GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

303
1350, novembro, 29
foro

Os capeláns de Santa Eufemia afóranlles a Xoán Domínguez, labrador, e á súa muller, Maior Iáñez, polo mesmo tempo que tivesen a dita capela, dúas casas sobre a porta de Cima de Vila e a metade dun soar, por 9 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 48

Sabean quantos esta carta viren que nos Johan Dominguez e Johan Affonso capelaans das capelas de Santa Ouffemea, damos a foro a vos Johan Domingues lavrador morador en Çima de Villa e a vos Moor Anes sua moller, deste dia de Santa Ouffemea primeira que ven endeante por todo aquel tenpo que nos foremos teendores das ditas capelas, duas casas que son das ditas capelas, as quaes casas estan a sobrela porta de Çima de Villa, ennas quaes vos agora morades, as quaes casas estan ontre outra casa de Gonçalvo Peres o Ruvyo da huna parte e da outra parte con outra que foy de Martin do Bayoco e saen as portas na rua publica. Et aynda vos damos a foro pelo dito tenpo a nossa meatade do soar con seu seido que esta enno lugar de Çima de Villa, o qual soar e seido parte pela casa do cabidoo en que morava Pero Ares e pelo seido (...) Ouffemea Coenlla, do qual soar e seido a outra meatade he do neto de Maria Sotil. Damos vos a foro as ditas casas con seus seidos e con sua froyta e a dita meatade do dito soar e seido con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças (...) que moredes as ditas casas e adubedes e reparedes do que lles conprir, et pagedes o aniversario se o y ha e a fumageen acustumada, et dedes a nos en salvo en cada huun anno por dia de Santa Ouffemea nove libras de brancos desta moeda que agora corre de que contan qoreenta pares por tres libras, e livres e quites de todo outro enbargo. Et nos obligamos todolos beens da dita capela para vos seerdes anparados con as ditas casas e meatade do dito soar e seido a dereito eno dito tenpo. Et nos os ditos Johan Domingues e Moor Anes para pagar o dito foro en salvo en cada huun anno e para conprir e agardar todo esto que sobre dito he obligamos todos nossos beens gaañados e por gaañar. Feita a carta en Ourense, viinte e nove dias de novenbro, era de mill e trezentos e oyteenta e oyto annos. Tests. Lourenço Peres morador en Pinol, Fernan Codeiro omme que foy do bispo don Alvaro, Alvaro Nunez escripvan.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he en miña presença fige escrivir duas cartas anbas en huun tenor e en cada huna puge meu signal.

(sinal)

[reverso] Foro de duas casas que estan a sobrela porta de Çima de Vila por 9 livras de brancos.