GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

408
1340, xullo, 26. Lugo
Os cóengos rendeiros dos aniversarios inhíbense en todo o relativo á percepción das rendas bracarenses.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 32r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Vaasques, rendeiro dos aniversarios da iglesia de Lugo, con meus conpanoes da dita renda: Fernan Affonso, coengo, et Affonso Aras das Cortinas et Affonso Fernandes dito do Canpo, presentes et outorgantes todos en senbra et cada hun de nos po-lo todo obligamos por nos et por todos nosos bees a vos don Fernan Aras, dayam, et a o cabidoo da dita iglesia de Lugo, que se por raçon de huna procuraçon que vos feçestes a min o dito Fernan Vaasques para demandar, arrendar et recadar os bees, froytos, rendas dos ditos aniversarios, et para anullar et desfaçer os contractos, segundo se en ella conten, en iuyso et fora del, que foron feytos sen forma de dereyto ou en dampno do dito cabidoo requeçeren custas algunas que nos que as façamos por nos et por nossos bees et as non demandemos a vos o dito dayam et cabidoo por raçon da dita procuraçon salvo que se acaescer que algun pleyto que nos tomemos sobre feito dos ditos aniversarios que vaa para Bragaa, que vos que o tomedes a o avogado se o teverdes en Bragaa segundo que acomendades os outros vossos pleytos et nos que façamos a custa que acaesçer et nos dedes vossas cartas para el que o procure segundo procurar os outros vossos pleytos. Et nos pagaremos as outras custas que y requeçeren. Et que esto seia çerto nos os sobreditos Fernan Vaasques, Fernan Affonso, Affonso Aras et Affonso Fernandes, dito do Canpo, rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo XXVI dias de julio, era de mill et CCC LXX VIIIº annos.

Testemoyas que foron presentes chamadas et rogadas: Pedro Fernandes, Iohan Peres, et Iohan Amigo, clerigos do choro de Lugo; Iohan Affonso de Burgo Novo; Gomes Affonso, ome do dayam don Fernan Aras; Ruy Fernandes yrmao d’Aras Fernandes; Iohan Eanes, que tange os sinnos; Aras Affonso, mercador; Pedro Raspallo; Affonso Peres, andador ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado per auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con las testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy et esta carta escrivi en este livro do cabidoo sobredito et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.