GMH/ÍNDICE A-Z

390
1339, outubro, 24. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo solicitan a presenza en Lugo do Mestre Martiño, físico, e comprométense ao pagamento de 500 marabedís; asemade, reclaman a súa axuda para buscar dous bachareis en gramática.
 MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 59r.

Conosçuda coussa seia a todos commo nos Diego Ferrnandes, dayam, et o cabidoo de Lugo, conven a saber: Fernando de Deus, chantres, Alvar Dias, arçidiago de Neyra, Arias Pellaes, arçidiago de Deçon, Vaasco Dias, tesoreyro, Affonso Gomes, Vaasco Peres, Fernando Affonso, Iohan Diaz, coengos; Iohan Ferrnandes, Lopo Domingues, Diego Gomes, Rodrigo Affonso, raçoeyros, iuntados por campaa taniuda enno coro da dita iglesia çertificados da composiçon et obligaçon que fesemos a vos Mestre Martino, fisico, porque morasedes en Lugo [...]sede de nos, segundo esto mays compridamente se conten en huna carta scripta en papel et seellada con seello de noso sennor obispo et noso, et outrosy en hun estromento \feito/ por Fernando Peres, notario de Salamanca, en que se conten a obligaçon, sobre esta razon, feita entre nos et vos por Tomas Gomes, clerigo do coro de Lugo, et nosso procurador, que o feso por noso mandado, da qual carta et estrumento se en fin desta carta conten o traslado. Por fasermos graçia a vos, Mestre Martino iadito, et por que seiades mays çerto da dita obligaçon et rason da medea coensia de que vos proveemos ata aqui por la dita composiçon, quanto a nos tange et en nos he, nos todos et cada hun de nos por nos et por nossos suçesores confirmamos a dita composiçon et obligaçon que vos foy feita por lo dito Tomas Gomes et iuramos a os santos avangeos, corporalmente taniudos con nosas maos, que nos que vos proveamos en toda vosa vida da dita medea coensia de pan et de vinno et de dineyro, segundo que se conten na dita carta et estrumento et vos proveemos ata aqui segundo que se na dita composiçon conten.

Et outrosy prometemos-vos de vos dar o pan da coenga et o vinno en dineiros desta medea raçon, segundo que valuer por los tempos dos meses et que nos soyamos pagar a os meseyros por vos que vos la amiistravan; outrosy vos damos mays de graçia huna raçon de aniversario que vos provean dela en presença et en absença segundo que vos proveen da dita medea coensia. Et vos que nos guardedes todavia as condiçoes que se nas ditas carta et estrumento conteen et que na vossa vida seiades vos obligado a nos segundo nos a vos obligamos. Et outrosy que visitedes os coengos de aniversario da iglesia segundo seu estado.

Et eu o dito Mestre Martino asi o outorgo a comprir. O tenor da carta et instrumento sobreditos he este que se sigue: «Mestre Martino, nos lo bispo de Lugo et o dayan et cabidoo desse lugar, vos enviamos moyto seudar. Fasemos vos a saber que Afonso Gomes et Vaasco Diaz, nossos coengos, nos disseron moyto ben de vos et de vossa sciençia et de vosa maneira, et a nos comprianos aqui moyto hun bon fisico et queriamos ante y a vos que sodes natural d’aqui ca a outro estrayo. Et por estas rasoes enviamos ala a vos Tomas Gom,s noso clerigo et noso procurador, et rogamos vos que o creades do que vos disser de nosa parte. Et a creença que vos ha de diser he esta: Nos o bispo prometemos-vos que vos demos de cada anno quinentos moravedis et que vos proveamos de benefiçio que os valla quan çedo nos lo Deus guisar et vos demos de vistir et de comer et çevada para huna bestea et casas en que moredes. Et nos lo dayan et cabidoo darvos hemos logo raçon da medea coensia ata que ela vagar para a poernos en vos mays quando acaesçer en esta iglesia. Et todo esto vos faremos en tal guisa que fiamos de Deus que passaredes ben et onrradamente en esta terra onde sodes natural, et rogamos-vos outrosy que aiudedes a este noso procurador a catar hun bacheler ou dous, ben sutiis et sufiçientes, en gramatica et o avenades con elles enno preço que virdes que he cumunal, et lle seiades tiudo do dito preço en maneira que o tragades convosco ou nos lo enviedes logo se vos tan agina non poderdes viir. Et nos nos obligamos por esta nossa carta a comprir todo esto que sobredito he et a pagar todo esto que se en ela conten. Outrosy vos rogamos que traigades quantas peças poderdes aver et espeçialmente as do Especulo et as do arçidiago. Et nos o bispo vos rogamos que nos traigades hun livro sexto boo, se o avedes ou o achardes a comprar, et nos voa daremos aquelo que entenderdes que val. Et que desto seiades çerto enviovos esta carta aberta seellada con nossos seellos en costa.

Que fuy feita en Lugo XXIIIº dias d’outubre, era de mill CCCos LXXª et sete annos. Johannes episcopus.

Sepan quantos esta carta viren commo yo Tomas Gomes, clerigo del coro de la iglesia de Lugo, et procurador del onrrado [...] don Iohan, por la graçia de Dios et della santa apostolical, obispo de Lugo, et del dean et del cabildo desa iglesia, por el poder que yo ey dellos por huna procuraçon fecha por Ruy Fernandes, notario publico en la dicha çibdat en Lugo por la autoridade del obispo, et signada con su signo et otorgada et signada del signo de Arias Peres, notario publico en la dicha çibdade, el thenor de la qual es este que se sigue: