GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

40

xaneiro, 12

Tereixa Martínez, muller de Pedro López de Cudeiro, escudeiro, con licencia do seu marido, doa a Gonzalo Rapela, fillo dela e do que fora seu marido, Gómez Rapela, dous bacelos, unha viña, 200 mrs., e unha tinalla de seis moios, para que os teña mentres ela viva, debéndoos logo partir cos outros irmáns, e coa obrigación de pagar ao mosteiro de Oseira dous puzais de viño de “espeto”. (fols. 12v-13)

Feita e dada a Pero Lopes.

Sabean quantos esta carta viren como eu, Tareija Martines, moller de Pero Lopes de Codeiro escudeiro, con liçençia do dito meu marido, dou a vos Gonçalvo Rapella meu fillo e de Gomes Rapella meu marido que foy, as viñas o baçello das Chousas et a viña dos Tallos con o baçello que tiña Joan Garçia aforado et mays vos dou dosentos mrs. branca en tres dños. et mays huna tinalla de seys moyos de lagar et que o dito Gonçalvo Rapella que leixe a outra tinalla de sete moyos que agora ten, os quaes ditos beens a dita sua madre deu en partiçon por todos los beens que lle perteesçian por parte de seu padre Gomes Rapella, os quaes lle deu por tal condiçon que os aja et pesuya por tenpo da vida da dita sua madre et a sua morte que parta yrmaamente con os outros seus yrmaaos, fillos da dita sua moller, os ditos beens e todos los outros que ficaron da dita sua madre, por tal condiçon que page a Oseyra dous puçaas di viño despeto et do al que os aja de disemo a deus et eu o dito Gonçalvo Rapella asy reçebo os ditos beens e os ditos dosentos mrs. que en este primeiro anno en que estamos que lle page çen mrs. e os outros çen mrs. enno outro anno sigente et eu o dito Gonçalvo Rapella asy reçebo os ditos beens en partiçon de todos los ditos beens movelles et reyses que me perteesçen por parte do dito meu padre et obrigo meus beens de pagar os ditos puçaas de viño ao dito mosteiro d’Oseira et me dou por pago de todos los outros beens que do dito meu padre ficaron ( fol. 12v)
por quanto me contento en partiçon destes beens que me vos, a dita miña madre, dades etç. Penna mill mrs. etç. de dosentos frolliins etç. Contrato forte e firme etç. Tests. Diego de Codeiro, Gonçalvo de Sarria, Gomes de Bobeda, Vasco Rodrigues clerigo, Joan d’Encontro. Feito en Codeiro, dose dias de janeiro do dito anno.