et outorgo a vos dito Gonçalvo Peres et a toda vossa voz para senpre, por moyto amor e ajuda que de vos reçebi que val mays que esto. Et obligo min et todos meus beens gaañados et por gaañar para anparar vos et vossa voz senpre a dereito con o dito lugar et pousa con sas perteenças segundo que vos las vendo. Et quen quer da miña parte ou da estranya que contra esta carta et venda veer aia a yra de deus et a miña maldiçon et quanto demandar peiteo a vos Gonçalvo Perez et a vossa voz dobrado et aa voz del rey peite por pena çen mor. da boa moeda, et a pena pagada ou non esta carta et venda fique firme. Demays eu dita Tereyia Anes, presente o dito Gomes Lourenço meu marido et outorgante, renunçio ao dereito que o Valiano da aas molleres en que dis que venda que a moller faça en poder de marido non valla, salvo se a ratyffica a cabo dos quatro annos. Mays outorgo que valla esta venda sobre dita asy commo se a cabo dos ditos quatro annos fosse per min ratificada. Et eu o dito Gomes Lourenço por min et por toda miña voz outorgo et ey por firme et por estavil para senpre esta venda segundo que a dita Tereyia Anes miña moller faz. Et outrossy outorgo et ey por firmes todas las cousas et cada huna delas que en esta carta son contiudas. Demays eu o dito Gomes Lourenço et a dita miña moller anbos presentes et outorgantes et cada hun de nos renunçiamos a todo dereito, vos et auçon que nos et cada hun de nos et nossa vos et de cada un de nos avemos et poderiamos aver agora et daqui endeante en qual quer maneira et por qual quer rason enno dito lugar e pousa de Meende con sas perteenças tanben en parte commo en todo. Et poemos lo todo en vos o dito Gonçalvo Peres et en toda vossa voz para senpre per esta presente carta. Feyta a carta en Ourense, viinte et hun dia de novenbro, era de mill et trezentos et oyteenta et dous annos. Testemunyas que presentes foron Fernan Martines vogado reytor da igleia de Morteyra, Fernan Anes morador na rua d’Oobra sobriño de Fernan Porteiro que foy et Afonso Peres ome do dito Fernan Martines. Et eu Bernal Peres notario d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy et esta carta en miña presença fis escrivyr et meu signal y puge en testemunyo de verdade que tal he.



O qual privilegio et cartas presentadas, o dito Gonçalvo Perez para provar sua entençon pedío ao dito vigario que mandasse a min notario que presentasse antel o original do proçesso et o testemunyo das testemunyas que fora feito per min notario et tirado enno pleito que o dito Gonçalvo Peres ouvera con o dito Fernan Anes procurador do dito señor bispo sobre rason das teegas de çevada et galiñas et loytosa que o dito señor obispo per seu moordomo demandava enno dito lugar de Meende, ca el dava o dito original do proçesso et testemunyo das testemunyas que se en el contiiña en prova en este pleito sobre aquelo que lle era negado. Et eu dito notario, de mandado do dito vigario, presentey ante o dito vigario et ante as ditas partes o dito original et testemunyo que per min fora tirado. O qual presentado, o dito Gonçalvo Peres para provar mays abastadamente sua entençon presentou por testemunyas Pero Anes dito Cupiño morador en Caschamoyña et Johan Anes dito Faniño morador en San Çibrao, et disso que tiiña enprasado para esta produçon Martin Peiron morador no Penedo, et por que aynda non era viudo pedío ao dito vigario que mandase a min dito notario que quando veesse que o reçebesse. Et o dito vigario mandou me que o reçebesse. As quaes testemunyas foron ajuramentadas aos santos avangeos corporalmente tanjudos con suas maos en presença do dito Fernan Anes procurador. Das quaes eu notario reçebi o testemunyo per mandado do dito vigario. Et escrivi os ditos delas en esta maneira que se segue:

Et denpois da audiençia fora dante o vigario, o dito Gonçalvo Peres presentou o dito Martin Peyron por testemunya et foy ajuramentado aos santos avangeos en presença do dito Fernan Anes procurador, et outrosy presentou o dito Gonçalvo Peres na dita audiençia ho alvala do dito vigario roblado de seu nome per que as ditas testemunyas foran enprasadas, da qual o tenor atal he:

De min Johan Gonçalves thesoureiro et vigario geeral de nosso señor o bispo, a vos Pero Anes dito Copiño et Johan Sanyn monleiro et Martin Peyron, soude. Sabede que Gonçalvo Perez do Mato ha pleito perante min con Fernan Anes procurador do dito señor obispo. Enno qual pleito o dito Gonçalvo Peres a de dar suas testemunyas sobre rason dalguuns artigoos que lle son negados, et dissome que se entendia ajudar do vosso testemunyo, por que vos mando en vertude dobidiençia et su pena descomunyon que parescades ante min con o dito Gonçalvo Peres dia martes primeiro que ven a dar testemunyo et diser a verdade daquelo que souberdes et por que fordes preguntados sobresta rason, et mando a qual quer clerigo do dito bispado a que esta carta for mostrada su a dita pena descomunyon que vola lea. Dada en Ourense, dez dias do mes de março, era de mill e tresentos et noveenta et dous annos. Thesoureiros. Martin Fernandes dito Peyron morador enno Penedo, que he en terra d’Aguyar, jurado enos santos avangeos et preguntado polo primeiro artigoo do tidoo que começa. Entendo a provar eu Gonçalvo Peres do Mato contra Fernan Anes procurador do dito señor obispo que don Afonso enperador de toda Espanha con dona Rica sua moller et con seus fillos reys dou en doaçon ao mosteiro de Santa Coonba de Naves et aos monies desse lugar para senpre o lugar de Meende con todos os dereitos et perteenças que y avya per seu privilegio bollado. Disso pelo juramento que fes que non sabia al deste artigoo, salvo que oyra diser que o dito mosteiro de Santa Coonba avya o dito privilegio da dita doaçon per que o dito enperador dera ao dito mosteiro para senpre o dito lugar de Meende con todos seus dereitos et perteenças que y avya, et que o criia que era verdade por quanto o oyra diser a moytos ommes de boa fama que lle disseran que o sabian. Preguntado polo segundo artigoo que dis. Iten entendo a provar que despoys desto o prior et convento do dito mosteiro aforaron a don Estevoon Paez çidadao d’Ourense et a donna Oufemea sua moller et a toda sua voz para senpre per carta feita per notario o dito lugar de Meende por foro çerto que por el an a dar, et que lles deron et aforaron a eles et a toda sua vos o dito lugar con todas suas perteenças et con todo o dereito et señorio que avyan et lles perteençia no dito lugar, disso pelo juramento que feso que oyra diser que esto contiudo no dito artigoo que era verdade et que criia que era assy por quanto ho oyra diser, mays que non sabia mays doutra çertedume por que non vyra a carta do foro. Preguntado polo terçeiro artigoo que dis. Iten entendo a provar que os ditos don Estevoon Paes e sua moller et seu fillo Maçia Esteves depoys deles et seus suçessores husaron dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar et que teveron et pessuyron o dito lugar et que perteençen a min o dito Gonçalvo Peres todo o señorio real do dito lugar por rason da dita doaçon que del foy feita ao dito mosteiro, et per ho aforamento que o dito mosteiro fez do dito lugar aos ditos don Estevoon Paes et sua moller et suas voses. Disso pelo juramento que feso que era verdade ho contiudo no dito artigoo. Preguntado per que o sabe, disso que o sabia por quanto disso que commo quer que el non acordasse don Estevoon Paes et sua moller que vyo o dito Maçia Estevez seu fillo depoys deles et seus subçessores que husaron dos ditos dereitos et señorio e jurdiçon do dito lugar, et que teveron et pessuyron os ditos dereitos et señorio e jurdiçon do dito lugar per espaço de qoreenta annos et mays sen contradisemento de nihuun, et husavan do dito señorio et jurdiçon et dereito do dito lugar ata que o bispo don Gonçalvo de Novoa en seendo arçidiago et teendo o prestamo de Çeboliño e de Lamela, con cobiiça de huna besta muar que tomara por loitosa Lourenço Anes Çeleiroon a hun monleiro que morrera enno dito lugar et termio de Meende que o dito arçidiago pedira a dita besta ao dito Lourenço Anes et por que lla non quisera dar que chegara ao dito lugar de Meende et lle britara as moas de hun moyño et lle fesera derribar hun canto de hun paaço et fasialle todo outro mal que podia, et non se quiso partir do dito lugar ata que levou do dito Lourenço Anes per força a dita besta. Et disso mays esta testemunya que poys cobrara o dito Gonçalvo Perez o dito lugar de voz do dito Maçia Estevez et ho tiiña et husava del assy commo seu que lle perteençia o dito señorio real do dito lugar, se lle força non quisessen faser por rason da dita doaçon que del foy feyta ao dito mosteiro. Et pelo aforamento que o dito mosteiro fez do dito lugar aos ditos don Estevoon Paes et sua moller et suas voses, et que esto todo que era verdade polo que vyra enno dito tenpo et que oyra a moytos ommees vedros et ançiaos de boa fama que acordavan o dito tenpo, et que assy era voz et fama publica en todo o termio et comarqa que era arredor do dito termio de Meende. Preguntado se fora rogado se enprasado para dar este testemunyo ou se lle deran algo ou llo prometeran por que o desse, disso que el fora enprasado per hun alvala do thesoureiro Johan Gonçalves et vigario de nosso señor o bispo, mays que non fora rogado nen lle deran algo nen llo prometeron, nen queria deus que el tomasse algo por que p[er]dese a sua alma, por que disso que avya noveenta annos que se acordava et nunca tomara cobiiça de tomar tal algo commo este. Et desto disso que non sabia mays. Pero Anes dito Copyño morador en Caschamoyña segunda testemunya, jurado enos santos avangeos et preguntado polo primeiro artigoo da pitiçon negada, conven a saber o dito artigoo, entendo a provar eu Gonçalvo Peres do Mato contra Fernan Anes procurador do dito señor o bispo que don Afonsso enperador de toda Espanha con dona Rica sua moller et con seus fillos reys deu en doaçon ao mosteiro de Santa Coonba de Naves et monies desse lugar para senpre o lugar de Meende con todos seus dereitos et perteenças que y avya per seu privilegio bullado. Disso pelo juramento que fez que sabya que era verdade o que se conten no dito artigoo de oyda mays que non sabya per vista que o ouvessem por privilegio, por que non sabia leer et non vira ben o dito privilegio que se el acordasse, mays cria et era çerto que fora feyta a dita doaçon ao dito mosteiro et que lle fora dado o dito lugar de Meende con todas suas dereituras et perteenças perlo dito enperador. Preguntado polo segundo artigoo que começa. Iten entendo a provar que depoys desto o prior e convento do dito mosteiro aforaron a don Estevoon Paez çidadao d’Ourense et aa dita Oufemea sua moller et a toda sua voz para senpre per carta feyta per notario o dito lugar de Meende por foro çerto que por el an a dar, et que lles deron e aforaron a eles et a toda sua vos dito lugar con todas suas perteenças et con todo o dereito et señorio que avyan e lles perteençia no dito lugar, disso pelo juramento que fez que oyra diser que era verdade o que se conten enno dito artigoo et que llo deron con todo o dereito e señorio que y avya. Preguntado polo terçeiro artigoo que dis, iten entendo a provar que os ditos don Estevoon Paez et sua moller et seu fillo Maçia Estevez denpoys deles, et seus suçessores husaron dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar, et que teveron et pessuyron o dito lugar, et que perteençe a min o dito Gonçalvo Perez todo o señorio rayal do dito lugar por rason da dita doaçon que del foy feyta ao dito mosteiro et porlo aforamento que o dito mosteiro fez do dito lugar aos ditos don Estevo Paes e sua moller et suas vozes, disso pelo juramento que fezo que era verdade todo o que se conten no dito artigoo. Preguntado per que o sabya, disso que o sabya et era delo çerto por quanto disso que el vyra o dito don Estevo Paez et sua moller e seu fillo Maçia Esteves depoys deles et seus suçessores, et que lles vira husar dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar de Meende et que teveron et pessuyron o dito lugar assy commo seu, et que levavan per sy e per outros en seu nome todolos dereitos, voses, coomyas et todo o outro dereito que perteençia a señorio real, et que o teveron et husaron estes et cada huun deles en paçifica possison et sen enbargo nihuun per espaço de çinqoeenta annos et de seseenta annos e mays, ata que o bispo don Gonçalvo Nunes de Novoa en seendo arçidiago et teendo o prestamo de Çeboliño et de Lamela chegou ao dito lugar de Meende en tenpo de Lourenço Anes Çeleiroon que o tiiña e husava commo seu, et por que lle o dito Lourenço Anes non quiso dar huna besta muar que este Lourenço Anes tomara de loytosa de huun ome que morava no dito lugar et termio de Meende que finara, o qual avya nome Johan Peres, este arçidiago non se quiso partyr do dito lugar ata que lle fesera quebrantar as moas de hun moyño et derribar hun canto de hun paaço, et que o quisera derribar todo senon foran ommes boons desta vila d’Ourense que o partiron, et disso esta testemunya que ben çerto era que o dito lugar e termio de Meende que fora et era privilegiado et coutado, et que non entravan el justiça nen moordomo doutro señorio nihuun des o rigueiro que chaman de Figeiredo de contra o paaço de Pero Paez açima ata o camiño que vay para Castedon aa casa da carreira, et disso que ben çerto era se ao dito Gonçalvo Perez non fessessen torto, poys que o dito lugar de Meende era seu et ho tiiña e lle perteençia, que perteençe ao dito Gonçalvo Peres todo o señorio real do dito lugar por rason da dita doaçon et liberdade que del foy feyta e dada ao dito mosteyro de Santa Coonba, et que lle perteençia por rason do aforamento que o dito mosteiro fez do dito lugar aos ditos don Estevo Paez e sua moller et suas vozes. Et que esto todo era verdade e voz e fama publica. Preguntado polas outras circonstançias que perteençen, disso commo o dito Martin Peiron. Johan Sanyño monleyro morador en San Çibrao que he friigesia de Santa Marta de Velle, terçeira testemunya jurado et preguntado polo primeiro artigoo do tidoo, disso pelo juramento que fez que deste artigoo non sabya nada. Preguntado polo segundo artigoo disso pelo juramento que fez que non sabya desto nada. Preguntado polo terçeiro artigoo disso pelo juramento que fez que el non acordava o dito don Estevo Paes nen a dita sua moller, mays que oyra dizer en verdade a moytos ommees boons de boa fama que o dito lugar de Meende con suas p[er]teenças que fora seu et que ho husaran et teveran con todolos dereitos et señorio et jurdiçon que perteençia ao dito lugar en sua vida, et depoys de seu finamento disso que sabya que ficara este dito lugar con todas suas perteenças a Maçia Estevez seu fillo, et que este Maçia Estevez e seus suçessores depoys del teveron et husaron et pessuyron dos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar, et que os teveron et pessuyron en paçifica possisson ata que fora feyto enbargo a Lourenço Anes Çeleyroon que tiiña et pessuya o dito lugar per don Gonçalvo de Novoa bispo que foy d’Ourense ao tenpo que era arçidiago et tiiña o prestamo de Çebolliño que foy ao dito lugar de Meende por rason de huna besta muar que o dito Lourenço Anes ouvera de loytosa de hun home que morrera no dito lugar de Meende que avya nome Johan Perez, et non se quisera dy partir ata que

Eu Johan Fernandes (sinal) notario



britara et fezera britar as moas dun moyño et lle dirribaran hun canto dun paaço et levara dy a dita besta et quisera faser mays mal no dito lugar senon fora o bispo don Gonçalvo et outros ommees boons que o partiron, et disso que ata que a dita força fora feita pelo dito arçidiago que vyra que os ditos Maçia Estevez et Lourenço Anes husaran dos ditos dereitos et señorio et jurdiçon do dito lugar et termio de Meende per tenpo de qoreenta annos et mays, et que non entrava y outra justiça nen señorio doutra parte por malfeitoria nen trebuto nihuun, aynda que o malfeytor se acollesse ao dito lugar et termio de Meende. Et disso esta testemunya que poys o dito Gonçalvo Peres tiiña et husava do dito lugar commo seu que lle perteençia de dereito todo o señorio real et liberdade do dito lugar por rason da dita prescripçon et tenpo en que husaron os dobre ditos dos ditos dereitos et señorio, et por quanto sabya que o dito Gonçalvo Peres conprara o dito lugar et tiiña çertedumes per que era seu, et disso que esto todo que era notorio et publico. Preguntado se foy rogado, se enprasado ou se lle deron algo ou prometeron por dar este teste testemunyo, disso que el non fora rogado, mays que fora enprazado et que lle non deran algo nen llo prometeran por esta razon nen el non tomaria tal algo. Preguntado qual das partes queria que vençesse ante este pleito, disso que tanto lle dava que vençesse hun commo o outro, et desto disso que non sabya mays.

O termio viundo, quinta feira, treze dias de março, ante Johan Gonçalvez thesoureiro et vigario sobre dito pareçeron en juiso o dito Gonçalvo Perez por sy da huna parte et o dito Fernan Anes procurador do dito señor obispo en nome del da outra. Logo o dito Gonçalvo Perez pedyo ao dito vigario que mandasse ante sy leer et publicar as ditas escripturas et privilegio et carta et testemunyas que dera en prova para provar sua entençon, et ante da publicaçon o dito Fernan Anes en nome do dito señor obispo cujo procurador he, disso que protestava de dizer nos ditos et nas pessonas das ditas testemunyas. Et o dito vigario mandou publicar as ditas testemunyas et escripturas, et foron publicadas. As quaes testemunyas et escripturas publicadas, o dito Gonçalvo Perez disso que el pelo dito privilegio et cartas et proçesso et testemunyas que dera en prova sobre aquelo que pedira en sua pitiçon et que lle fora negado pelo dito Fernan Anes que el avya ben provado sua entençon quanto abastava, et pedío ao dito vigario que assy o julgasse e pronunçiasse per sua sentença, et que julgasse outrossy que o dito Gonçalvo Peres devya a aver aquelo que avya pedido en sua pitiçon, et se o dito Gonçalvo Perez pelo dito privilegio et cartas et proçesso e testemunyas que deu avya provado sua entençon quanto abastava ou non et se devya a aver aquelo que avya pedido en sua pitiçon ou non. Disso que concluya et pedia sentença. Et o dito Fernan Anes procurador do dito señor obispo en nome del disso que o dito Gonçalvo Perez pelo dito privilegio et cartas et proçesso et testemunyas que dera non provara sua entençon nen devya a aver aquelo que pedira, et se provara sua entençon et devya a aver aquelo que pedira en sua petiçon ou non, disso que concluya. Et anbalas partes per quanto avyan dito e rasoado, disseron que concluyan et pedian sentença. Et o dito vigario assignou termio aas ditas partes a que pareçessen antel a oyr sentença luens primeiro que ven. Testemunyas que presentes foron Lourenço Fernandez Rosete, Gonçalvo Peres da cruz do Çenteo, Pero Fernandes raçoeyro Pero Fernandez clerigo do coro, Johan da Lagea escrivan et outros.

O termio viundo, lues dez et sete dias de março, o dito Gonçalvo Perez et Fernan Anes procurador do dito señor o bispo presentes ante o dito Johan Gonçalves thesoureiro e vigario et juys sobre dito, os dito Gonçalvo Perez et Fernan Anes pediron ao dito thesoureiro et vigario que desse sentença enno dito pleito segundo o termio requeria. Et o dito vigario a petiçon das ditas partes deu e leeu per sy huna sentença en escripto, feyta en esta maneira:

Eu Johan Gonçalvez thesoureiro et vigario et juiz sobre dito, vista a pitiçon que o dito Gonçalvo Peres ante min propos contra Fernan Anes procurador do dito señor o bispo en pessona del, et vista a resposta et contestaçon que o dito Fernan Anes feso en respondendo aa dita pitiçon per confesson et dela per negaçon, et visto hun privilegio bullado er confirmado per que don Afonso enperador de toda Espanha deu o lugar de Meende con todos seus dereitos et perteenças et señorio et jurisdiçon real que y avya ao mosteiro de Santa Coonba de Naves, et vista huna carta feyta per notario per que o prior et convento do dito mosteiro deron o dito lugar a foro a dom Estevoon Paez et a donna Ouffemea sua moller que foron et a todos seus suçessores para senpre con todolos dereitos et señorio que avyan no dito lugar por trebuto çerto que por el an a dar de foro ao dito mosteiro, et visto o titolo que o dito Gonçalvo Perez a do dito lugar per que e seu et lle perteençe con todolos dereitos et señorio que a no dito lugar per conpra que del fez, et visto o proçesso et testemunyo que foy tirado enno pleito que o dito Gonçalvo Peres ouvo con o dito Fernan Anes procurador do dito señor obispo en nomme del, sobrela loytosa et theegas de çevada et galinas que demandavan aos moradores do dito lugar, et vista a inturruçon que foy feyta pelo arçidiago don Gonçalvo Nunez de Novoa seendo prestameiro do dito prestamo de Çeboliño et de Lamela. Por rasom da loytosa et theegas de çevada et galiñas que levou per força dos moradores do dito lugar de Meende e dereitos que enbargou, por que acho pelo dito das testemunyas que foy feyta a dita inturruçon per força, et acho outrossy que esta força foy desfeyta per mandado del rey, et que Gomez Lourenço cujo enton era o dito lugar de Meende que foy tornado en sua possisson segundo esteveron seus anteçessores. Et vistas as testemunyas que o dito Gonçalvo ante min deu para provar sua entençon sobre aquelo que lle foy negado, et visto o que da parte do dito Fernan Anes foy dito e rasoado contra a dita prova, et aquelo que o dito Gonçalvo Perez disso et rasoou contra as rasoens do dito Fernan Anes en este feyto ata que concluyron et pediron sentença. Pleito contestado et concluso, juramento de calupnya reçebido, avudo consello con ommees boons et leterados. Dia assignado para dar sentença, as partes presentes et sentença demandantes, seendo en lugar de julgar, per sentença definitiva en este escripto julgando, pronunçio que o dito Gonçalvo Peres provou ben sua entençon quanto abasta o contiudo na sua pitiçon, et julgando per sentença definytiva, mando et declaro que todo o señorio rayal et jurisdiçon et dereitos do dito lugar de Meende con suas perteenças, que perteençen et deven seer para senpre do dito Gonçalvo Perez et de sua voz, et que o dito señor obispo per sy nen per seus moordomos que seian postos no dito couto nen per outre nihuun nen outra pessona nihuna non deven a enbargar ao dito Gonçalvo Peres nen a sua voz o dito señorio et jurdiçon e liberdades et dereitos do dito lugar nen dos moradores no dito termio nen de parte deles. Et outrossy julgando per sentença defenytiva, mando et declaro que enbargo nihuun non deve seer feyto ao dito Gonçalvo Peres nen a sua vos nen aos moradores do dito lugar por ajuda de diñeiros de jantar para o prestameiro que tever o dito prestamo, nen deve seer posto peyto nen carrega nen trebuto nihuun enno dito lugar de Meende nen ennos moradores del, salvo aquel que y poser o dito Gonçalvo Perez ou sua voz, et que o dito señor o bispo per sy nen per outre nen os que foren teedores do dito prestamo nen outra pessona nihuna non deven faser enbargo nen demanda nihuna ao dito Gonçalvo Peres nen a sua voz nen aos moradores do dito lugar et termio nen a cadauuns deles sobresta rason. Et sobresto todo poño perpetuo silençio ao dito señor o bispo en pessona do dito seu procurador et ao dito procurador en pessona del et a todolos outros bispos et outre quen quer que daqui endeante foren teedores do dito prestamo de Çeboliño e de Lamela. Et todas estas cousas et cada huna delas julgo et pronunçio per sentença defenytiva, et declarando mando per sentença defenytiva que seiam aguardadas ao dito Gonçalvo Perez et a toda sua voz para senpre et a aquel ou aqueles que foren teedores do dito lugar de Meende et en seu termio. Dada foy esta sentença em Ourense nas casas do dito señor o bispo, luens dez e sete dias de março, era de mill e tresentos et noveenta et dous annos. Testemunyas que presentes forom Roy Gonçalves Tacanho notario d’Ourense, Johan Gonçalves ome do dito vigario, Martin de Montes clerigo do coro, Garçia Martines ome do dito Gonçalvo Perez, Lucas Johanes reytor da ygleia de Lobaens que he no arçidiagado de Limya, Roy Meendez clerigo de Padrooso que he enno dito açidiagado et outros moytos.



Depoys desto, viinte dias dabril, enna era sobre dita, en presença de min Johan Fernandez notario sobre dito et das testemunyas adeante escriptas pareçeron en juiso ante don Beltran Beltranez arçidiago de Baronçelle et vigario geeral do onrrado padre e señor don Johan pola graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourensse, o dito Gonçalvo Perez do Mato da huna parte et Fernan Anes procurador do dito señor obispo en nomme del da outra. Et o dito Gonçalvo Perez recontou ao dito vigario todo o proçesso do pleito que passara entre el e o dito Fernan Anes segundo está escripto et segundo passou per min o dito notario entre estas partes. O qual proçesso recontado, o dito Fernan Anes confessou que assy passara o dito pleito entre eles segundo o dito Gonçalvo Perez recontara. Et logo o dito Gonçalvo Perez pedío ao dito vigario por rason que el era vigario geeral do dito señor o bispo que el visse o dito proçesso et a sentença que o dito Johan Gonçalvez dera et que per sua sentença julgasse ao dito Gonçalvo Perez et a sua voz todo aquelo que el avya pedido en sua petiçon, et que posesse perpetuo silençio ao dito señpor obispo et aos outros señores que daqui endente fossen teedores do dito couto sobre aquelas cousas que lle avyan feyto enbargo segundo el avya pedido na dita pitiçom. Et o dito Fernan Anes en nome do dito señor obispo disso et pedío ao dito arçidiago vigario sobre dito que el visse o dito pleito et que o livrasse segundo achasse por dereito. Et o dito arçidiago e vigario sobre dito disso que el queria veer et eysamynar o dito pleito que passara entre as ditas partes et que queria eysaminar o proçesso et testemunyo contiudo en el et a sentença que o dito Johan Gonçalves dera et que o livraria segundo achasse por dereito, et assignou termio aas ditas partes a que pareçessen antel a oyr sentença en outro dia martes. Testemunyas Johan Ledo raçoeyro d’Ourense, Pero Fernandes e Garçia Anes ommes do dito Gonçalvo Perez.

O termio viundo, martes viinte et hun dia de abril, os ditos Gonçalvo Perez et Fernan Anes pareçerom ante o dito vigario et pedironlle que desse sentença sobre aquelo que lle era pedido segundo que ficara. Et o dito Beltran Beltranez arçidiago e vigario sobre dito disso que el vira a petiçom que o dito Gonçalvo Peres dera en este pleito et a contestaçon et resposta do dito Fernan Anes et a prova que o dito Gonçalvo Perez fesera sobre aquelo que lle fora negado et todo o proçesso do dito pleito, et que vyra outrossy a sentença que o dito Johan Gonçalves dera, et avudo consello deligentemente sobre todo, per sentença definytiva julgou que o dito Gonçalvo Peres provou ben sua entençon et que deve a aver el e sua vos todo o contiudo en sua pitiçon, et que o dito señor o bispo nen outro bispo nen pessona nihuna nen os que foren agora et daqui endeante teedores do dito prestamo de Çeboliño e de Lamela non deven a faser demanda nen enbargo ao dito Gonçalvo Perez nen a sua vos sobrelas cousas sobre ditas nen sobre cada huna delas, et pósolles perpetuo silençio sobrelo. Et julgando, per sentença definytiva confirmou a sentença que en este feyto deu o dito Johan Gonçalves en todalas cousas et en cada huna delas que enna dita sentença son contiudas, et mandou que a dita sentença fosse aguardada en todo ao dito Gonçalvo Peres et a sua voz para senpre. Esto foy en Ourense ennas casas do dito señor obispo nos dias et era sobre ditos. Testemunyas que presentes foron Estevo Peres coengo d’Ourense, Gonçalvo Anes morador en Ourense, Garçia Martines ome do dito Gonçalvo Perez.

Et eu Johan Fernandez notario sobredito que a todas estas cousas chamado et presente foy et esta escriptura e sentenças en çima declaradas en miña presença fiz escrivir a pedimento do sobredito Gonçalvo Peres do Mato en quatro peles de purgameo con esta en que vay escripta esta miña suscripçon, ben e fielmente, e entre a cosedura dentre huna pel e outra des la çima ata juso desta escriptura e aqui meu nomme e meu signal puge que tal he.

(sinal)

Eu Johan Fernandes notario.

Materias

lingua; abade; adiantado; albará; alcalde; alcume; alcume; alimentos; almirante; aniversario; apelación; arbitraxe; árbore; arcebispo; arcediagado; arcediago; arcediago; arquivo; arrieiro; audiencia; audiencia diocesana; auga; avó; avogado; besta; bieito; bispo; bispo auxiliar; branca; cabaleiro; cabido; caderno; canon foral; cardeal; casas; casas; casteleiro; cebada; chancelaría; chanceler; chumbo; citación; cláusula; cóengo; cóengo; cóengo; concello; concilio; confirmación; construción; cordón; coro; corte; couto; crego; crego; criado; criado; cruz; curia romana; definitiva; delito; delito; demolición; desembargo; diñeiros; doazón; embargo; emperador; emprazamento; escribán; escritura; esposa; esposo; evanxeos; excomuñón; falso; familia; festa; fidalgo; fidalgo; filla; fillo; fisco; fonte; fortaleza; freguesía; fundación; galiña; gando; gran; homes bos; indagación; indagación; infante; irmán; lagar; legado; lei; lei; letrado; libelo; libra; linde; lutuosa; malfeitor; mandamento; marabedí; mesa bispal; mestre; mestrescola; moleiro; monxe; monxe; mordomo; mordomo; mosteiro; muíño; mula; muller; nai; notario; obrigación; orde de Calatrava; orde de San Bieito; orde de Santiago; orde militar; ouro; pai; panos; papel; párroco; pena; pergamiño; pertegueiro; poder; pousa; prebenda; preito; prestimonio; prior; priorado; privilexio; privilexio; proceso; procuración; procurador; protesta; provisor; publicación; publicación; querela; racioneiro; raíña; reguengo; rei; rexedor; rúa; seda; selo; sentenza; sentenza; servente; sinatura; sobriño; soldo; tenente; tesoureiro; testemuñas; testemuño; tío; título; traslado; tributos; vacante; vasalo; vedraños; venda; vigairo; viña; violencia; xantar; xenealoxía; xuíz; xuramento; xuramento; xurisdición; xustiza maior; auto xudicial

Persoas

Afonso VII, rei de León e Castela; Sancho III, rei de Castela; Xoán Fernández de Soutomaior, bispo de Tui; Afonso de Molina, infante; Afonso Eáns, monxe; Afonso Martínez, bispo de Astorga; Afonso Martiñez, sucor; Afonso Pérez de Gúzman, cabaleiro; Afonso Pérez, home de Fernando Martínez; Afonso VI, rei de Castela; Afonso X, rei de León e Castela; Afonso XI, rei de León e Castela; Alema, mestre de Calatrava; Alfonso García, cabaleiro; Alfonso, bispo de Cidade Rodrigo; Alfonso, bispo de Coria; Álvaro Páez, almirante de Castela; Álvaro, bispo de Palencia; André Pérez, notario; André, tenente de Limia; Arias Díaz, cabaleiro; Beltrán Beltránez, arcediago de Baroncelle; Bernal Pérez, notario; Bernaldo, bispo de Badaxoz; Celestino III, papa; Constanza, raíña; Diego de Lero, cabaleiro; Diego García de Toledo, almirante de Castela; Diego Gómez Castañeda, cabaleiro; Diego Ramírez, cabaleiro; dona Eufemia; dona Rica, raíña; Estevo Páez; Estevo Pérez, cóengo de Ourense; Estevo Pérez, notario; Fernando Ares, home de Xoán González; Fernando de León, infante; Fernando Eáns; Fernando Eáns; Fernando Eáns; Fernando Eáns, avogado; Fernando Eáns, avogado; Fernando Eáns, mestrescola de Santiago de Compostela; Fernando Fernández de Limia, cabaleiro; Fernando II, rei de León; Fernando IV, rei de León e Castela; Fernando Martínez de Vilariño; Fernando Martínez, avogado e párroco; Fernando Pérez, cabaleiro; Fernando Porteiro; Fernando Ruíz de Castro, pertegueiro de Santiago; Fernando Ruíz de Saldaña, cabaleiro; Fernando, bispo de Calahorra; Fernando, bispo de Cartaxena; Fernando, bispo de Córdoba; Fernando, bispo de Oviedo; Fernando, bispo de Segovia; Filipe de Castela, infante; Francisco Pérez, notario; García Eáns, home de Gonzalo Pérez do Mato; García Fernández; García Fernández de Vilamayor, adiantado en Castela; García Fernández Malssic, cabaleiro; García Martínez, home de Gonzalo Pérez; García, bispo de Xaén; Gómez Lourenzo, dito Celeiro; Gonzalo de Aguiar, cabaleiro; Gonzalo Eáns; Gonzalo Eáns Pereira, alcalde de Ourense; Gonzalo Eáns, casteleiro; Gonzalo Núnez de Novoa, arcediago en Ourense; Gonzalo Pérez; Gonzalo Pérez; Gonzalo Pérez de Cudeiro, notario; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo Pérez de Seixalbo, notario; Gonzalo Pérez do Mato, notario; Gonzalo Pérez, mestre de Alcántara; Gonzalo, arcebispo de Toledo; Gonzalo, bispo de León; Henrique de Castela, infante; Juan Almoravid, arcebispo de Sevilla; Juan Osorez, mestre da orde de Santiago; Juan Rodríguez de Rojas, cabaleiro; Lopo de Mendoza, cabaleiro; Lopo Pérez, alcalde de Toledo; Lopo Rodríguez de Villalobos, cabaleiro; Lourenzo Eáns , dito Celeiro; Lourenzo Eáns Carozo, criado; Lourenzo Eáns, dito Mercador; Lourenzo Fernández, dito Rosete; Lucas Eáns, párroco; Macías Estévez; Manuel, infante; Martiño Afonso; Martiño de Montes, crego do coro de Ourense; Martiño Fernández, dito Peirón; Martiño Miguez, monxe; Martiño, abade de Santa Comba de Naves; Miguel Eáns, notario; Odoario, cabaleiro; Paio Suárez, abade de Celanova; Pascual, bispo de Cuenca; Paulo Vivián; Pedro Afonso, monxe; Pedro Alfonso, escribán; Pedro Cudeiro, notario; Pedro de Castela, infante; Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Pedro Eáns, dito Cupiño; Pedro Enríquez de Arana, cabaleiro; Pedro Fernández, crego do coro de Ourense; Pedro Fernández, home de Gonzalo Pérez do Mato; Pedro Fernández, notario; Pedro Fernández, racioneiro de Ourense; Pedro González; Pedro Núñez de Guzmán, cabaleiro; Pedro Páez; Pedro Ponce, cabaleiro; Pedro, bispo de Ávila; Pedro, bispo de Burgos; Pedro, bispo de Salamanca; Pedro, bispo de Zamora; Rodrigo Álvarez de Alza, cabaleiro; Rodrigo Álvarez, adiantado en León e Asturias; Rodrigo de Padrón, arcebispo de Santiago de Compostela; Rodrigo Gil; Rodrigo González Manzanedo, cabaleiro; Rodrigo Martínez, bispo de Lugo; Rodrigo Vázquez, bispo de Mondoñedo; Rodrigo, bispo de Marrocos; Rodrigo, bispo de Plasencia; Roi de Padrón, arcebispo de Santiago de Compostela; Roi Fernández, notario; Roi González Tacaño, notario; Roi Martínez, bispo de Lugo; Roi Méndez, crego; Roi Pérez; Roi Pérez, criado; Roi Pérez, notario; Roi Vázquez, bispo de Mondoñedo; Roi Xil, cabaleiro; Sancho de Castela, Infante; Sancho VI, rei de Navarra; Simón, bispo de Sigüenza; Tareixa Eáns; Tomé Fernandez, monxe; Vasco Pérez Pereira; Veleo, cónsul romano; Veliano, cónsul romano; Xacinto Bobone-Orsini, cardeal romano; Xoán Afonso, cabaleiro; Xoán da Laxe, escribán; Xoán de Cardaillac, bispo de Ourense; Xoán de Cardallac, bispo de Ourense; Xoán Díaz, bispo de Ourense; Xoán Eáns, criado; Xoán Eáns, dito Faniño; Xoán Eáns, monxe; Xoán Fernández; Xoán Fernández, arcediago de Santiago de Compostela; Xoán González, home do vigairo de Ourens; Xoán González, tesoureiro de Ourense; Xoán Ledo, racioneiro de Ourense; Xoán Manuel, adiantado en Murcia; Xoán Manuel, infante de Castela; Xoán Martínez, prior de Santa Comba de Naves; Xoán Páez, dito Mazá; Xoán Pérez; Xoán Pérez, abade de Servoi e cóengo de Ourense; Xoán Pérez, monxe; Xoán Senín, moleiro; Xoán, bispo de Osma; Xoán Fernández, notario

Outros

Navarra, reino; Albarracín, bispado; Astorga, bispado; Ávila, bispado; Badaxoz, bispado; Burgo de Osma, bispado; Burgos, bispado; Cádiz, bispado; Calahorra, bispado; Cartaxena, bispado; Castela, reino; Cidade Rodrigo, bispado; Córdoba, bispado; Coria, bispado; Cuenca, bispado; Galicia, reino; León, bispado; León, reino; Marrocos, bispado; Mondoñedo, bispado; Murcia, reino; Ourense, bispado; Ourense, cabido; Ourense, concello; Oviedo, bispado; Palencia, bispado; Plasencia, bispado; Salamanca, bispado; San Xoán de Servoi, abadía; Santa Comba de Naves, priorado; Santiago de Compostela, arcebispado; Santiago de Compostela, cabido; Segovia, bispado; Sevilla, arcebispado; Sigüenza, bispado; Terra de Aguiar; terra de Búbal; Toledo, arcebispado; Tui, bispado; Xaén, bispado; Zamora, bispado; San Salvador de Celanova, mosteiro

Lugares

Aguiar, terra. Antiga xurisdición; Albarracín, igrexa; Algarve, reino; Almería; Arana; Astorga, igrexa; Astrés; Asturias; Ávila; Badaxoz; Baeza; Barcelona; Baroncelle, arcediagado; Barro; Beiro, Santa Baia; Búbal. Antiga xurisdición.; Burgos; Cabreira, comarca; Cachamuíña; Cádiz; Calahorra; Calatrava; Cameros, comarca; Canpos; Cartaxena; Castadón; Castela, reino; Ceboliño; Ceboliño, couto; Córdoba; Coria; Cuenca; España; Figeiredo, regueiro; Fontefría; Freixedo; Galicia; Gradeira, A; Lagea, muiño; Lamela, A; Lautero; Lemos. Antiga xurisdición.; León, reino; Limia. Antiga xurisdición e arcediagado.; Lobás, San Vicente; Lonia; Lugo; Maçaayra; Madrid; Mandrás, San Pedro; Marrocos, bispado; Mato, O; Mende; Molina de Aragón; Mondoñedo; Morteira, igrexa; Murcia; Navarra; Náxera; Osma; Ourense; Oviedo; Palencia; Palmés; Pedroso; Penedo, O; Plasencia; Ribera; Roxas; Salamanca; Saldaña; Salnés, O. Comarca; San Cibrao das Viñas; San Tome; Santa Comba de Naves. Antigo mosteiro; Santiago de Compostela; Segovia; Sevilla; Sigüenza; Sinagoga; Toledo, reino; Toroño, antiga xurisdición; Torre, A; Tui; Untes; Valladolid; Velle, Santa Marta; Vilar de Astrés; Xaén; Zamora; Zaragoza