GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

315
1334, maio, 10. Lugo
Roi Martíns e a súa muller véndenlle ao racioneiro Xácome Eanes o que lles corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 560 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/22, perg. orix., galego, gótica cursiva, 189x385 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Ruy Martines de Barbayn con minna muler, Moor Domingues, filla de Luca Rodrigues, de bon curaçon et de boa livre voontade vendemos a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, duas teegas et mea de çenteo cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de San Viçenço de Pedreda con todo o iur do padroadigo et renda et iantar et vianda que nos a nos perteeçe enna dita iglesia et con todas suas dereyturas et pertenenças a qual renda sobredita nos perteeçe por nos et compra que conpramos et gaanamos de Fernan Fernandes, filo de Fernan Eanes de Barbaym. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon quinentos et sesaenta soldos d’esta moeda del rey don Affonso de que somos entregos et ben pagados, et renunçiamos a exçepçon do aver non contado, et obligamos nos et todos nossos bees de vos faser senpre esta vençon de pas, et renunçiamos et prometemos que nunca contra esto venamos, et para conprir et guardar façemos iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con nossas maos, et des oie mays este dia todo noso poderio et senorio ende seia sacado et removudo de nos et posto en vos.

Feyta a carta en Lugo des dias de mayo, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Pedro Eanes de Pedreda, ortorao do bispo; Iohan Migueles, clerigo de Villachaa; Fernan Rodrigues, albergueyro; Fernan de Quinte ts. Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et vi commo os ditos Roy Martines et Moor Domingues feçeron o dito iuramento, et esta carta escrivi et puge en ella meu signal. (+).