GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

385
1372, abril, 5
foro

Os clérigos do coro afóranlles a catro voces a Afonso Álvarez Ouxea, escudeiro, e á súa muller, Costanza Rodríguez, unhas casas na rúa dos Arcediagos por 3 libras.

ACOu, Fábrica II, 640

Sabbean quantos esta carta viren que eu Johan Anes capelam da capela de Santa Ouffemia et procurador que soon dos clerigos do coro da igleia d’Ourense, por elles e en seu nomme, dou e outorgo a foro a vos Affonso Alvares Ougea escudeiro et a vossa moller Costança Rodrigues que non he presente e a quatro voses apus a morte do postremeiro de vos assy que o postremeiro que de vos finar nomee a primeira vos et a primeira nomee a segunda vos et a segunda vos nomee a terçeira vos et a terçeira que nomee a quarta vos et vaam huna pus outra por ordem suçessive, todo o foro e dereito que os ditos clerigos do coro am et lles perteeçen de aver en hunas casas que estam en Ourense enna rua dos Arçidiagos, as quaes pertençen aa capela de Sayohane de que he teedor Affonso Fernandes coengo da igleia d’Ourense et as quaes vos teedes afforadas do dito Affonso Fernandes per Ruy Gonçalves notario d’Ourense. Dou vos a foro esto que dito he con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças per tal pleito e condiçon que apostedes e raparedes as ditas casas segundo que vos obrigastes ao dito Affonso Fernandes porla dita carta de foro que vos delas feso, et dedes e paguedes ende aos ditos clerigos do coro de foro cada huun anno en paz e en salvo por dia de Sam Martiño do mes de novenbro tres libras de diñeiros brancos ou a contia delas enna moeda que correr chamente per lo tenpo, et do al que aiades esto que sobre dito he de disemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo, et se quiserdes vender, deytar ou supinorar esto que sobre dito he ou parte delo que primeiramente frontedes aos ditos clerigos do coro que o tomen por lo justo preço que outre por elo der, et non no querendo elles tomar enton o vendede, deytade ou subpinorade a atal pessona que seia vossa semildue e que cunpla e agaorde as condiçoens desta carta. Et para vos os ditos Affonso Ougea e Costança Rodrigues vossa moller e as ditas vossas vozes seerdes defesos e enparados a dereito enno dito tenpo con este dito afforamento obrigo vos todos los beens da unyverssidade dos ditos clerigos do coro. Et eu o dito Affonso Ougea que soon presente por min e por la dita myña moller que non he presente et polas ditas voses commo sobre dito he assy reçebo de vos o dito Johan Anes este dito foro que me aforades commo dito he. Et para apostar et reparar as ditas casas et faser delas aos ditos clerigos do coro o dito foro cada anno por lo dito dia segundo sobre dito he obrigo todos meus beens e da dita miña moller movyles e rayses gaanados e por gaañar. Posto fuy e outorgado ontre as ditas partes que qual quer delas que contra esto passasse e ho non conprisse e agoardasse que peytasse aa outra parte que o conprir e agoardar quisesse por nomme de penna çem mrs. de brancos, et a dita penna pagada ou non que esta carta e o que se en ela conten que valuesse et ficasse firme enno dito tenpo. Feita a carta em Ourense, çinco dias do mes de abril, era de mill e quatroçentos e dez annos. Tests. que foron presentes Martin de Montes raçoeiro da igleia d’Ourense, Gil Rodrigues de Villamarin, Vasco Rodrigues o Bravo, Afonso Conde escudeiro, Gonçalvo Peres da Bahua vesiño d’Ourense, Joan Fernandes clerigo do coro, Affonso Vivyaez omme de Affonso Fernandes o coengo e outros.

Et eu Ruy Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar que a esto presente fui e en miña presença o fige escripvir et meu nome e meu sinal aqui puge em test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das casas que foron de (...)

en que mora sua filla.

Carta das casas da rua dos Arçedianos.