GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1325
1480, febreiro, 23 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a tres voces o casal e muíño de Penoucos na freguesía de San Fiz de Muxa, por renda anual de 120 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337, nº 2, perg. orix., galego, cortesá, 330 x 260 mm; Cód. 419 B, f. 63 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nonbrados, seendo juntos en noso cabilldo en a Capela de San Vertolameu, que he dentro en a dita iglesia, chamados per soon de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, por quanto o casal et moynos de Penoucos esta todo mal reparado et as casas do dito lugar et casal se queren caer, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores damos aforo et averbo a vos Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a dita iglesia de Lugo, o dito casal et herdades et casas del et moynos con todas suas casas et casares et herdades et moynos et presa deles et agoas vertentes et estantes et correntes et rio et pesqueyras et monte et termino, segundo todo esta junto et apresado sito et locado en la dicha aldea de Penoucos su el signo de San Fiis de Muja. El qual dicho foro vos fasemos a vos el dicho Gomes Garçia, arçediano de Deçon, et a otras tres personas despois de vos, una qual vos nombrardes o quiserdes en vosa vida o al tiempo de voso finamiento, et la otra que nombrar aquela que por vos for nombrada et asy de grado en grado fasta que seian acabadas et conplidas as ditas tres personas despois de vos, et non seendo por vos nomeada persona que seia persona deste foro quen erdar vosos bees de dereyto o la mayor parte deles, et asi das outras personas despois de vos. O qual dito foro vos fasemos a tal pleito et condiçon que labredes et façades labrar las herdades do dito lugar et morar las casas del, et que tenades los ditos moynos, o algund deles, moentes et correntes. Et asi que dedes et paguedes de foros dos aniversarios desta dita iglesia, cuios son os ditos moynos et casal et herdades, vos et vosas personas çento et viinte maravedis de moeda vella, contando tres brancas vellas et un dineyro por cada moravedi, et que os pagedes en esta çiudad de Lugo por cada dia de San Martino de nobenbro. Et que cada persona que despois de vos, o dito arçediano de Deçon, suçeder en este foro seia tiuda et obligada de se viir mostrar et presentar ante nos, ou ante nosos suçesores, como he persona del fasta trinta dias primeyros seguintes, su pena de o perder. Et feniçidas et acabadas las ditas personas, despois de vos, que o dito lugar et casas et herdades del et moynos fique todo labrado et reparado et os ditos moynos, ou algund deles, moentes et correntes et as casas de todo feytas et cubertas et reparadas a os ditos aniversarios, cuio todo he, con todos los boos paramentos que en todo foren feytos.

Et eu o dito Gomes Garçia, arçediano de Deçon, que presente estou por min et por las ditas personas asy resçebo de vos en foro, os ditos senores do dito cabilldo, o dito lugar et herdades et casas et casares et monte et çebeyro et termino et moynos de Penoucos por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et por los ditos çento et viente maravedis vellos, en cada un ano, pagos en esta dita çiudad a o rendeyro et colledor das rentas dos ditos aniversarios por dia de San Martino de nobenbro en cada ano, et con todas las otras condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees, mobles et rayses, et das ditas personas de o teer et guardar et conprir et pagar todo asy.

Et nos, o dito cabilldo, asy vos lo otorgamos, çerca do qual mandamos delo faser et otorgamos duas cartas de foro anbas en un thenor una para vos o dito Gomes Garçia, arçediano, et vosas personas et outra para nos, o dito cabilldo, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito arçediano, con noso seelo pendente.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en a dita yglesia et lugar dia miercoles, viinte et tres dias do mes de febreyro, ano do nasçemeento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et oytenta anos.

Foron presentes a outorgar este dito foro et outorgaron en el: don Juan Afonso, chantre; don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia, juis; et don Gomes Arias, thesoreyro; et Diego Vasques, et Juan Arias de Parga, et Pedro de Mera, et Rui Dias do Freyxo, et Afonso Martines de Galdo, et Gomes Fernandes, et Andres Gonçalves, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Johan Arias, raçoeyro; et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia et rendeyro dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Fernando Yanes de Sant Jullao, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con os ditos testigos presentes foy et esta carta de foro, segundo que por ante min pasou et por los ditos senores do dito cabildo foy outorgada, fise escripvir seendo ocupado de outros negoçios, et a pedimiento do dito arçediano de Deçon aqui puje meu nome et signo en testimonio de verdade que tal he.

Fernando Yanes, notario (signo).