GMH/ÍNDICE A-Z

164

marzo, 22

Rodrigo Afonso de Touro, Nuno Patiño e Afonso Enríquez, notarios, e Álvaro de Sobrado, fan contrato para tomar, cada un na súa cuarta parte, a renda da alcabala do pan deste ano, que ata este momento tiñan Rodrigo Afonso e Nuno Patiño. (fols. 51v-52)

Rodrigo Afonso, Afonso Anriques, Nuno Patiño, Alvaro de Sobrado.

A XX II dias do mes de março, Rodrigo de Touro et Nuno Patiño et Afonso Anriques notarios e Alvaro de Sobrado, todos quatro presentes, feseron e outorgaron contrauto entre sy en esta maneira, que por rason que o dito Rodrigo (fol. 51v)
Afonso tiña arrendada as duas terças partes da alcavala do pan desta dita çidade deste dito anno et o dito Nuno Patiño outro terço, por ende que elles que tomavan ontre sy a dita renda, cada hun a quarta parte en esta maneira, que o dito Afonso Anriques que aja hun quarto et et Alvaro de Sobrado outro quarto et o dito Rodrigo Afonso outro quarto et Nuno Patiño outro quarto, para o qual todos quatro, cada hun en sua quarta parte asy se obrigaron, cada hun por lo dito quarto da dita renda, enno preço et contia de mrs. por que a o dito Rodrigo Afonso tiña posta en preço, et de pagar cada hun a dita quarta parte dos ditos mrs. en que a o dito Rodrigo Afonso tiña posto, aos praseos e terminos e su as pennas que a o dito Rodrigo Afonso tiña arrendada e de os pagar a noso señor el rey e a seus recadadores aos ditos praseos e terminos e su as ditas pennas etç. Sobre lo qual outorgaron todos quatro contrauto forte e firme e desaforado, cada hun en sua quarta parte etç. Tests. Afonso Gomes alfayate et Ares Fernandes alfayates vesiños d’Ourense et Fernando Peres correyro.

En este dito día e ora e por estas tests. feseron todos quatro juramento en forma de coller e recadar a dita renda sen fauta e sen bulra nen engano alguun e sen outra maneira de bulra, sopenna de ynfames e fe e perjuros etç. Tests. os sobre ditos. (fol. 52)