GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

148
1315, xaneiro, 27
Rodrigo Eanes e outros véndenlles a García Fernández e á súa muller a súa herdade en San Xiao de Vilachá por 100 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/2, perg. orix., galego, gótica cursiva, 302x116 mm.

En nome de Deus. Eu Rodrigo Eanes dito Cao, morador en Vaamonde, por min et por Maria Eanes, filla que foe de Iohan Cao de Vaamonde, et por Iohan Eanes, fillo que foe de Martin Cao, et por Martin Cao et Iohan Cao, fillos que foron de Pedro Cao, yrmao da dita Maria Eanes, netos de Iohan Cao, por poder que aio para esto a vos, Garcia Fernandez, criado de Fernando Arias de Villafiic, et a Aldara Eanes vossa muller, de boo coraçon vendo todo quanto herdamento eu et estos sobreditos avemos et aver devemos por parte deste Iohan Cao, padre et avoo sobredito destes iaditos, sub signo de Sant Iullao de Villachaa, o qual herdamento he a terça parte do casal da Pena, que ha chamado dos Folias, cun todas suas pertenenças et dereyturas. Et reçebo de vos por esta vençon en preço cem moravedis en dineyros novees del rey don Fernando, do qual preço me outorgo por ben pagado.

Et obligo por todos meus bees a deffendervos senpre con esta vençon de paç, des oge mays avedeo senpre en paç vos et vossa vos pus bos todo outro poderio et senorio removudos.

Feyta a carta da vençon IIIIor dias por andar de janeyro, era de mill et CCC LIIIes annos, en tenpo del rey don Alffonso, bispo en Lugo don Rodrigo, moordomo Vaasco Fernandez.

Et eu sobredito vendedor esta carta outorgo et confirmo.

Os que foron presentes: Affonso Martineç dito Lebre, clerigo; Fernando Eanes do Sistelo; Duran Perez de Gonteric; Iohan Dominguez dito Calvela; Martin Iohannes dito Avastado, ts.

Et eu Pedro Iacome, publico notario de Lugo, presente fui et notey et escrivi esta carta et puge en ela meu signal. (+).