GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

446
1343, xaneiro, 26
Acta notarial relativa á toma de posesión por parte do racioneiro Xoán Fernández, representando o Cabido, de varias casas na cidade de Lugo doadas por Afonso Eanes e Afonso Fernández.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 42v.

Era de mill et treçentos et oyteenta et hun annos, viinte et seys dias de ianeyro.

En pressença de min Fernan Garçia, notario publico de Lugo por autoridade do bispo desse lugar, et das testemoyas subscriptas, estando ena rua da Correaria, Affonso Eanes de Negral, mercador do Campo, et Affonso Ferrnandes da rua Minaa, herel de sua muller Oliva Rominna que fuy, meteron corporalmente a Iohan Fernandes, raçoeyro, procurador do cabidoo de Lugo, en nome do dito cabidoo et da iglesia de Lugo, ena possisson da quarta parte da casa que esta na Correaria, en que mora Affonso Bochon, et eno outro quinon que avian no outro quarto da dita cassa de Iohan Peres da Boaventura. Et outrossy logo esta ora, estando ena rua Minaa, Affonso Eanes sobredito meteu o dito Iohan Ferrnandes, en nome da dita iglesia de Lugo, corporalmente en possisson da meatade de huna cassa en que mora Fernando Domingues, carniçeyro, en que Iacome Eanes da Cruz ha a outra meatade, el et sua muller Costança Moniis, que esta cabo a cassa en que mora Pedro Mouro, scripvan. Estando presente o dito Iacome Eanes et outorgandoo por sy et en nome da dita sua muller, et renunçiou que el nen a dita sua muller non podessen demandar nen enbargar a iglesia de Lugo sobre la dita meatade da dita cassa nen parte della mays outorgou que a ouvesen livre et desenbargada para senpre. Et logo o dito Affonso Eanes meteu outrossy a o dito Iohan Ferrnandes, en nome da iglesia de Lugo, en corporal possisson da disima parte de huna cassa que esta na rua Minaa a o canto cabo o poço, en que mora Pedro Viviaes, carniçeyro, et ena meatade de huna sesma da cassa en que suya morar Maria Bertolameu, en que ora mora Fernando, home do arçidiago de Deçon, que esta a o canto sub o dito poço da rua Minaa. Os quaes quinoes das ditas cassas o dito Affonso Eanes deu en escanbea a o cabidoo et a iglesia de Lugo po-la cassa Travessa que esta no Campo tras la cassa que Françisco Martines ten afforada do dito cabidoo. Et tirou o dito Affonso Eanes assi miismo do iur et da propriadade deles et meteu y, commo dito he, o dito Iohan Ferrnandes, en nome da iglesia de Lugo. Et obligou todos seus bees para los fazer de paz a todo tempo. Et o dito Iohan Ferrnandes assi os reçebeu en nome da dita iglesia et para ella. Et de todo esto o dito Iohan Ferrnandes pidio a min, notario sobredito, hun testemoyo.

Testemoyas que a esto todo foron presentes: Affonso Ferrnandes da rua Minaa et Iacome Eanes da Crus; Affonso Eanes, seu hirmao; Fernan Peres, piliteyro da rua Minaa; Lopo Pelaes, alffayate ts.

Et eu Fernan Garçia, notario sobredito, a esto todo commo dito he con as ditas testemoyas et a pidimento do dito Iohan Ferrandes este testemoyo scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.