GMH/ÍNDICE A-Z

269
1345, febreiro, 4
reversión

Xoán Solbeira, en nome de Lourenzo Iáñez, vigairo do bispo, entrégalle a Xoán Afonso, clérigo do coro e tenente da capela da Madanela, unhas casas na rúa dos Arcediagos, pertencentes á dita capela, por falecemento do foreiro.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, 18

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Johan Eanes notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar e das testemoyas adeante scriptas Johan Affonso clerigo do coro da igleia d’Ourense teedor que se dezia da capela de Santa Maria Madanela que e na dita çidade d’Ourense, estando en Ourense na rua dos Arçidiagos ante as portas dunas casas que estam na dita rua, as quaes casas estam da huna parte a par doutras casas que forom de Gonçalvo Vivyaens coengo que foi e da outra parte a par doutras casas de Roy Poutaens, et estando y presente Johan Sorveira omme de Lourenço Eanes coengo e vigario do honrrado padre e señor dom Alvaro porla gra de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, o dito Johan Affonso disso que commo Martin Martines teendor que foi da dita capela afforasse a Affonso Perez de Boveda morador en Santa Mariña do Monte e a sua moller Dominga Martines que foi, en sua vida danbos tam solamente e mays non, as ditas casas que estonçe estavan en soar por contia çerta de cada anno, que as fezessen de parede e de sobrado e doutras cousas sigundo que pareçia por huna carta feita por Grigorio notario d’Ourense que foi que y o dito Johan Affonso mostrou, por que dizia que o dito afforamento fora feito aos ditos Affonso Perez e sua moller e por que dizia que o dito Affonso Perez agora era fynado, et por esta razom as ditas casas que se devyam a volver aa dita capela e a el en seu nomme dela, que por esta razom que fora mostrar ao dito Lourenço Eanes vigario sobre dito a dita carta do afforamento delas e o dereito que a dita capela avya nas ditas casas e el en seu nomme, et lle pedia que llas mandasse entregar para a dita capela e ho mandasse meter en possisom delas, et o dito Lourenço Eanes vigario que mandara ao dito Johan Sorveira seu home que llas veesse entregar e meter na possissom. Et pedío ao dito Johan Soveira que o fezesse assi sigundo lle o dito Lourenço Eanes vigario mandara. Et logo o dito Johan Sorveria disso que el por mandado do dito Lourenço Yanes vigario entregava ao dito Johan Affonso para a dita sua capela as ditas casas que o dito Affonso Perez tiina afforadas do dito Martin Martines capelan que foi e ho metia na jur e na possissom delas. Et por tal que a dita entrega fosse per feita e a dita possissom fosse firme poso fora das ditas casas Moor Eanes moller que foi d’Alvar Eanes que en elas morava e tomoulle a chave das portas da rua das ditas casas que ella tiina na mao e pechou con ela as ditas portas e entregou a dita chave ao dito Johan Affonso e deffendeu de parte do dito señor o bispo e do dito Lourenço Eanes seu vigario su pena de çem mrs. da boa moeda que ninhuun non fosse ousado dentrar nen morar nen pessuyr as ditas casas daqui endeante contra voontade do dito Johan Affonso ou doutro qual quer que fosse capelam da dita capela. Et o dito Johan Affonso reçebeo a dita chave e a entrega e possissom das ditas casas que lle o dito Johan Sorveira fazia, protestando que el por este reçebemento e entrega que lle era feita non renunçiava ao dereito que avya por nomme da dita sua capela contra os beens do dito Affonso Perez, por quanto dizia que despoys do dito aforamento que lle o dito Martin Martines fezera ficara de fazer alguuns adubeiros nas ditas casas et que ficasse a sua morte todo acabado, sigundo que se contiina en huna carta feita por Domingo Eanes notario que foy d’Ourense que logo y mostrou, et que non conprira nen aguardara delo nenhuna cousa, et que protestava de o demandar por seus beens do dito Affonso Perez, et tomando eynda con esta protestaçon a possisson e propiedade das ditas casas, et despechou logo as ditas portas e entrou dentro no sobrado das ditas casas e beveo y do vino por que enviou, et deu a chave das ditas portas aa dita Moor Eanes que a tevesse de sua mao del e recudisse con ela a el e con ho alugueiro das ditas casas e non a outre nenhuun, e a dita Moor Eanes disso que assy o faria, pero que dizia que tiina a dita chave de mao de Martin de Canba mercador e alugara del seu quiñon das ditas casas. Et desto en commo passou o dito Johan Affonso pidío a min Johan Eanes notario sobre dito que lle desse ende huun publico instromento con meu nomme e con meu signal. Esto foi en Ourense, quatro dias de fevereiro, era de mill e tresentos e oyteenta e tres annos. Tests. que foron presentes Vaasco Peres Maryño, Alvar Rodrigues seu primo scudeiros, Domingo Leon ome do dito Vaasco Peres, Gonçalvo home de Pero Fernandes juis d’Ourense e outros.

Et despois desto en este dia en presença de min notario e tests. adeante escriptas o dito Johan Affonso feso çerto por min notario ao dito Martin de Canba commo lle o dito (...) para a dita capela e en commo as el reçebera. Et outrossi lle fezo (...) que fosse çerto o dito Martin Anes commo non avya de teer o dito Affonso Peres (...) do dito Martin Anes que daqui endeante non recudisse con o alugueiro das ditas casas nen con outra (...) nenhuna que delas ouvesse a dar senon a el por nomme da dita sua capela e non a outre nenhuun. Et pedío a min notario que lle dese todo asy sigundo que por min passara huun publico instormento con meu nomme e con meu signal. Esto foy en Ourense no dia e era sobre ditos. Testemonyas que foron presentes Domingo Eanes dito Caldelas e Roy Fernandes clerigos, Gomes Peres criado de Pero Ares de Freyxeedo que foi.

Et eu Johan Yanes notario sobre dito a esto presente foi e este instromento en myña presença fige escrivir e puge y meu signal en testemonyo.

(sinal)