GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

371
1338, outubro, 23. Lugo
O Cabido de Lugo entrégalle a Xoán Eanes unha casa no Burgo Novo; este dálle a cambio outra casa co seu pozo no mesmo lugar, coa condición de que non lle neguen a auga.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 19r.

Sabiam quantos esta carta viren como nos Fernan Aras, dayan, et o cabidoo da yglesia de Lugo, con outorgamento de don Aras Pellaes, thesoreyro, et de Affonso Yanes, rasoeryo desse lugar, procuradores et rendeyros dos beens et rendas que os aniversarios da dita yglesia de Lugo han enna villa et enno bispado de Lugo, fasemos escambyo valioso para senpre con vosco Iohan Yanes, fillo que fostes de Pero Yanes de [Campesso], morador en Burgo Novo, conven a saber que nos vos damos por iur d’ardade para senpre iamays a vos et a toda vosa voz que veer, huna casa dos ditos aniversarios que he enna rua de Burgo Novo, a qual foy de Maria Cabeça, et iaz entre las vossas casas et de vossos yrmaos, a qual casa vos damos con suas entradas et saydas et con todas suas pertenenças, segundo a nos avemos et possuymos, enna qual vos logo metemos et damos a possisson et a propriedade, et avedes nos a pagar cada anno o aniversario que en ela avemos.

Et eu, o dito Iohan Yanes, por esta escanbya et casa que me vos, os ditos dayam et cabidoo, façedes et dades, dou a vos, os sobreditos dayam et cabidoo, por iur d’ardade para senpre iamays a outra casa que eu et meus yrmaos avemos en Burgo Novo, assi commo esta con seu sobrado, a qual casa esta entre esta casa que me vos dades da huna parte et outra casa de vos o dito dayam et cabidoo sobredito, con suas entradas et saydas et con todas suas pertenenças segundo a eu et meus yrmaos avemos et pussuymos, enna qual vos logo meto et dou a possisson et a propriedade della, et o poço que esta enna cortynna desta casa que vos eu dou que non seia vedada a agoa del a min, nin a aquelles que veeren en minna voz para senpre iamays. Et nos, o dayam et cabidoo sobredito, avemos os a faser de paz esta casa que vos damos. Et eu, Iohan Yanes por min et por meus yrmaos, obligo min et todos meus bees de vos fazer de pas esta casa que vos eu dou, et se por ventura cada huna de nos as partes sobreditas quiser façer parede entre nos que aquel que a quiser faser que a faça enno terreo d’anbas las partes sen custa da outra parte, et aia en ella as pousas. Et que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Françisco Martines, notario de Lugo, que feçesse ende duas cartas tal a huna commo a outra, a huna que tenades vos Iohan Yanes et a outra que a escrivan no nosso livro das nosas cartas do cabidoo, et que possese en cada huna dellas seu sinal.

Que foron feytas viinte et tres dias de outubre, era de mill et CCC LXX VI anos.

Testemoyas que presentes foron: o dito dayam; don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Pedro Iacome, iuys; Iohan Ferrnandes et Vaasco Rodrigues et Fernan Affonso, todos pessoas et coengos de Lugo; o dito thesoreyro et Affonso Yanes, raçoeyros.

Et eu Françisco Martines, notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello dese miismo lugar, a todo esto que dito he presente foy et esta carta escrivi et notey et a rogo das partes puge y meu sinal en testemoyo de verdade.