GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

682
1368, marzo, 15. Lugo
Lope Afonso, autorizado polo Cabido, traspásalle o foro do casal de Xiá ao seu sobriño, o cóengo Fernando Pérez.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 17r.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Lopo Afonso do Campo, morador en Lugo, con outorgamento de don Ruy Ferrnandes, dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, dou et ponno en vos Fernan Peres, meu sobrino, coengo da dita iglesia, o casal de Gian, que tina afforado dos aniverssarios da dita iglesia, por las maneyras et condiçoes que o eu tenno dos ditos homes boos, segundo se conten en huna carta feyta por notario, que o tennades en vossa vida et levedes husso et fruyto et rendas et dereyturas del, segundo que as eu avia de levar et hussar, et possades nomear pesoa et pessoas en vosa vida ou a tempo de voso finamento que aian et leven as rendas et dereyturas et huso et fruyto do dito casal, segundo as ouveran et levaran aquellas pesoas que eu para ello nomeara se vos o vervo do dito cassal non dera, segundo dito he. Et vos et as ditas pessoas que dedes et paguedes a os aniverssarios da dita iglesia aquella renda et foro que les eu avia a dar, et comprades et gardedes et atendades aquellas pusturas et condiçoes que eu era theudo de gardar et comprir, segundo se conten enno foro et vervo que vos dou et entrego, que era foro entre o dito dayan et cabiidoo et min.

Et eu, o dito Fernando Peres, asy resebo o dito foro et vervo do dito casal, et obligo min et meus bees, movilles et rayses, et das ditas pessoas de comprir et gardar todo o que sobredito he et que vos, o dito Lopo Afonso, erades theudo de gardar et comprir. Et nos, o dito dayan, et omes boos do dito cabiidoo asy outorgamos a vos, o dito Fernando Peres, o dito foro et vervo do dito casal de Gian segundo que vos lo dito Lopo Afonso da para vos et para as ditas pessoas. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo, quinse dias de março, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas: don Ruy Ferrnande,s dayan; don Iohan Dias, chantre; don Iohan Afonso, arçidiago de Deça; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastela; don Ruy Gonçalves, mestrescolla; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Pedro [...], coengos, et outros.