GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1079
1449, febreiro, 16. Lugo

O arcediago de Sarria, con poder do bispo, afóralles a Fernán Mourence e a dúas voces tódalas herdades da igrexa lucense na aldea de Carballido, freguesía de Santalla de Esperante, por renda anual de dez tegas de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/22, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 210 mm.
   

Sabeam quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo, por poder que ey et teno de meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, para faser ho de iusso contiudo, veendo et entendendo que he proveyto do dito senor Obispo et sua iglesia aforo a vos, Fernan Mourençe, morador en a aldea de Carvallido, et a outras duas perssonas depus de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada en sua vida ou a tempo de seu finamento, et non seendo nomeada que seia perssona aquela que de dereito herdar seus bees de dereito ou a mayor parte deles, conven a saber que vos aforo todas las herdades et casas et arvores et formaes que iasen en a aldea de Carvallido, que son sub signo de Santa Alla de Asperante, as quaes son et perteesçen a o dito senor Obispo et a sua iglesia, segundo que as vos agora labrades, a a tal pleito et condiçon que labredes et façades labrar as herdades do dito lugar et as tenades ben labradas et as casas cubertas et en boo paramento vos et as ditas personas, et avedes de dar de foro et pensson, en cada hun ano, en esta maneira que se sigue a huna maao oyto teegas de pan, et a outra maao dos teegas de pan linpas de poo et de palla por midida dereita do dito lugar postas en o dito lugar, segundo et a o tempo que se pagan os outros foros do dito senor Obispo, os dous terços tenporaao et o terço serodeo. Et a pustrimeyra persona, que subçeder en o dito foro, que seia tiuda et obligada de se viinir mostrar foreira perssona do dia que subçeder en o dito foro fasta triinta dias primeiros segentes, et non no fasendo asy que por ese mesmo feito perga o dito foro. Et complidas et acabadas as ditas perssonas avedes de leyxar as ditas herdades et casas en boo paramento et libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo et sua iglesia con todos los boos paramentos que en elas foren feitos.

Et eu, o dito Fernan Mourençe, que presente soo asy reçebo o dito foro para min et para as ditas perssonas, et obligo a min et a meus bees et a os bees dos que subçederen en o dito foro por personas de o atender et conplir et pagar todo asy, segundo dito he. Et eu, o dito Gonçalvo Peres, en o dito nome asy vos lo outorgo et obligo os bees da dita iglesia de vos faser sao et de pas este dito foro por lo dito tempo das ditas perssonas. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que faça desto duas cartas de foro anbas feitas en hun thenor, et por mayor firmesa firmey a carta de vos, o dito Fernan Mourençe, de meu nome et mandeyha seelar con o seelo do dito senor Obispo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o paaço do dito senor Obispo, des et seys dias do mes de fevreiro, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Johan da Encabalgadoyra, et Roy de Paderne, et Afonso Yanes de Pingos, et outros.

Et eu Afonso Yanes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et esta carta escripvi et fis en ela meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.
Afonso Yanes, notario.

Presentado ante min senor don Alfonso Enrriques, Obispo de Lugo, en seys dias de março de LXX VII anos. Mandole el dicho senor Obispo poner aqui el pan so pena de seysçientos maravedis.