GMH/ÍNDICE A-Z

823
1380, setembro, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Eanes e á súa muller e a unha voz un casal e herdades en Vilar de Cas polo que deben pagar anualmente como renda unha terza de centeo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 82r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos os omes boos et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados enno coro da dita iglesia en cabidoo por campaa tangida, segundo que o avemos d’uso et de custume, con outorgamento de don Gonçalvo Yanes, chantre, vigario geeral de don Johan Affonso, dayan enna dita iglesia, damos afforo et avervo a vos Affonso Yanes d’Adaen et a vos Maria Ferrnades, filla de Fernando Domingues Teyxeyro, por en toda vosa vida d’anbos et d’una pessooa qual o pustrimeyro de vos nomear a tempo de seu finamento, o nosso cassal et herdades dos aniversarios que he en Vila de Caaes, a a tal condiçon que vos et a dita perssooa que para esto for nomeada lavredes et paredes ben as herdades do dito cassal en gisa que se non perçan as novidades del con mingoa de lavorio, et as tiredes de monte hu tiraren os outros, et façades as casas do dito lugar et as reparedes do que lles feçer mester enno dito tempo, et dedes por foro et renda do dito cassal en cada hun anno a nos et a a dita iglesia, ou a aquel que ouver a recadar et coller as rendas dos aniversarios, huna terça de çenteo por teega dereyta, que façan tres teegas duas fanegas, en pas et en salvo enno dito lugar sen desconto algun vos et a dita persooa, et a a vossa morte et da pustrimeyra pessooa que for nomeada o dito casal et herdades del han a ficar ben lavradas, et as cassas feytas et ben reparadas et en boo estado, livres et quitas et dessenbargadas a nos et a a dita nosa iglesia con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Affonso Yanes, que presente estou por min et por la dita Maria Ferrnandes et por la dita perssooa que for nomeada para esto, assy reçebo de vos, los ditos ommes boos, o dito foro et vervo et por las ditas condiçoes, et obligo meus bees et seus de o comprirmos en todo commo sobredito he. Et nos los ditos omes boos et cabidoo assy vo-lo outorgamos. Et en testemoyo desto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Pero Afonso, notario publico de Lugo, que presente estava, que feçese desto duas cartas en hun tenor huna enno livro do dito cabidoo, et outra para o dito Affonso Yanes.

Feyta foy esta carta eno coro da dita iglesia, dous dias de setembre, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que presentes foron: don Gonçalvo Yanes, chantre; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Lopo Yanes, arçidiago de Sarrea; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; don Pero Ares, arçidiago de Triacastela; Thomas Gomes, juys; Diego Gomes, thesoreyro; Fernando Peres, Ares Ferrnandes, Affonso Ferrnandes, Ruy Lopes, coengos; Affonso Yanes, Diego Affonso, raçoeyros; Lourenço Yanes, Pero Lopes, Ares Peres, capellaes; Lopo Peres, porteyro, et outros.

Et eu Pero Affonso, notario sobredito dado por la abtoridade do sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas foy presente et a pidimiento dos sobreditos esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade que he tal.