GMH/ÍNDICE A-Z

144
1435, marzo, 1

Marina Peres vende a Pero da Rochela e á súa muller unhas casas na Rúa dos Cans por prezo de 800 mrs.

(ff. 68-68 v e 1)

Dia domingo, entrou o primeiro dia de março. Este dia. Sabean todos que eu Marina Peres, moller que foi de Domingo Bonome, forneiro, cuja // alma Deus aja, et besiño et morador da villa de Pontebedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrenguda por força nen por engãno resçebida, mas de mĩa livre et propia voontade et para conprir a manda do dito meu marido que foy, et para pagar çertas devedas que deviamos et esperabamos a Ynes Alvares, moller de Pero Ares d´Aldaan, seisçentos mrs. de moeda vella, contando a branqua en trees dineiros, que lle ouve de dar por lo danificamento da dita viña que dizen da Fonterosa (nome reescrito con caracteres máis tardíos) et que dela tiinamos aforada, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos, Pero da Arochela, moyneiro, que sodes presente, et a bosa moller Maria Janeira et a todas bosas vozes et suas todas aquelas casas baixas que estan ẽna Rua dos Caas da dita villa de Pontebedra, en fiigresia de San Bertolameu, as quaes a mĩ perteesçen por manda que me delas feço o dito Domingo Bonome, meu marido que foy. Et bendo, como dito he, as ditas casas con seu tarreo en que estan et con sua pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et dalto et con seus pousos, jures et aogas vertentes et entradas et seidas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteeesçer deven asi de feito como de dereito, et segundo et por la via que as o dito Domingo Bonome, meu marido que foy, et eu con el tiinamos et usavamos et pesuyamos, coven a saber por contia de oytoçentos mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, et con mais cargo que vos et a dita vosa moller et vosas vozes que avedes de pagar aa retoria da igresia de Santa Maria a Grande da dita villa dose mrs. da dita moeda, cada un ano perpetuamente, que a dita reitoria ha de penson ẽna dita casa en salvo et, eso mesmo, outros dose mrs. da dita moeda ao lume da dita igllesia que outrosi ha perpetuamente en cada un ano en salvo ẽna dita casa, os quaes ditos oytoçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas et de que me outorgo por entrega et paga a toda mĩa voontade; et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contario em juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla, et se mas balen as ditas casas que esto que asi me por elas dades, toda esa maiosia que mas balen vos dou et outorgo en

(continúa no f. 1)