GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

56

xaneiro, 24

Álvaro Pérez solicita a Domingo Anes, fiel de Mende, o libro das alcabalas dese lugar, para realizar as avinzas, que estima en 1.500 mrs. (fol. 18)

Yuda Peres, Alvaro Peres.

En este día Alvaro Peres tomou testemunyo contra Domingo Yanes, fiel de Meende, que por rason que lle avya requerido que lle dese o libro das alcavalas de Meende para el faser as ditas aviinças, senon que estima o miudo das aviinças mill et quinentos mrs. vellos etç. et o dito Domingo Yanes diso que o daría de mañaa et o dito Alvaro Peres diso que se llo dese que o tomaria, senon que protestava ut supra. Tests. Joan criado de Pero Lopes carpenteiro e Gonçalvo Afonso de San Giines.