GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

F-E7
1496, decembro, 20
Afonso Díaz de Cadórniga, rexedor, subafora por tempo da súa vida e da súa muller, María López, e posteriormente a seis voces a Diego López, veciño de Santiago das Caldas, cen cavaduras de bacelo e monte na aldea de Bobadela, pertencentes ao préstamo do arcediagado de Baroncelle, coa condición de acabar de plantar de viña o monte en seis anos, por renda anual de trece moios de viño branco a el e dez moios aos seus herdeiros. (fols. 8-11v)

Pagados II reas. Foro de Diego Lopes de Bobadela que lle fezo Afonso Dias regedor. Feyta.

Sepan quantos esta carta de aforamento vyren como Afonso Dias de Cadornyga, regedor e vesiño de la çibdade de Ourense que soon presente, outorgo e conosco que aforo a vos Diego Lopes que soodes presente e a vosa muller Catalina Anes que he absente ben como sy fose presente, moradores que sodes en Bobadela (fol. 8)
(en)* que he en la freysesya de Santiago das Caldas, en vida de min o dito Afonso Dias e de (...)* miña muller Maria Lopes e por mais tenpo alende do postromeyro de nos de seys vozes, las quaes ditas seys vozes despoys do pasamento do postromeyro de (v)* nos, vos e el postromeyro de vos posades nomear la primeira voz e esta primeira nome a segunda e la segunda nomee a terçeyra e ansy vaan nomeadas as ditas vozes una en pus de outra por horden suçesyve fasta seren conplidas e acabadas las ditas seys vozes, e non sendo nomeadas que enton seja voz quen de dereito ouver de heredar los outros vosos beens, es a saber que vos aforo çent cabaduras de baçelo e de monte brabo que estan (fol. 8v)
en montarin en lo lugar do Parayso, que he e termino e jurdiçion de la dita aldea e coto de Bobadela, que he del prestamo del arçedianadgo de Baronçelle, de quen eu el dito Afonso Diaz lo theño en foro e segundo que eu el dito Afonso Diaz e vos lo dito Diego Lopes theemos começado a plantar de vyña e segundo que o vos o dito Diego Lopes ao presente theedes e poseedes e esta çarrado sobre sy, e vos lo aforo con todas suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteesças por donde quer que las aja e de derecho deva aver, a condiçon que acabedes de poer e de plantar de vyña o dito monte segundo que esta começado de plantar doje en seys annos syguentes, e el asy posto e plantado, o labredes e reparedes, chantedes e (fol. 9)
ontrechantedes onde e quando lle fazer menester por maneira que non desfalesca por mingoa de labores e de boos reparos, e que vos e vosas vozes die-des e paguedes delo de foro e dereito en cada un anno a min lo dito Afonso Diaz en miña vida treze moyos de vyño branco a la vica do lagar ou da tinalla, contando honze quartas de vyño en cada moyo /e seys açunbres en cada quarta\ e que ao pasamento de min o dito Afonso Diaz pagaredes a meus heredeiros vos e vosas vozes dez moyos de vyño branco despeto contando las dita honze quartas en cada moyo e seys açunbres en cada quarta /e mais non\ e que do al que lo ajades todo libre e quite e desenbargado de todo outro foro, çenso, trebuto e cargo algun (e que eu o dito)* (fol. 9v)
pagando o dizimo a deus, e que eu o dito Afonso Dias e meus heredeiros paguemos el foro de todo lo suso dito ao arçediano de Baronçelle, prestameyro do dito prestamo de Boba(da)*/dela\ de quen lo theño en foro, segundo e como se conten enel foro que del theño, e he posto condiçon que sy vos ou vosas vozes quiserdes vender, deytar, canbear, aforar ou traspasar lo suso dito ou alguna parte delo que primeiramente frontedes con elo a min e a miñas vozes e nos lo diades por lo justo preçio querendoo e non lo querendo que enton(de)* lo posades faser a persona que seja labrador llano e abonado semellable de vos tal que plante de vyña el dito monte durante los ditos seys annos e pague a min o dito Afonso Dias en miña vida os ditos treze moyos de vyño branco despeto e despoys de meu pasamento e meus heredeiros los ditos dez moyos de vyño branco despeto e cunpla e agarde las condiçoons desta carta e cada una delas, e seredes vos e vosas vozes (fol. 10)
serbentes e obedientes e mandados con lo dito foro a min e a miñas vozes e non faredes por elo manda nin aniversario, foro nin sobre foro a outra ninguna persona, e fazendo el contrario de lo suso dito que descayades deste dito foro e o pergades et eu e miñas vozes lo posamos thomar e resçeber e faser delo nosa voluntade syn enbargo desto, e obligo meus beens e de meys heredeiros e los beens a min obligados para que vos e vosas vozes sejades defesos e anparados a dereito con esto que vos asy aforo e vos seja feyto saao e de paz. Et eu o dito Diego Lopes que soon presente, por min e por la dita miña muller e vozes, ansy o otorgo e resçebo aforado de vos o dito Afonso Diaz el dito baçelo e monte (fol. 10v)
de suso declarado e demarcado por las maneiras, posturas e condiçoons que ditas son, e cada una delas et para o todo ansy teer, conprir e aguardar et labrar e reparar e plantar de vyña el dito monte que esta por plantar durante los ditos seys annos e pagar a vos o dito Afonso Diaz en vosa vida las ditas treze cargas de vyño branco despeto e despoys de voso pasamento a vosos heredeiros las ditas dez cargas de vyño branco despeto segundo e como dito he, obligo a elo meus beens e da dita miña muller e vozes, mobeles e rayzes, e qual quer das ditas partes que contra esto for ou pasar e o asy non conprir e agardar que peyte e pague de penna a la parte gardante seys mill mrs. vellos e a la voz del rey outros tantos, et la dita penna (e)* pagada ou non paga esta carta de aforamento et as cousas en ela contiidas fiquen firmes e vallan durante el dito tenpo e vozes. Que foy feito e outorgado en la çibdad de Ourense a veynte (fol. 11)
dias del mes de dezenbro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mil et quatroçentos e noventa e seys annos. Tests. que a elo foron presentes Antonio de Puga escudeiro e Jacome Garçia clerigo del coro de la yglesia de Ourense e Gonçalo de Santa Catalina escrivanos criados de min notario.