GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-50
1437, abril, 3
Avinza con Xoán Rodríguez de Zaame, recibido por veciño exento de impostos a cambio do pago anual de 20 mrs. (fol. 33-33v)

Carta de aviinça de Joan Rodrigues de Çaame. Feita e dada.

En este día e ora, ennas ditas casas do dito Garçia Dias, os ditos juises et rejedores et procurador feseron aviinça a Joan Rodrigues de Çaame por todo tenpo de sua vyda en esta maneira: que more enna çidade se quiseer et que o reçeben por vesiño et que page de cada huun anno viinte (fol. 33)
mrs. de moeda vella branca en tres dños., os quaes viinte mrs. ha de pagar enna rua onde morar para ajuda dos pedidos et tallas conçelavelles que se deytaren e derramaren enna dita çidade enna rua onde morar, et non avendo y pedidos que os page por día de San Martiño ao procurador do conçello para os mesteres do dito conçello, e do al que seja franco e quite e ysento de todoslos outros trebutos et pedidos e moedas que se deytaren e derramaren enna dita çidade et de tallas conçellaves etç. et gose de todoslos privilegos et franquezas da dita çibdade etç. et seja obediente ao dito conçello etç., e as partes asy se obrigaron etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Afonso Gomes d’Allaris et Afonso de Fonte Arcada, Rodrigo Coello et Diego de Balboa notario.