GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-20
1436, xuño, 6
O Concello cobra a Afonso Gómez de Allariz 200 mrs. do pedido, concedéndolle un prazo de seis meses para probar que xa os pagara anteriormente, de ser así reembolsarallos. (fol. 11v)

Carta de pago de Afonso Gomes d’Allaris.

En este dito día, enna Praça do Canpo, Afonso de Betanços notario en nomme do conçello outorgou de carta de pago Afonso Gomes d’Allaris de dosentos mrs. branca en tres dños. do pedido que deve, que esta ynfyntado enna Rua da Praça, pero se fose achado e o dito Afonso Gomes provase daqui a seys meses primeiros sigentes en como paga ja outra vez estes mrs. que o dito Afonso de Betanços que lle tornase os ditos mrs. ou los fesese reçeber en conta en tal maneira que os non pague mays de huna vez. Tests. Joan Fernandes, Goterre Afonso, Afonso Fernandes alfayate, Alvaro Afonso rejedor. (fol. 11v)