GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

429
1342, agosto, 5. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle a Diego Fernández, arcediago de Neira, o casal de Castello por 80 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 37r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo eno coro da dita iglesia segundo que o avemos de husso et de custume arrendamos a vos don Diego Fernades, archidiago de Neyra, o nosso cassal de Castello, que nos compramos do thesoreyro, don Aras Pellaes, que de nos tevo arrendado Iohan Fernandes de Valdayo, coengo que fuy de nosa iglesia, por en toda vosa vida con todas las cassas et herdades et supinnoramentos et dereyturas del et con sete armentios que vos y avemos a perfaçer con outro guaado que y leyxou o dito Iohan Fernandes, conven a saber: hun boy et dous almallos et huna beserra que passen por dous annos, et tres vacas parideyras. Por lo qual cassal et renda del nos avedes a dar en renda en cada hun anno, oyteenta moravedis, d’oyto soldos o moravedis, desta moneda del rey don Afonso, et pagarlos a os que recadaren os aniversarios da iglesia de Lugo en esta maneira, a terça parte por dia de Todos Santos et a outra terça parte por Santa Maria de março, et a outra terça parte por dia de Santo Spiritus. Et nos, o dito cabidoo, avemos-vos a faser o dito casal de paz segundo que vos-lo arrendamos, et reçebemos en conta grando ou geada se acaesçer commo he usso et custume.

Et eu, o dito archidiago, assy reçebo de vos o dito cabidoo o dito cassal et renda del, et obligo todos meus beens a pagar a dita renda cada anno commo dito he. Et a meu finamento de leyxar o dito cassal livre et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos, et con outro tanto guaado et tal commo dito he. Et demays para o assy conprir douvos por fiador Iohan Gomes, coengo de Lugo, que esta presente et outorgante-se por fiador, commo dito he. Et que esto seia çerto nos las partes sobreditas rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo çinquo dias d’agosto, era de mill et treçentos et oyteenta annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Aras, mestrescola de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro; Fernan Affonso, Affonso Eanes, Iohan Diaz, coengos; Iohan Fernandes et Iohan Gutierres, raçoeyros de Lugo; Gonçalvo Peres et Affonso Eanes, clerigos do coro de Lugo, ts.

Et eu Fernan Garçia, notario sobredito, a esto commo dito he presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.