GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

65

1418, febreiro, 1121  
Ordenanzas sobre pesos e medidas para que se concerten todas para seren usadas ben e verdadeiramente.
Ordenanzas sobre vodas, bautizos, entradas en casa, ou misa nova ou Evanxeo.
O Concello cumprindo as Ordenanzas do arcebispo Don Lope, designa como homes bos para que no nome da comunidade estivesen presentes nas posturas e repartimentos, xunto cos procuradores, a Ares Chantreiro, Juan García de Villarente, Juan Durán, Gil Pérez, García Rodríguez e Miguel Rodríguez do Vilar.

Enna çidade de Santiago, dia esta feira honse dias do mes de fevereiro, anno do Naçemento de Noso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto annos, este dito dia, seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines notario da dita çidade, por crida de anafil segundo que han de uso et de costume, presentes ende Martin Galos et Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines et das testemoyas infra escritas, logo enton o dito conçello et alcalles et regidores et omes bõos sobreditos diseron que por quanto entendian que esto adeante contiudo era feito et ordenado en proveito da dita çidade et dos vesiños.
 
Enna çidade de Santiago dia esta feira, honse dias do mes de fevereiro anno do naçemento de Noso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto annos, este dito dia, seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da dita çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade, por crida de anafil, segundo que han de uso et de costume, presentes ende Martin Galos et Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, jurados et regidores enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas infra escritas, logo enton o dito conçello et alcalles et regidores et omes bõos sobreditos diseron que por quanto entendian que esto adeante contiudo era feito et ordenado en proveito da dita çidade et dos vesiños et moradores dela, que agora eran et fosen de aqui adeante et eso mesmo porque esta dita çidade se mantiiña de acarreo et de cada dia ocurrian et viina a ela moytas personas de diversas parte que viiña a vesitar o corpo do ben aventuradi Apostollo Santiago; por ende et porque as taes personas ouvesen ygoal mercado de todas las cousas que a ela se viesen a vender et vendesen para proveemento et manteemento de todos, que acordavan et acordaron de poẽr regimento et regla çerqua das ditas vendições et cousas, porque as personas que as vendesen et trouxesen a vender non encargasen suas conçiençias por las vender por mayores preços do que valiesen et os que as conprasen ouvesen ygoal mercado, a qual ordenança diseron que feseran et fasian por mandado de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo de Mendoça et con acordo de Vaasco Marques, cardeal de Santiago et de Juan Davila, coengo enna dita iglesia, justiças clerigas este dito anno, que presentes estavan, as quaes ordenanças logo deron en escritura a min o dito notario et das quaes o thenor he este que se sige:
Primeiramente ordenaron et mandaron que se venda o pan cosido en esta maneira, que quando valuer a oytava do trigo a saseenta maravedis que façan as paadeiras pan de dineiro que pese seis onças desque for cosido et que seja o dito pan bõo et ben cosido et dende ajuso et dende arriba a este respecto segundo valuer a oytava do triigo. Iten que se venda a libra de carne viinte onças por libra a dous dineiros et o quarto de carne que seja bõo a des blanquas. Iten que se venda o pescado en esta maneira: a libra dos sacadores et das sollas et dos bodiõos et dos polvos et das fanequas et das rayas et das langostas //
(Fol. 29 vº)
et das sibias et das luras a tres dineiros a libra. Iten a libra dos corvelos et mugẽes et robalos et robaliças et tẽes et vesugos et douradas et evo et praginãao a quatro dineiros cada libra.
Iten a libra dos rodavallos et do mero a seis dineiros cada libra. Iten a libra das ostras paradas a seis dineiros cada libra. Iten as pescadas frescas et congros frescos que se vendan a ollo rasonablemente. Iten as ostras cascudas, tres a dineiro et çerqua do dito pescado fresco que se venda segundo esto susodeclarado et segundo a outra ordenança que fui feita por lo dito conçello et outorgada por las pescadeiras. Iten a leña que se venda en esta maneira: a carrega de leña seca que seja boa carrega a seis branquas et dende ajuso a este respecto segundo for a carrega. Iten a carrega dos çerqueiros et de outra leña verde a quatro blanquas. Iten o carro de leña a viinte blanquas que seja ben cargado et dende ajuso segundo for o carro da leña et que desto seja a vista de cada ũu dos alcalles ou jurados ou procuradores da çidade que primeiro poder sẽer avido. Iten, billardos oyto a dineiro. Iten que se venda a ferrajẽe et ferramenta en esta maneira: a ferradura do cavalo lançada enno pẽe, a quatro blanquas. Iten a ferradura mular et dos albardõos lançada enno pẽe a tres blanquas et hũu coroado. Iten cada lançada enno pẽe do cavalo hũa blanqua et dous coroados. Iten cada referrada mular et albardooes lançada enno pẽe hũa blanqua et hũu coroado. Iten o machado novo, trese blanquas et hũu coroado. Iten a fouçe nova dous blanquas. Iten o arado novo dos blanquas. Iten o legon novo trese blanquas et hũu coroado. Iten cada referrada lançada enno pẽe do cavalo hũa blangua et dous coroados. Iten o calçamento do arado çinquo blanquas. Iten acalçar o legon seis blanquas et dous coroados. Iten que se vendan os çapatos en esta maneira: os çapatos de corda para sobre calça que non sejan muy altos a trese blanquas et hũu coroado. Iten çapatos de ome de pẽe et de lavrador trese blanquas et hũu coroado. Iten tacoes para estes çapatos seis blanquas et dous coroados. Iten çapatos para moços pequeños de quinse annos ajuso des blanquas. Iten tacoes para estes çapatos, quatro blanquas. Iten çapatos para ome ou moller solados et sobresolados viinte blanquas. Iten por solar calças des et seis blanquas et dous coroados. Iten por encabeçar botas et borçeguis con suas solas, trese blanquas et hũu coroado. Iten que o par dos capõos bõos çevados vallan viinte blanquas. Iten o par de capõos de pena quinse blanquas. Iten o par das galiñas, des blanquas. Iten o par dos polos et polas, seis blanquas et dous coroados. Iten o par das perdises et perdigoes dose blanquas. Iten o par das perdises et perdigoes dose blanquas. Iten o pato çevado des blanquas. Iten o pato vivo, seis blanquas. Iten arçeas et poonbos troquados, cada ũu duas blanquas. Iten outros poonbos miudos et tortoras cada hũu hũa blanqua. Iten tordos et melrras cada hũu a coroado. Iten petos et pegas et agoanetas a quatro coroados cada ũu. Iten pasaros miudos et ouos a coroado. Iten que os carpenteiros et pedreiros que leven por jornal cada dia de lavor desde quinse dias //
(Fol. 30)
d’oitubre ata quinse dias de março quatro maravedis por cada jornal et desde quinse dias de março ata quinse dias d’oytubre çinquo maravedis por cada jornal et que lles den de comer. Iten que destas ditas cousas et cada hũa delas que non leven os que as asi venderen mayores preços desto susodeclarado, salvo desde ajuso segundo se ygoalaren et que todas las personas et ofiçiaes dos ofiçios susoditos que sejan tiudos de faser et de vender et husar et levar cada hũa das ditas cousas so pena de seseenta maravedis a cada hũa que o non quiser asi faser et conplir por cada bes et de jaser enna cadea triinta dias et que destas penas que seja a terça parte para os alcalles et os dous terços para o muro da çidade et se os ditos alcalles foren neglijentes en demandar et executar as ditas penas que qualquer outro que ante os ditos alcalles o acusar et eles foren neglijentes que o tal acusador aja a dita terça parte da dita pena en que asi encorrer o que feser o contrario et os outros dous terços que sejan para os muros do conçello.
Outrosi mandan que os alcalles da çidade con a justiça clerigas de cada anno façan conçertar todas las medidas et pesos do pan et do vino et da carne et do aseite, porque de aqui endeante usen delas ben et verdadeiramente.
Iten ordena mais o dito conçello, que qualquer que feser voda ou batisterio o entrada de casa ou diser misa nova ou Avangeo que non de aves nihũas de comer a nihũa persona que asi convidar para cada hũa destas honrras et cousas que asy quiser faser et fasendo o contrario que qualquer persona que o asi feser que page por pena por cada ves que feser o contrario seisçentos maravedis, o terço para o acusador et os dous terços para o muro do conçello.
Esta ordenança susodita fas o dito conçello por mandado espal de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo, o qual a confirmou et mandou que se conprise et gardase, segundo que se en ela conten. As quaes ditas ordenanças presentadas et liudas et publicadas enno sobredito lugar por min o dito notario, o dito conçello et alcalles et regidores et omes bõos sobreditos et os ditos Vaasco Marques et Juan Davila, justiças clerigas diseron que as avian por firmes et estables et que querian et mandavan que fosen cunplidas et agardadas et que se conprisen et agardasen de aqui endeante en quanto fose voontade do dito conçello segundo et enna maneira que se en elas contiinan et de mais porque a dita regla et ordenança fose mellor cunplida et agardada et algũo no podese dolo alegar inorançia que mandavan et mandaron a Domingo Longo, servente et pregoeiro do conçello da dita çidade que presente estava que altas voses et con anafil tangido pregoase todo o contiudo enna dita ordenança por las plaças et mercados da dita çidade.
Esto fui enno dito lugar, dia et mes et anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Peres Abril, Gonçalvo de Covas, Fernan Juliate, Juan Pose, vesiños da dita çidade. Pero Leiteiro et Alvaro Gil, procuradores do dito conçello.
Iten desposis desto en este dito dia o dito Domingo Longo en presença de min o dito notario et das testemoyas infra scritas pregou altas voses con anafil tangido todas las cousas et cada hũa delas enna dita ordenança contiudas, en Quintaa de Paaços plaça publica da dita çidade et diso et dou fe que assi a pregoara por las outras plaças da dita çidade. Testemoyas que foron presentes ao dito pregón: Afonso Fiel, oulives, et Alvaro Reyno, canbeador, vesiño da vila et Fernan Vieytes et Sueiro da Enfesta, moradores enna dita çidade. //
(Fol. 30 vº)
Predito. O dito conçello et alcalles et regidores et omes bõos sobreditos diseron que por quanto noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo de Mendoça por proveito comuu et bõo regimento da dita sua çidade lles dera regimento et regla de como se avia de reger a dita sua çidade enno qual regimento et ordenanças por el feitas et mandadas gardar entre las outras cousas en elas contiudas et declaradas se contiinan hũa clausula que desia asi: “outrosi ordena et manda o dito señor arçobispo que por prol da comunidade sejan tomados et elegidos quatro homes que esten con os procuradores aas posturas et derramamentos de todas las quantias de maravedis que se ouveren de poer et derramar enna dita sua çidade et a o tomar das contas et que non se posan poer nen derramar maravedis algũos enna dita sua çibdade nen tomar as ditas contas sen os ditos homes bõos que asi foren elegidos et tomados sẽer presentes enna mayor prol deles, etc”. Por ende que eles en cunplindo o mandado do dito señor arçobispo sobresta rason feito que elegian et nonbravan a estas personas que aqui dira, conven a saber: por parte dos mercadores et dos outros oficios et comonidade da dita çidade Ares Chantreiro et Juan Garçia de Vilarente et Juan Durán et Gil Peres et Garçia Rodriges. canbeador et Migell Rodriges do Vilar, vesiños da dita çidade para que doje este dito dia fasta hũu anno conplido estevesen presentes con os ditos alcalles et regidores et procuradores ao tomar das contas et ao repartimento de quaesquer maravedis que en este dito tenpo se ouvesen de dar et repartir et derramar enna dita çidade et que mandavan et mandaron aas ditas personas suso nonbradas et por eles tomados et elegidos que veesen aos conçellos et consistorios que en este dito anno se ouvesen de faser quando et cada que se fesesen posto que non fosen requeridos sobre elo so pena de seseenta maravedis a cada hũu que pagase por pena por cada ves que o asi non fisese et cunplise. Esto fuy enno dito lugar, dia et mes et anno sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Peres Abril et Gonçalvo de Covas et Fernan Juliate et Juan Pose vesiños da dita çidade et outros.
Á marxe do folio hai unha nota que di: 
 Por esta nota se ha de faser o auto de quando eligisen en cada ũu anno as personas que an de estar presentes con os jurados et alcalles et procuradores ao tomar das contas et a o repartimento de quaesquer maravedis que enna dita çidade se ouvesen de repartir et derramar et dar segundo se conten enno regimento sobresta rason feito por noso señor o arçobispo.


21 Deixouse sen rematar e repítese na partida seguinte. 


Materias

aceite; alimentos; apeiro; Apóstolo; arado; aves; bautismo; besta; branca; cabalo; calzado; capón; cárcere; carne; carpinteiro; carro; construción; conta; coroado; diñeiros; evanxeos; ferradura; ferramenta; ferro; fisco; galiña; labrego; leña; mandamento; manual; marabedí; marisco; medidas; mercado; misa; moeda; mozo; mula; muralla; neno; ordenanza; ostra; ovo; pan; panadeira; pedreiro; peixe; peixeira; pena; pescada; peso; polbo; pregón; prezo; procurador; publicación; repartimento; rexistro; robaliza; romaría; tributo; trigo; voda; xornal; xustizas; zapateiro; notaría

Persoas

Domingos Longo, pregoeiro; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fiel, ourive; Álvaro Reino, cambiador; Álvaro Xil, procurador do concello Santiago de Compostela; Ares Chantreiro; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando Viéitez; Fernando Xuliate; García Rodríguez do Vilar, cambiador; Gonzalo de Covas; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Martiño Galos, alcalde de Santiago de Compostela; Martiño Serpe, rexedor de Santiago de Compostela; Miguel Rodríguez do Vilar; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Sueiro da Enfesta; Vasco Martínez, cardeal de Santiago de Compostela; Vasco Pérez Abril; Xil Pérez; Xoán Ares da Cana, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Dávila, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán Durán; Xoán García de Vilarente; Xoán Pose; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Praza da Quintana; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, cabido

Lugares

Santiago de Compostela