GMH/ÍNDICE A-Z

977
1421, febreiro, 22. Lugo

Don Fernán Yanes, sancristán de Lugo, afóralles ó cóengo Afonso Rodríguez e a dúas voces herdades nos lugares de Bagueixos, Ramil e outros no termo de San Xoán de Tirimol, por renda anual de 20 marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 138 r. e v.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como eu Fernan Yanes, sancristan da iglesia de Santa Maria de Lugo, et capelan da Capela de Santa Eufemea sita en a caustra da dita iglesia de Lugo, por rason que as herdades que a dita mina Capela ha et ten en a fregrisia de Sanyoane de Tirimol, conben a saber en as aldeas de Vageyxos et de Ramil et en outros lugares da dita frigrisia, jasen todas por la mayor parte en monte et silvar et en campo con mingoa de labradores que as labrasen, et as casas derribadas et desfeytas et en mao paramento, et a myn non ven proveyto nehun et he grande dano da dita Capela, por ende eu, o dito Fernan Eanes, veendo et entendendo que he meu probeyto et da dita Capela et dos capelaes que despoys de min vieren et foren da dita Capela, et de liçençia et outorgamento et abtoridade de dom Juan Roys, bachiller en decretos, arçidiago de Grado en a iglesia d’Ovedo, vigario geeral en o espritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, et de dom Juan Martines, dean de Lugo, que estan presentes et consenten et outorgan, dou aforo et avervo a vos Afonso Rodrigues da Bayla, coengo en a dita iglesia de Lugo, por vosa vida et d’outras duas persoas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, as ditas herdades et arvores et formaes que a dita Capela ha et lle perteesçe en as ditas aldeas et lugares de Vagueyxos et de Ramil, et en outros quaesquer lugares et termino de Sayoane de Terimol, as quaes vos aforo con todas suas entradas et saydas et montes et prados et pascos et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan et pertescan a a dita Capela de Santa Eufemea, sub o dito signo de Sayoane de Terimol, a a tal pleito et condiçon que vos tiredes et façades tirar de monte et de canpo et silvar as ditas herdades, as que en el jasen, et as tenades labradas et ben reparadas et façades et ergades a casa do dito lugar de paredes de pedra et cubradas de lousa et madeyra et a dedes feyta et cuberta et portada d’aqui ata quatro anos primeyros seguentes; et dedes et paguedes de foro et penson de cada ano por lo dito foro vos et as ditas persoas viinte maravedis de moneda vella et de longos a myn, ou a aquel que for capelan da dita / Capela, et que os dedes et paguedes cada ano por dia de San Martino de novembro en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo; et non avedes de vender, nen deytar, nen supinorar este dito foro a outra persoa algua sen liçençia de min, ou de aquel que for capelan da dita capela; et outrosy que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro seia teuda et obligada de viir mostrar en cabidoo por ante myn, ou por ante aquel que for capelan da dita Capela, como he persoa et foreyra do dito foro do dia que en el ficar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no conprindo asy que por esa meesma condiçon perga o dito foro. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas herdades do dito lugar fiquen labradas et tiradas de monte et ben reparadas, et a dita casa feyta et cuberta et portada et ben reparada a a dita Capela de Santa Eufemea, cuias son, con todolos boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu o dito Afonso Rodrigues, coengo, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito Fernan Yanes, por las maneyras et condiçoes que mo fasedes, et obligo a myn et a meus bees et das ditas persoas de o comprir et pagar et atender en todo et por todo segundo se en esta carta de foro conten.

Et eu o dito Fernan Yanes asy vos lo outorgo. Et nos o dito don Juan Roys, arçidiago et vigario, et dom Juan Martines, dean, que presentes estamos, cada hun en quanto seu poderio he, damos liçençia et abtoridade a este dito foro para que valla por lo tenpo et persoas et penson en el conteudas.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia cathedral de Lugo, viinte et dous dias do mes de freveyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que estavan presentes: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juys; don Lopo Dias, mestrescola; don Pedro Ferrnandes, tesoreyro de Lugo; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Fernan Peres, Juan Dias, coengos de Lugo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.