GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1035
1433, xaneiro, 8. Rendar

O cóengo Lopo Fernández, con poder do Cabido, afóralles a Álvaro López e a dúas voces o couto de Rendar e Sirgueiros nas freguesías de Santa María de Rendar e San Salvador de Sirgueiros, por renda anual de 60 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 14, perg. orix., galego, cortesá, 370 x 260 mm; inclúe carta de poder: 1432-IX-12 Lugo (CD nº 1034).


   

Sabean todos quantos esta carta de foro et contrabto viren como eu Lopo Fernandes, coengo en a eglesia de Lugo et administrador do mes de março en o arçiprestadgo et terras do Inço et do Maao por lo cabidoo da iglesia de Lugo, et por poder que para elo ey dos homes boos et senores et personas do dito cabidoo, avendo acordo et entendendo que he prol et onrra et bon paramento da dita eglesia de Lugo et da dita administraçon et arçiprestado do Inço et do Maao, et conosçendo et entendendo que os homes moradores et provadores dos coutos de Rendar et Sergeyros foran et son muy defesos et guardados por vos, Alvaro Lopes da Somoça, por lo dito poder, segun se contina en esta carta a iuso escripto, aforo a vos, o dito Alvaro Lopes da Somoça, en vosa vida et a outras duas personas depos vos, fillos, ou fillas, ou netos, ou deçendentes, et non seendo fillo, ou netos, ou deçendentes que seia et fique persona aquel ou aquela que vos mandardes et nomiardes en vosa vida et testamento, et a outra persona que seia aquela que for nomiada por aquela que for por vos nomiada, et non seendo nomiadas que seian quen herdar vosos bees de dereito, et se venan a mostrar por personas do dia que os vos finardes ata tres meses conpridos ante o administrador, que for en a dita administraçon et arçiprestado, et non seendo presente o dito administrador que seia mostrado et presentado a presente seu vicario por escrivano, ou ante os senores do dito cabidoo. Conven a saber que vos aforo os coutos et terraria de Rendar et Sergeyros con todas las herdades et casas et arvores et senorio, que a dita iglesia et administraçon y ha, con os Vales de Reboyro et con a herdade de Outeyro de Radigos et con os lugares da Iglesia Alva, os quaes ten Vasco Peres de Iglesia Alva, con todas entradas et seydas, jures et posisoes, pertenenças et dineiros et foros, çensos et trebutos quaesquer a elas perteesçentes et perteeçer deventes de feyto et de dereito por qualquer maneira et por qualquer raçon, a montes et a fontes, per hu quer que vaan su os dinos de Santa Maria de Rendar et de San Salvador de Sergeyros et sub outros quaesquer, con os casares et herdades sobreditas, os quaes vos aforo con todas suas pr[...] et dereitos, et con todo o senorio perteeçente a os ditos coutos et casares et jurdiçon et ansy en nome deles, asy çevil como ecclesiastico, con jur de apresentar as eglesias de Santa Maria de Rendar et de San Salvador de Sergeyros cada et quando que aconteçer de vacaren elas et cada huna delas, et de aforar os lugares et herdades pertenesçentes a o dito arçiprestado a boos paradores, ou os ponades a casarios quando se vacaren, con tal pleyto et condiçon que administredes et procuredes et defendades et anparedes ben os ditos coutos et herdades et jurdiçon et senorio deles et os homes labradores et provadores et moradores en eles, et eso mesmo a jurdiçon tenporal et seglar et eclesiastica, o qual he todo da dita administraçon et cabidoo et ensento et preveligiado con toda sua jurdiçion, et que labredes et façades labrar et parar ben as herdades et casares delas et reparar as casas de aquelo que for menester como se non pergan por mingua de lavorio et de boo paramento. Et daredes de foro et çenso et trebuto, en cada hun ano, por los ditos coutos et herdades et casares perteeçentes a o dito arçiprestado por todo quanto renderen et valeren, por dia de Natal da naçença de nuestro senor, en pas et en salvo en Lugo, a o administrador que for da dita administraçon et arçiprestado do Inço et do Mao, ou a seu arçipreste et colledor, sesenta maravedis vellos segun se pagan as procuraçoes do dito arçiprestado sen perlonga et desconto exsentos et sen contradiçon algua. Et a a visitaçon et colaçon et procuraçon et pan que deven as ditas eglesias de Rendar et Sergeyros et arçiprestado que fiquen a o dito administrador libres et desenbargadas, et sacrilegios, se y vieren, dos clerigos das ditas eglesias, salvo o dito jur de apresentar et de aforar et padroadigo segun dito he. Et a finamento da postromeyra persona que os ditos coutos et cada hun deles et os ditos casares et herdades con todas suas jurdiçoes et senorios et o dito jur de apresentar et aforar et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos et con todos seus bees rayses que fiquen libres et quitos et desenbargados a a dita administraçon et cabidoo sen enbargo ninhun.

Et eu, Alvaro Lopes, que presente estou por min et por las ditas personas asi reçebo de vos o dito Lopo Fernandes, administrador, o dito foro por las maneiras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus bees et das ditas personas para pagar en cada hun ano, segun dito he, o dito foro et conplyr et atender todo o que se conten en esta carta et contrabto. Et eu et as ditas personas avemos de seer serventes et obidientes a vos et a o dito cabidoo et administradores da dita administraçon et arçiprestado, et cada persona pagara por loytosa triinta maravedis a seu finamento, et demays eu, o dito Alvaro Lopes, por este foro et ven et graçia et merçede que de vos reçebo por min et por las ditas personas dou enplasamento et por jur de herdade a vos, o dito administrador, en nome da dita administraçon et cabidoo por jur de herdade para senpre hun casal de herdade, que eu conprey a Françisco do Souto de Martin, que he en terra de Lemos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes, a montes et a fontes, por hu quer que vaa sub o sino de San Christovoo de Martin, segun se conten en a carta de conpra que delo fige, a qual dita carta logo vos apresento para a poerde en voso libro et tonbo o treslado dela; con qual dito lugar con todas suas prooes et dereituras eu logo, o dito Alvaro Lopes, dou a vos, o dito administrador, en nome da dita administraçon et cabidoo o jur et posison et tradiçon del çevil, natural et corporal et reyal, abtual et de todos seus dereitos, et pono fora del a my et a meus herdeyros para senpre, et traspaso en vos o dito administrador et cabidoo. Et eu, o dito administrador, para min et para a dita administraçon et arçiprestado et cabidoo asi o reçiboo. Et eu, o dito Alvaro Lopes, asy vos dou et outorgo et pono fora del a my et a todos meus herdeyros para senpre de todo quanto poderio et senorio ende seia sacado de nos et removido et posto en vos. Et eu, o dito Lopo Fernandes, administrador, asy vos aforo a vos et a duas personas, segun que se conten en esta carta sobredita, o dito casal et enplasamento que asy de vos reçebemos por tal condiçon que o labredes et paredes ben et diades de foro seys maravedis da moeda susodita, cada hun ano, por lo dito dia de Natal; et a finamento da postromeyra persona que fique o dito enplasamento libre et quito a a dita administraçon et arçiprestado et cabidoo con os boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Alvaro Lopes, asy reçebo o dito foro con as ditas condiçoes. Et eu, o dito administrador, asy vos lo outorgo. Et porque seia çerto eu, o dito Lopo Fernandes, coengo et administrador, deyvos delo esta carta de foro et contrabto firmada de meu nome et seelada con meu seelo pendente, et por mayor firmesa roguey et mandey a Alvaro Fernandes de Sobrado, notario publico en o dito couto de Rendar por la eglesia de Lugo, que sinase esta carta de seu signo et suscriçon acostumado et a dese a o dito Alvaro Lopes para guarda de seu dereito.

Feyta et outorgada en o dito couto de Rendar, oyto dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et tres anos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados: Juan Fernandes de Rendar et Fernando Afonso de Lamas, et outros.