GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

39
1301, xullo, 11
venda

Tareixa Moniz véndelle a Rodrigo Aras, cabaleiro, unha leira de castiñeiros que tiña a medias, na freguesía de San Martiño de Sabadelle, por 200 soldos.

 

ACOu, Escrituras X, 48

Eno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Thereyia Moniz de Sabadelle vendo a vos Rodrigo Aras cavaleyro e a vossa moller Aldonça Rodrigues e a toda vossa voz uuna leyra de castineyros que eu ey por meo con Lourenço Perez de Sabadelle, que está na friguesia de San Martin de Sabadelle no lugar que chaman a Costa, e fer en fondo no herdamento de Berosende e en çima no camino que vay da Fronteyra para o Conffurco, e de un dos lados iaz cabo a leyra que foy de Orraca Perez, e da outra parte iaz a leyra que foy de donna Toda, e o meu quiñon do monte que está por partir que está no lugar que chaman os Villares, e o meu quiñon dos castineyros exertados que está no lugar que chaman a Gavea que é na friguesia sobredita. Vendo vos este herdamento de dezemo a deus e livre doutro enbargo, con todos seus dereitos e perteenças, que vos e toda vossa voz aiades el en iur de erdade para por senpre e façades o que quer que vos prouguer livremente. Et outorgo e prometo anparar vos senpre e toda vossa voz con este herdamento a dereito por min e per todos meus beens gaanados e por gaañar. Ca outorgo que reçebi de vos por prezo deste herdamento duzentos soldos desta moeda de nove del rey don Fernando de que contan iiii diñeiros por tres soldos. Et quen contra esto veer aia a ira de deus e a mia maldiçon e aa voz del rey peyte por pena cc soldos e a carta fique firme a todo tenpo. Feyta a carta onze dias do mes de iullio, era de mill e ccc e xxxix annos, reynante en Leon e en Castella rey don Fernando, teente o couto de Sant Estevo Nuno Gonçalves. Testemoyas Rodrigo Eanes de Penela, Johan Gees da Miranda, Domingo Peres de Sabadelle.

Et eu Gomez Loyntra notario por el rey no couto de Sant Estevoo de Riba de Sil a esto foy presente e escrivío e meu sinal y puge, este.

(sinal)

 

                [reverso]          Carta de Sabadelle.