GMH/ÍNDICE A-Z

146

1430, xaneiro, 20. San Martiño de Mondoñedo.
Auto polo que o administrador perpetuo e bispo da diocese de Mondoñedo, don Pedro Enríquez de Castro (1427-1445), aproba os Cabidos ós que non concorra o deán ou o seu vigairo.
A, papel, cosido sobre un pergamiño de letra impresa, que contén unha bula da Santa Cruzada, de 155 x 290 mm. Letra semigótica.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 195.

Don Pedro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma administrador perpetuo da iglesia et obispado de Mondonedo por quanto a min he dito et denunçiado / que os benefiçiados et personas da dita minna iglesia quando alguas veses queren faser ajuntamento et capitolo sobre seus negoçios et cousas a eles prouei/tosas ou conuenientes ou de neçesario se requiren et fasendo para elo tanger sua canpaa segun seu custume et estilo que o dean da dita iglesia Pedro Mari/nno de Lobeira que quando lle non plas de yr ao dito capitolo que non quer ala yr nen da vicario nen escusador para ello segundo he tiudo de dereito et de custu/me por lo qual os ditos benefiçiados et personas çesan de faser o dito ajuntamento et capitolo et se asi pasase seguir se lles ya delo gran dapno por / ende que cada et quando que os ditos benefiçiados et personas queseren et concordaren ou lles for nesçesario conuenuel ou proueytoso de faser [...5] / ajuntamento et capitolo em seus lugares para elo deputados fasendo primeyramente tanger a dita canpaa segun seu costume et estilo que o fagan [...7] faser libremente et seendo o dito dean presente enna dita iglesia cathedral ou enna çiudad onde esta sita et non yndo ou enbiendo seu vigario ou [...10] / ou seendo ausente et non leyxando o dito vicario ou escusador para elo et seendo el \ou/ o dito seu escusador neglegente de yr ao dito capitolo que [...8] obstante a tal negligençia ou maliçia de cada hun deles seendo tangida a dita canpaa segundo dito he que o tal capitolo caso que o dito deam ou [...8] escusador ende non for presente sea valioso todo o que asi feseren et trabtaren enno dito capitolo et seja de tanto valor et actoridade commo se [...8] o dito deam ou seu vicario ou escusador a elo presente fose et en todo elo consentise et outorgase para o qual todo et para cada cousa et parte dela dou / minna actoridade et interpono meu decreto para senpre. En testemoyo desto mandei dar esta minna carta firmada de meu nome et firmada do nome de Ares / Gonçales meu contador et escriuanno dada enno meu lugar de Sant Martinno de Mondonedo viinte dias de janeiro anno Domini mi º ccccmo tricesimo. Eu o dito / Ares Gonçales escriui esta carta por mandado do dito sennor administrador et firmei. Petrus administrator mindoniensis perpetuus Rúbrica). Aqui meu nomme Ares Gonçales (Rúbrica).

(Reverso):
Carta do sennor don Pedro administrador da iglesia de Mondonedo que da poder aos benefiçiados da iglesia de Mondonedo que possan faser cabidoo en absençia do dean.