GMH/ÍNDICE A-Z

155

1420, agosto, 22.
O Concello ordena a Afonso Domínguez, ausente, que pagase a Jácome García Queijo, no nome de Fernan González de Avilés, 1.066 maravedís, do tercio de renda do peso deste ano, que o citado Afonso Domínguez tiña arrendado do Concello.

Quinta feira, viinte e dous dias do mes de agosto seendo o conçello, alcalle, regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que an de uso e de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade presentes ende Juan Fernandes Abril, alcalle, Martin Serpe, Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, jurados e regidores enna dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario etc e scusador etc. e dos testemoyas etc., enton o dito conçello alcalle e regidores diseron que mandavan e mandaron a Afonso Dominges da Pena, que era absente que pagase a Jacome Garçia Queijo en nome de Fernan Gonçales de Abilles, mill e seseenta e seis maravedis, branqua en tres dineiros, que diseron que o dito Afonso Dominges devia de hũu terço da renda deste anno do peso e portajẽe que do dito conçello tĩina arrendada; os quaes maravedis diseron que eran para en pago de mill e quinentos maravedis que o dito conçello devia ao dito Fernan Gonçales por los quaes feseran obligaçon ao dito Jacome Queijo en nome do dito Fernan Gonçales e que o dito Afonso Dominges tomase carta de pago dos ditos maravedis do dito Jacome Gonçales e lle serian reçebidos en pago. Testemoyas:  Pero Yanes Abraldes e Juan Bugeirete e Migell Rodriges e Juan Ares do Bilar e Ares Peres de Buño, vesiños da dita çidade.- Levou Jacome Garçia este mandamento.
Predito. O dito conçello, alcalle e regidores sobreditos mandaron a Nuno Vinagre e Juan Raposo procuradores do dito conçello que presentes estavan que de quaes quer maravedis que recabdavan e recabdasen este dito anno por lo dito conçello desen e pagasen ao dito Fernan Gonçales d’Oviedo ou ao dito Jacome Queijo en nome del os maravedis que faleçian para en conprimento dos ditos mill e quinentos maravedis e que acadasen del carta de pago e a obligaçon que por eles lle fora feita e lles serian reçebidos en conta o que lle asi pagasen para en conprimento dos ditos maravedis. Testemoyas os sobreditos.
Levou Jacome Garçia este mandamento.
 
(Fol. 80)

Falta