GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

786
1378, decembro, 31. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando González e á súa muller e a unha voz o casal da Ase, na freguesía de Santa María de Lama, por renda anual dunha terza e media de pan mais media de trigo e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 97v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita iglesia, segundo que o avemos de custume, afforamos a vos Fernan Gonçalves dos Vaos et a vossa muller, Eynes Peres, et a huna pessoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, o nosso cassal chamado da See, que he enna fiigregia de Santa Maria de Lama, con suas pertenenças et dereyturas et cassas que lle perteesçen, por tal condiçon que lavredes et paredes ben as herdades do dito cassal et as saquedes de monte et vaades pus ellas ut jasen ascundudas et negadas, et que façades et reparedes as casas do dito casal do que estan por faser en estes tres anos primeyros segentes; et avedes a dar a nos, ou a aquel que for amiistrador por nos en terra de Santa Ala, en cada hun anno huna terça et mea de pan et huna mea terça de triigo, d’aquel pan et triigo que ouver enno dito lugar, des Santa Maria d’agosto ata San Miguell, linpo de poo et de palla, por la teega dereyta de Riba de Neyra; et a a morte da pustrimeyra pessoa de vos ha de ficar o dito cassal a a dita iglesia con as ditas casas feytas et con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Fernan Gonçalves, que estou pressente por min et por la dita minna muller et por la dita pessoa assy reçebo o dito foro de vos, o dito dayan, et cabidoo, et obligo por todos nosos bees de o comprir et gardar en todo enna maneyra que sobredita he.

Et nos o dito dayan et cabidoo assy vos-lo outorgamos et porque esto he çerto rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun tennor, huna enno libro de nos, o dito cabidoo, signada con seu signal, et a outra para o dito Fernan Gonçalves signada con seu signal et seellada con noso seello pendente.

Feyto foy esto en Lugo pustrimeyro dia de desembro, era de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testemoyas que a esto foron pressentes: don Johan Afonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Triacastela; don Rodrigo Gomes, mestrescolla; Thomas Gomes, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, coengos; et Jacome Ferrnandes et Affonso Yanes, raçoeyros de Lugo; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo; et Ares Peres, clerigo de Requeyxo, et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he pressente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.