GMH/ÍNDICE A-Z

1088
1451, maio, 21. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Francisco Yanes, á súa muller e a tres voces unha casa na cidade próxima ó Hospital de San Miguel, freguesía de San Pedro, por renda anual de 18 marabedís os primeiros beneficiarios e 19 marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 34 v.


   

Saban quantos esta carta de fuero viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por onde soben a os orgoos da dita iglesia, abendo primeyramente noso consello et deliberaçion damos aforo et avervo a vos Françisco Yanes Gago, et a vosa muller, Tereia Garçia, et a outras tres personas despoys de voso finamento, huna qual nomear o postremeyro de vos, et a outra qual nomear aquella que for nomeada por aquella que por lo postremeyro de vos for nomeada, et a outra postremeyra que seia a que for nomeada por la nomeada por la segunda nomeada despoys de vos ambos, ata que seian complidas as ditas tres persoas despoys voso finamiento, huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta en esta çiudade de Lugo, en que vos agora morades, açerca do Hospital de San Migel sub sino da Capella de San Pedro da dita çiudade, a tal pleito et condiçon que vos, o dito Françisco Yanes, et a dita vosa muller, Tereiia Garçia, saquedes a parede da dita casa des las primeyras travas arriba de contra o dito Hospital et a saquedes afora hun codado, et façades y balcon et da outra parte que a levantedes toda de parede, et levantedes a dita casa toda de sobrado fasta tres anos primeyros segentes, et a tenades feyta et cuberta et en boo paramiento vos et as personas que suçederen en o dito foro; et dedes dela de foro vos et a dita vosa muller en vosa vida, en cada hun ano, des et oyto maravedis de moeda vella de longos, et as outras tres personas que den de foro des et nobe maravedis da dita moneda a aquel que for rendeyro ou colledor dos ditos aniversarios por lo dito cabidoo por dia de San Martino do mes de novembre. Et outrosy con condiçon que qualquer das ditas tres personas que suçederen en o dito foro seia tiuda et obligada de viir mostrar et ensinuar a o dito cabidoo en como he foreyra do dito foro do dia que en el suçeder por persoa ata trinta dias primeyros seguentes, et se o asi non feser nen cumplir que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita casa fique cuberta et ben reparada a o dito cabidoo et aniversarios libre et desenbargada con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Françisco Yanes, que presente soo asi reçebo a dita casa et foro della de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de o conpliremos et pagaremos et atenderemos en todo segundo et en a maneyra que se en esta carta conten. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos en testemoyo do qual outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto ambas en hun tenor huna para vos, o dito Françisco Yanes, et vosa muller et personas, et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a vosa carta de foro con ho seelo do dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en o dito lugar, dia esta feyra, viinte et un dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et hun anos.

Testimoyas que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a dita iglesia; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso et Pedro Fernandes, et Juan Vidal, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, et Lopo Garçia, et Juan Ares de Parrega, coengos da dita iglesia capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.