GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

122
1316, outubro, 6
titoría

Pedro de Barreiros, cóengo e vigairo do bispo, a petición de María Domínguez, viúva de Pedro Martínez, dito Musgo, nomea como titor da súa filla Mariña o irmán desta, Roi Pérez.



ACOu, Escrituras XIII, 23

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min notario e das tests. que adeante son escriptas Maria Domingues moradeyra en Ourense moller que foy de Pero Martines dito Musgo disso a Pero de Barreyros coengo e vigario do onrrado padre e señor don Gonçalvuo pela graça de deus bispo de Ourense que o dito Pero Martines que fora seu marido era finado e que lle ficara del huna filla pequena que a nomme Mariña e é de ydade de seys annos, et disso que Miguel Peres da Corredoyra notario d’Ourense yrmao da dita Mariña fezera conto con ella por sy e en nomme da dita Mariña sua filla que ella tiiña en seu poder de quanto montava o quiñon das devedas que a ella e aa dita sua filla ficavan por pagar do seu quiñon e ficara con ell por conta que a dita Mariña sua filla devia y no seu quiñon oitoçetos mors. portugueses, e disso que non avia y ia movil nen ponto por que se podessen pagar estes diñeiros, ca entrara en outras devedas e non se podian pagar se non vendessen dos herdamentos que (a dita) sua filla avia, e que a non queria teer mays en seu poder nen queria teer os seus (...) seus beens (...). Et por que a dita sua filla era menor de idade, pidia ao dito vigario que lle desse tutor que partisse por ella e que gardasse e amiistrasse seus beens con aquelas clausullas que o dereito manda, e que vendesse aquelles que entendesse por que se poderian pagar os ditos oitoçentos mor. poys y movil non avia por que se pagassen. Et enton o dito vigario mandou aos ditos Miguel Peres e Maria Domingues que eran presentes que lle nomeassen alguun homme boon de parte de seu padre da orffaa qual entendessen que era mays digno e mays guisado para o offiçio da tuturia. Et os ditos Miguel Peres e Maria Domingues ouveron seu acordo e nomearonlle Roy Peres yrmao da dita orfaa, poys que Miguel Peres non podia seer seu tutor por que avia pleito con a dita Maria Domingues sobre razon das devedas que dizia que pagara que o dito Pero Martines devia. Et o dito vigario pregu[n]tou a moytos hommees boons que y sian con el ena audiençia se este Roy Peres era digno ou guisado para este ofiçio e elles disseron que era homme boon e digno e de boa fama e guisado para este ofiçio e para outro mayor se mester fosse e que avia beens moviis e reyz na çidade d’Ourense e en seu tirmyo. Et enton o dito vigario deu o por tutor aa dita orfaa e a todos seus beens, et deulle autoridade e mandoulle que gardasse a perssona da dita orfaa e amiistrasse seus beens e ende rençasse e procurasse sua prol e arre[n]dasse sen danno e desse boa conta segu[n]do seu poder quando lle fosse demandada. Et para esto obligou sy e seus beens en lugar de satisdaçon por que non avia quen o quisesse fiar en este feito. Et fez juramento corporalmente sobre santos avangeos. Et outrossy lle mandou que poys y non avia outros beens moviis por que se estes oitoçentos mor. podessen pagar, que vendesse da reyz da dita orfaa aquela por que se podessen pagar estes mor. todavia con conssello da dita sua madre. Esto foy en Ourense aa porta das casas en que mora o dito vigario, seys dias de oitubro, era de mill e ccc e lª iiiiº annos. Tests. que a esto foron presentes meestre Maçia thesoureyro da igleia d’Ourense, don Domingo prior do moesteyro de San Pero de Rocas, Johan Paez da Fonteyña, Domingo Calvuo do Outeyro, Thome Anes ome de Martin Afonso raçoeyro d’Ourense.

Et eu Miguel Peres publico notario da çidade d’Ourense por nosso señor o bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escrivy e meu signal y puge que he tal.

Este é o tralado da sobredita carta feita pelo dito Miguel Peres notario, o qual eu Miguel Peres da Corredoyra notario d’Ourense de verbo a verbo tralladey a pidimento de Miguel Domingues moordomo do cabidoo. Et meu signal y fez que he tal.

(sinal)