1351, marzo, 19. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo eximen a Arias Pérez da Cruz do pagamento dun
aniversario e reciben a cambio un oitavo de casa na rúa do Campo.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo,
et o cabidoo desse lugar seendo iuntados en cabidoo enno coro da
iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo por campaa tangida, segundo
que avemos de custume, con outorgameto dos coengos do aniversario da
dita iglesia, fazemos tal scambea convosco, Arias Peres da Crus, que
seia valedeyra para senpre yamays, conven a saber que vos quitamos
para senpre a vos et a toda vosa vos todo o aniversario que nos deven
as casas et sua cortina que nos don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo,
deu en scambea, conven a saber la vosa casa en que suya morar Affonso
Domingues da Crus assy commo se van a dereyto firir no poso do
Porniseyro, sub a capela de Santiago; et mandamos et defendemos a
qualquer ou quaesquer que os ditos aniversarios teen ou teveren
d’aqui adeante que vos non demanden nen peçan
aniversario ningun das ditas casas a vos nen a vosa vos, nen a as
ditas casas nen a ninguna delas nen a outro ningun por elas, et se
vo-lo demandaren ou pidiren que vos nen vosa vos, nen as ditas casas
non seyades teudos de o pagar en ninguna maneyra.
Et
eu, o dito Aras Peres, que presente soo dou a vos, o dito dayam, et
cabidoo para os ditos aniversarios para senpre por iur d’erdade
dos ditos aniversarios, hun oytavo d’una casa que he enna rua
do Campo de Lugo, enna qual casa ora mora Roy Leyton, piliteyro, na
qual casa vos mandou Moor Aras minna yrmaa outro oytavo, a qual casa
he su signo da capela de San Pero, o qual oytavo da dita casa a min
perteescia por parte d’Ares Peres da Crus, meu padre, et de
Tareyia Pellaes, minna madre; o qual oytavo da dita casa vos dou en
escambea por o dito aniversario, que me das ditas minnas casas dades
et quitades, et estas ditas scambeas outorgamos et reszebemos as
ditas partes huus d’outros, et obligamos de vos fazer senpre de
pas huuns a outros. Et por que ysto seia çerto nos las ditas
partes rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico da cibdade de
Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor, a huna para nos o
dito Aras Peres, seelada con o seelo do cabidoo colgado, et a outra
que a deytasse con seu signo no noso livro do cabidoo.
Feyto
foy ysto XIXº dias de marso, era de mill et CCC LXXX et nove
annos.
Os
que presentes foron testemoyas: don Fernando de Deus, chantres de
Lugo; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia
Dias, arçidiago de Sarea; don Vasco Rodrigues, arçidiago
de Deçon; don Vasco Dias, iuys; don Lopo Domingues,
thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, coengos;
Gonçalvo Yanes, Diego Gomes, Ruy Gomes, raçoeyros, et
Iohan Ferrnandes et Fernando Yanes et Afonso Yanes et Iohan
Ferrnandes et Afonso Ferrnandes, clerigos do dito coro, et outros.
Et
eu Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade de Lugo, a
esto presente fuy et esta carta aqui fis scrivir en mina pressença
et puge aqui meu signal.