GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

498
1398, xaneiro, 27
cesión

Pedro Fernández, freire do mosteiro de San Francisco, cédelle a Afonso de Castadón, zapateiro, o seu dereito á herdanza do seu tío Domingo Enes, tamén zapateiro.

Ao día seguinte o dito Afonso de Castadón toma posesión dunha viña xunto ao castelo Ramiro, foreira ao cabido.

ACOu, Escrituras XVI, 23



Sabean quantos esta carta viren que eu frei Pedro Fernandes fraire conventual do moesteiro de Sam Françisco d’Ourense, por rason que Domingo Enes çapateiro morador en Ourense na rua da Barreira meu tio se passou deste mundo por morte et en tenpo de sua vida leixou a min por seu heree en todos seus beens et que fesese ben por sua alma, asi por que eu era seu parente commo por beens que el ouvo de miña madre que era sua yrmaa et de que me non dera ata nen recado, et por rason que eu soon fraire et soon obrigado servir a deus et de dereito non posso nen devo seer heree nen cabeçaleyro dalguna perssona, por ende eu çertificado de meu dereito, confiando da boa discriçon de vos Johan Afonso de Castedon çapateiro morador en Ourense na dita rua da Barreira, et por que erades amigo do dito Domingo Enes et lle fasiades moitas boas obras et lle fesestes moita honra en sua sepultura, sustituyo vos por heree en todos los beens que foron et ficaron do dito Domingo Enes, que os ajades et persuyades sigundo que a el perteesçian et façades lle por sua alma sigundo que eu era tiundo de faser sobre carrego de vosa alma et conçiençia, et dou vos poder que por vosa propia abtoridade que posades entrar et persuyr todos los beens mobeles et reises que foron et ficaron do dito Domingo Enes sigundo que os el avia et persuya, fasendo todavia ben por la alma do dito defunto sigundo que eu era tiundo. Et todo o dereito, señorio, propiedde, vos et abçon que eu ennos ditos beens avya, todo o tollo et parto de min et ponoo en vos o dito Joan de Castedon et en vosa vos que os ajades et persuyades para senpre sigundo dito he. Et eu o dito Johan de Castedon que soon presente asi reçebo a dita sustiuyçon de vos o dito frei Pero Fernandes et fico sobre miña conçiençia que faça ben por la alma do dito Domingo Enes. Et eu o dito frei Pero Fernandes renunçio que nunca contra esto veña nen diga ende o contrario por min nen por outro en alguun tenpo nen en alguna maneira, et faço sobre elo juramento aas ordeens que reçebi et ao ábeto de Sam Françisco que trago, et rogo a vos notario sub escripto que vos de ende huna carta forte et firme para garda de voso dereito. Que foy feita enna dita çidade d’Ourense, viinte et sete dias do mes de janeiro, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill et tresentos et noveenta et oyto annos. Tests. que presentes foron Roy Fernandes escripvan et Afonso Domingues yrmao de Fernan Domingues dos Fornos que foi et Johan Tanquello et Johan Domingues moradores en Çeboliño et outros.

Et despois desto, luens viinte et oito dias do \dito/ mes de janeiro, en presença de min notario et tests. adeante escriptas o dito Johan de Castedon foy a huna viña que está en termino d’Ourense a sub o castelo Ramiro, que topa enna congostra vella que está sub o dito castelo et vay por ela o camiño que vay d’Ourense para Piñor, que o dito Domingo Enes tiña aforada do cabydoo d’Ourense de foro de quinta, et disso que reçebia et reçebeu a dita viña por rama et por terra et que se apode[ra]va na teença et posisson dela et por esta todos los outros beens que foron et ficaron do dito Domingo Enes, et disso et protestou que alguun nen alguuns non fosen ousados de entrar nen de reçeber os beens do dito Domingo Enes, salvo el por vertude da dita sustituyçon, et se os alguun reçebese ou entrase que fosse por força et contra sua voontade et enno alleo a sabendas. Et desto todo en commo passou o dito Johan de Castedon pedeu a min notario testemunyo. Testemunyas que presentes foron Roy Fernandes escripvan et Gonçalvo Peres çapateiro et Joan Peres lavrador et Gonçalvo de Sabusedo et outros.

Et eu Johan Fernandes notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e igleia desse lugar que a todo esto que dito he presente foi con as ditas tests. et o escripvi et aqui meu nome et signal fis en test. de verdade que he tal.

(sinal)