GMH/ÍNDICE A-Z

235

maio, 10

Gómez de Bóveda, escudeiro, e Leonor García, padroeiros da igrexa de San Xillao de Ribela, confirman a presentación en favor do clérigo Gómez Anes. (fols. 77v-78)

Gomes Yanes, pagou V brancas.

Sabean quantos esta carta de apresentaçon viren como nos, Gomes de Bobeda escudeiro, por min e en nome de meus yrmaaos, fillos de Estevo Yanes, et eu Lyonor Garçia, filla de Aldara Vasques, vesiña e moradeira enna çidade d’Ourense, anbos a dous presentes e outorgantes, damos e apresentamos a vos, Gomes Yanes clerigo reytor da igleia de San Gillaao de Ribella, toda apresentaçon e dereyto que nos avemos e nos perteesçe de dereito enna dita igleia de San Gillaao de Ribella, a qual vos dita apresentaçon vos ey nos ja tiñamos dada e apresentada en vos ao tenpo que vos foy feita collaçon da dita igleia et por ende vos damos e apresentamos toda a presentaçon e dereito que avemos enna dita igleia, asy como verdadeiros padroeiros que somos a terça parte e quiñon da dita igleia e estamos en posison da apresentaçon, e prometemos e outorgamos e fasemos juramento a este signal de + que con nosas ( fol. 77v)
maaos dereytas tangemos que desta vez nen ante nen despois que diemos nen presentemos a dita apresentaçon desta vez a outra nen por tenpo de vosa vida en quanto vos fordes reytor da dita igleia a outra persona nen clerigo nehuun salvo a vos o dito Gomes Yanes, et confirmamos a dita apresentaçon e collaçon que vos ja tinades feita da dita igleia etr se neçesario for de vos seer feita outra collaçon rogamos e pidimos a qual quer vigario que poder ouver de faser collaçon que vos la faça de todo o dereito e apresentaçon que nos avemos enna dita igleia, sobre lo qual vos outorgamos a dita apresentaçon por ante este notario por quen esta carta he feita a mays firme que poder seer notada. Que foy feita enna çidade d’Ourense, dez dias do mes de mayo do dito anno. Tests. Pero Lopes carpenteiro vesiño d’Ourense et Gomes da Rigeira e Gonçalvo Nunes moradores en Codeiro et Ares Gonçalves criado de Gomes de Bobeda. Feito X dias do dito mes.