GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

650
1362, novembro, 22. Lugo

Acordo do Cabido relativo ao que deben pagar os herdeiros dos cóengos e racioneiros.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 27v.

Era de mill et quatroçentos annos, viinte et dous dias de novembre.

Commo nos Ruy Ferrnandes, dayan, et pesoas et coengos da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de custume, enno thesouro da dita iglesia, veendo o desfalesçemento que acaesçe alguna veses entre nos por rason de provesa que he grande en esta iglesia, et alguuns non ha para que os enterren et he a nos vergonça, por ende estabelesçemos et constituymos et outorgamos que d’aqui endeante quando acaesçer finamento de alguna pessoa et coengo et raçoeyro da dita iglesia que seus herdeyros delles, et de cada hun delles, ou aquel et aquelles que ficaren en seu lugar, que den et paguen a nos, o dito cabidoo, et a nosos subçessores por los pannos de vestir [...]. (O resto ilexible).