GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

A17
1379, decembro, 19
Lourenzo Iáñez da Touza arrenda a Lourenzo Iáñez de Ribas o lugar do Formigueiro polo tempo que el o ten, con condición de pagar os foros ao mosteiro de Celanova e a el nove libras. (fol. 12-12v)
Sabean quantos esta carta viren que eu Lourenço Anes da Touça arrendo a vos Lourenço Anes de Ribas /e a vossa moller Maior Anes que non he presente\ o lugar do Formigueiro, que jas su cadea de Santo Sevio. Arrendo vos o dito lugar a monte e a fonte con todas suas entradas e seydas assy como eu teño de Aldara Dias. Dou volo por aquel tenpo e voses que o eu teño, por tal pleito e condiçon que vos que o lavredes e paredes bem en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de bon paramento, et que pagedes del cada anno os foros e dereytos ao mosteiro de Celanova que por el a de aver, et a min (dare)* e a miñas (...)des cada anno em paz e em salvo nove libras que o voso (...) de (...)* e castañas que jazen enno souto de Vala(...) salgeyros, a qual herdade e castañas (...) de parte de noso padre (...) (fol. 12)
min e para a dita miña moller que non he presente assy reçebo (...) o dito Lourenço Anes da Touça o dito lugar que me (aforades)* (...) por as maneiras e condiçoons sobre ditas e por cada (...) delas, e para lavrar e parar bem o dito lugar e pagar cada anno ao dito mosteiro todos seus dereytos e a vos as ditas nove libras por dia de natal, obrigo todos meus bees gañados e por gaañar. Outrosy he posto que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir e agoardar que peyte a outra parte que en elo quisser estar e o conprir e agoardar por penna e pustura C mrs. de brancas e aa vos del rey outros tantos, e a penna pagada ou non esta carta e renda fique firme e vala enno dito tenpo. Feyta a carta des e nove dias de dezenbro, era de mille quatroçentos e des e sete annos. Tests. que foron presentes Domingo Garçia de Cas(...)as e Joan Martines (...) e Johan Martin /de Pol\ mancebo de Martiño (...) (fol. 12v)