GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

19
1296, febreiro, 13
sentenza

Os xuíces árbitros Roi Pérez, tesoureiro, e Fernán Pérez, cóengo, declaran que pertence ao cabido unha casa na rúa dos Arcediagos, que estaba en litixio entre Francisco Vázquez, clérigo do coro, e Lourenzo Fernández como procurador do cabido.

 

ACOu, Escrituras XVI, 34

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 549-550, doc. 69)

 

Conuçuda cousa seia ad todos commo ante nos Ruy Perez tesoureyro d’Ourense e Fernan Perez coego desse lugar e juyzes rezebudos a plazer das partes sub escriptas fosse pleyto entre Lourenço Fernandez procurador do cabidoo d’Ourense en nome desse cabidoo duna parte e Francisco Vasquez clerigo do choro por sy da outra e o dito Lourenzo Fernandez demandou a Francisco Vasquez huna casa que e na rua dos Arçidiagos, a qual sta entrelo forno que fuy d’Estevoo Paez e a casa que foy de Domingo Asturao, porque diçia que a dera Fernan Paez ao cabidoo por hun soar que e na rua Nova, assi que o soar ouvesse Fernan Paez per sanple e a sa morte ficasse esta casa livre e desenbargada ao cabidoo segundo parezia per hun publico strumento que ende ante nos foy mostrado e Françisco Vasquez razoou que Fernan Paez fora enganado en este contracto que fezera con o cabidoo porque diçia que o cabidoo le dera o que non era seu e que ouvera a defendelo cun este soar que le deran e nono defenderan e Fernan Paez que o ouvera a conprar depoys a Domingo Perez e a Lourenzo Eanes ditos de Çeleyroo a quen o Ruy Diaz ma[n]dara en sa vida deles e que por esta razon non podia o cabidoo demandar a dita casa en vida de Domingo Perez e de Lourenzo Eanes sobre ditos. Et Lourenzo Fernandez razoou que nunca Fernan Pelaez frontara o cabidoo que o deffendesse con o dito soar nen dera ende querela da conpra que fezera ata tenpo de seu passamento e por Fernan Paez fazer aviiza per seu plazer ou aqueles que le demandavan o soar non avia o cabidoo por que por ende perder a casa que le avia a ficar a morte de Fernan Paez, poys que Fernan Paez non frontara o cabidoo que o deffendesse. Et nos juyzes sobre ditos vista a demanda do procurador do cabidoo e a resposta de Francisco Vasquez e oydas las razoens que as partes quiseron razoar e visto o estrumento que foy feyto entre o cabidoo e Fernan Paez sobre razon da casa e do soar sobreditos, seendo en lugar de julgar, as partes presentes, julgamos per sentenza a dita casa ao cabidoo e que Francisco Velasquez le responda con os alugueyros dela delo tenpo que Fernan Paez morreo a aca ou con os alugueyros que ende o cabidoo podera levar se a per si tevera. Feyta foy esta na ygleja de San Martiño, xiii dias de febreiro, era de mill e ccc xxxiiii anos. Testimoyas que foron presentes Johan Martinez moordomo do cabydoo, Pero Martinez clerigo do choro dito de Beyro, Gonçalvo Namorado porteyro dos coegos, Stevan Martinez clerigo do choro e outros.

Domingo Eanes notario d’Ourense presente foy e scrivi \+/ e puge meu signal que é tal en testimoyo de verdade.

            + Per mandado dos ditos juyzes.

(sinal)