GMH/ÍNDICE A-Z

178

a
abril, 6

Afonso García fai contrato con Pedro de Reza e Rodrigo das Eiroás para transportar ata a Obra da Ponte as pedras que xa están labradas desde Vilar de Astrés, duascentas delas desde o Outeiro de Rocas, a sete brancas cada unha, e cen desde o Val de Gola, a dez brancas. (fol. 58v)

Afonso Garçia.

Et despois desto, a VI dias do mes de abril, Afonso Garçia, pedreiro da obra d’Ourense, feso aviinça con Pero de Reça et Rodrigo das Eiroaas en esta maneira que se sige. Iten os ditos Pero de Reça e Rodrigo das Eiroaas se obrigaron de trager ao dito Afonso Garçia tresentas pedras para dita obra da ponte d’Ourense, as dosentas delas do Outeiro de Rocas, que estan ennas Trees labradas et as çento en Val de Gola, e de as trager e poer aa ponte d’Ourense por sua custa, et o dito Afonso Garçia obrigouse de lle dar por las dosentas pedras de Outeiro de Rocas a sete brancas cada huna, grande con pequena, a feyto segundo que jasen collidas et labradas, et por las outras çento que jasen en Val de Gola a dez brancas cada huna, que montan seteçentos e viinte mrs. branca en tres dños., que son de brancas IM CC .- dos quaes se obrigou de lle logo dar tresentos pares de brancas, et ameatade da dita pedra tragi[d]a, que o dito Afonso Garçia que lle cunpla ameatade da dita paga et dende endeante segundo que a trouxer que asy lle page \que a día toda tragida ata día de todos los santos/ para o qual anbos asy se obrigaron etç. Penna quiñentos mrs. etç. Carta forte e firme etç. Afonso de Mende, Afonso Anriques notarios, Alvaro Afonso rejedor.