GMH/ÍNDICE A-Z

612
1356, marzo, 12. Lugo
Fernando Corán, veciño de Poutomillos, recoñece a propiedade da igrexa de Lugo sobre a herdade e casas que habita.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 51v.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Fernan Coran, morador en Puytemillos, conosco et outorgo que a herdade que fuy de Ruy Peres, dito Vello, en que eu agora moro en ela et ennas casas dela, que he de vos don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, et vos perteeçe por manino, et d’aqui adeante partome et quitome-vos delas commo aquela que he vosa con suas casas et formaes et arvores, a monte et a fonte, peru quer que vaa, et se eu en ella d’aqui adeante morar, ou posuyr, conosco et outorgo que a pesuyo por vos et en voso nome et de vosa iglesia precario.

Et nos, o dito sennor obispo, assy a reçebemos. Et que esto seia çerto nos as partes rogamos et mandamos a Fernan Aras, notario publico de Lugo, que faça ende a vos, o dito sennor obispo, carta ou cartas en esta rason quantas et quaes vos compriren.

Feyto en Lugo dose dias de março, era de mill et treçentos et noveenta et quatro annos.

Testemoyas: Ruy Gonçalves, coengo de Lugo; Lourenço Yanes de Lamas; Iohan Calbo, alffayate da rua Minaa, et Gonçalvo Peres, scripvan, ts.

Et eu Fernan Aras, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo desse mismo lugar, a esto commo sobredito he presente fuy et por mandado das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.