GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

717
1371, novembro, 14. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Lourenzo Eanes e á súa muller e a unha voz o casal de Pazos de Sober, o da Sobreira e a herdade de Moutarelle en Santiago de Gundivós, mais o casal de Deade, en Santa María de Proendos, por renda anual de 15 marabedís ou 45 cruzados, á voz 70 marabedís ou 210 cruzados, e por loitosa un boi ou unha vaca.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 11v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Ruy Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda eno coro dessa iglesia, segundo que avemos de custume, avervamos et aforamos a vos Lourenço Yanes de Çereyia, et a vosa muller, Moor Arias, por en todos vosos dias de anbos et de huna pessoa a pus voso finamento, qual o pustrimeyro de vos nomear para esto, que seia vosa semellavel, o noso cassal dos Paaços de Sober con a outra herdade que con el anda que trouxo Pedro Iuveu, et o noso casal de Gundiboes, chamado de Sevreyra, que he sub signo de Santiago de Gondiboes, et o noso cassal de Doade, que he sub signo de Santa Maria de Pereyros; os quaes casares nos deu et mandou don Arias Ferrnandes, chantres que fuy de Lugo, os quaes de nos tevo aforados Mayor Arias, monia que fuy do moesteyro de San Fiis de Cangas, et con a herdade que a dita Mayor Arias avia en Moutarelle que he sub signo de Santiago de Gondiboes, a qual fora de Sancha Alvares, sua madre, et que nos la deu quando de nos aforou os ditos casares. Os quaes casares et herdade nos avervamos et aforamos con todas suas pertenenças et dereyturas et casa a a tal condiçon que vos, et a pessoa sobredita que y for nomeada, lavredes et paredes ben as herdades dos ditos casares et mantenades as casas en boo estado. Et vos, o dito Lourenço Yanes, et a dita vosa muller en vida de vos, Lourenço Yanes, dedes deles de foro et renda, cada anno, a a iglesia de Lugo quinse moravedis ou quarenta et çinquo crusados desta moneda del rey don Enrrique que se ora hussa, et ficando eno dito vervo depoys de voso finamento a dita vosa muller que ela et a perssoa que ela nomear, ou vos nomeardes se ela finar ante que vos, dean cada anno de foro deles seteenta moravedis ou duçentos et des crusados qual vos el eles ante quiserdes, et pagardes cada anno os ditos dineyros, commo sobredito he, en pas et en salvo en Lugo por dia de San Martino, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia, et a pessoa que eno dito vervo for nomeada por los pustrimeyro de vos venna reçeber o dito foro do cabidoo da iglesia de Lugo do dia do finamento do pustrimeyro de vos ata dous meses primeyros et [...] non asy feser que non seia teudo de entrar nen reçeber os ditos casares. Et vos et a dita vosa muller et pessoa que for nomeada avedes a seer vasalos serventes et obedientes a a iglesia de Lugo, et deve ficar de cada hun de vos hun boy ou huna vaca de loytossa a a dita iglesia. Et a finamento da pustrimeyra pessoa que eno dito foro et vervo for nomeada os sobreditos casares et herdades deven ficar livres et quitos et desenbargados a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con aquela pobrança que en eles enton andar.

Et eu, o dito Lourenço Yanes, que estou presente por min et por la dita minna muller et pessoa sobredita, asy reçebo de vos, o dayan, et cabidoo sobreditos, os ditos casares et herdades con as condiçoes sobreditas et cada huna delas que se suso conteen. Et outrosi que non ealleemos nen mal paremos os ditos casares et herdades nen parte deles en alguna maneyra. Et porque esto seia çerto nos, lo dayan, et cabidoo et Lourenço Yanes, sobreditos, rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas tal hua commo outra, huna enno livro do cabidoo et outra a vos, lo dito Lourenço Yanes, seellada con noso seello. Feytas eno coro da dita iglesia de Lugo, quatorse dias de novembre, era de mill et quatroçentos et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Gonçalvo Yanes, chantres; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Alvar Dias, juys; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, coengos; Arias Peres, raçoeyro de Lugo, et outros ts.

Et eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta scrivi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.