GMH/ÍNDICE A-Z

D119
1459, abril, 23

Sentenza pola que Álvaro de Abral e Vasco, zapateiro, dunha parte, e Diego de Pazos, pola outra, deben nomear senllos homes bos que determinen o debate que pende acerca de estragos causados por bestas nas viñas. (fol. 36)

Diego de Paaços.

En este dia et por estes tests. mandaron por sentença Alvaro d’Abral et Vasco Çapateiro que ata de manaan en todo día posesen hun omen boon por sua parte et Diego de Paaços outro, en rason da viña que lle astragaran con suas bestas, et todo mal et astrago que os ditos omes boons en elo determinasen que lles mandavan que llo pagasen con as costas. (fol. 36)