GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

467
1393, setembro, 2
foro

Pedro Iáñez, clérigo do coro, tenente da capela que ordenou Roi Pérez Fungoso, afóralle a dez voces ao cóengo Pedro Fernández unha viña nos Conchousos, libre en vida e por quinta as voces.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, I, 3

Sabean quantos esta carta viren commo eu Pero Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense, teendor da suyçon que ordenou Roy Peres Fungoso visiño que foy desta çibdade d’Ourense, dou et outorgo en foro por en vida de vos Pero Fernandes coengo d’Ourense et a des voses apus vos quaes vos nomeardes et non as nomeando que seian voses os que os outros vosos beens herdaren de dereito asi que vaan as ditas voses huna pus outra suçesive, et por liçençia e outorydade de dom Alvaro Dias arçediago de Aveancos, vigario geeral enno te[n]poral et spiritual do onrrado padre e señor dom Pedro por la graça de deus obispo de Ourense que he presente, o qual arçediago e vigario deu su liçençia e autorydade a este aforamento que se segue et ontreposo seu degredo e mandou que valese e fose estavel enno tenpo por que era feito, conven a saber que vos aforo huna leira de viña que a dita suyçom ten ennos Conchousos que jas alende a porta d’Ayra yndo para a crus de Mariñamansa a su o camiño que vay para Seixalvo et parte de huna das partes con outra viña que lavra Roy da Silva que he do cabidoo et da outra parte con viña que lavra Lourenço Rodrigues morador enna dita çibdade a porta da Ayra et en fondo topa em hun baçelar do dito Roy da Silva et ençima topa enno camiño publico que vay de Ourense para Seixalvo. A dita leira de viña vos aforo segundo dito he con todas suas perteenças, entradas e seydas et dereitos por tal pleito e condiçon que a entrechantedes novamente et a lavredes e paredes bem en tal maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento et que vos o dito Pero Fernandes que ajades a dita leira de viña et fructu dela en toda vosa vida tan solamente de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo et as vosas voses que pus vos herdaren que dem dela a min o dito Pero Anes ou ao teendor que porlo tenpo for da dita suyçom em cada hun anno a quinta parte do viño e conposta que deus der ena dita viña, conposta enna viña e viño enno lagar, o qual viño e conposta colleredes por min ou porlo que for teendor da dita suyçom porlo tenpo ou por seu omme, o qual proveredes de comer e de beber cumunalmente ementre collerdes vosa nuvidade. Et do al que ajades a dita leira de viña de disemo a deus livre e quite de todo outro encargo alguun. Et he posto que se vos o dito Pero Fernandes ou vosas voses quiserdes vender, deitar ou supiñorar ou obligar a dita leira de viña que primeiramente frontedes con ela a min o dito Pero Anes ou ao teendor que porlo tenpo for da dita suyçom et nos la dedes por lo preço que outro por ela der que seia justo, et non a querendo nos por ese preço resçeber enton a vendede, deitade, supiñorade ou obligade a atal persona que seia semellavel de vos que lavre e pare bem et page a quinta parte do dito viño e conposta et cunpla e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et eu o dito Pero Fernandes que soon presente asi reçebo de vos o dito Pero Anes a dita leira de viña aforada porla maneira e condiçoens que sobre ditas som et obrigo todos meus beens moveles et rayses gaañados e por gaañar para lavrar e parar bem a dita leira de viña et pagar o dito foro de quinta de viño e conposta que deus der enna dita viña en cada huun anno apus de miña morte et conprir e agoardar todas las cousas e condiçoens que em esta carta son escriptas e cada huna delas. Et eu o dito Pero Anes obrigo os beens da dita suiçom para anparar e defender a vos o dito Pero Fernandes et vosas voses a dereito con a dita leira de viña que vos asi aforo commo dito he. Et he posto penna entre as partes que qual quer das partes que contra esto pasar e o non conprir e agoardar que peite a outra parte que o conprir e agoardar quiser por nomme de penna e enterese quiñentos mrs. de brancos et a penna pagada ou non esta carta e todo o en ela contiudo fique firme et valla enno tenpo et voses sobre ditas. Feita foy et outorgada esta carta em Ourense dentro enno coro da dita igleia, dous dias do mes de setenbro, anno do nasçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noventa et tres annos. Tests. que presentes foron dom Gil Rodrigues mestrescola, Diego Fernandes, Gomes Peres coengos da dita igleia (...) et Joan Clerigo et Fernan Anes raçoeiros da dita igleia d’Ourense et outros.

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia d’Ourense e notario e chançeller da dita igleia e çibdade d’Ourense que ao sobre dito aforamento, outorgamento, reçebemento e liçençia e outoridade e decreto interpossito et a todo o que sobre dito he con as ditas testimuyas presente foy et esta carta segundo que passou por outro fielmente fiz scripvir e meu nome e signal aqui fiz en testimuyo de verdade rogado e requerido.

(sinal)

Stephanus Petri

[reverso] Carta da viña (...)