GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D171
1459, maio, 8

Avinza entre Ares de Prado e Afonso de Merza na demanda do foro dunha casa e adega que o primeiro presentara ao segundo, porque lle comprara a un terceiro os ditos bens coa súa carga, sendo este ignorante desta, polo que se acorda a invalidación da venda, de maneira que Ares de Prado perciba o foro e Afonso de Merza pague o que se debe polos dous anos pasados. (fol. 52-52v)

Et logo en este dito e ora e por estes tests. os ditos Ares de Prado et Afonso de Merça feseron aviinça e conpostura en esta maneira, que por quanto o dito Ares de Prado demandava ao dito Afonso de Merça o foro da sobre adega que esta e perteesçe a dita casa et adega, o qual dito foro son seys lybras, o qual ha de pagar Gonçalvo Magosto, o qual o dito Ares diso que avia demandado o dito foro ao dito Gonçalvo Magosto et llo enpachava o dito Gonçalvo Magosto por parte do

dito Afonso de Merça, disendo que llo vendera et o dito foro (j)* estava ja dante vendido con (o foro)* a dita adega, et o dito Afonso de Merça diso que non sabya a parte do dito foro que conprara o dito Ares de Prado, por lo qual o vendera ao dito Gonçalvo Magosto, por la qual a dita venda non vallya, por seer ynorante delo, (et)* por ende o dito Afonso de Merça (deu poder con)* leixou et desenbargou livremente agora e para senpre ao dito Ares de Prado o dito foro et adega para que o podese demandar ao dito a Gonçalvo Magosto et el era prestes delle tornar seus dños. de conpra, para o qual o dito Ares de Prado o reçebeu asy et se obrigou de quitar a pas et a salvo do dito foro e casa e adega do dito Gonçalvo Magosto et de sosobyr o pleyto delo por sy e por suas costas et delle pagar XL.das costas que tina feito sobre elo et mays triinta et dous que devia o dito Gonçalvo Magosto dos (fol. 52)
dous annos pasados, et anbos asy se obrigaron por sy e por sy e por seus beens et su a dita pena, contrauto forte e firme con consello de leterados. Tests. os sobre ditos.