GMH/ÍNDICE A-Z

1094
1453, maio, 18. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Lopo de Neira e á súa muller unhas casas xunto á Carnicería destruídas no incendio acaecido na cidade, por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1336 nº 8, per. orix., galego, cortesá, 340 x 250 mm.
   

Saban quantos esta carta de pension viren como nos as personas coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en o thesouro da dita iglesia aqueles que quiseron et poderon seer presentes, por quanto segundo he notorio don grande fogo que queymou et destroeu a mays grande et mellor parte desta dita çiudade, do qual fogo et destroyçon agora jasen en hermo hunas nosas praças de casas que son da dita iglesia et perteesçen a as proçisoes de fora da matricola, as quaes estan et jasen junto con a Carniçaria da dita çiudade de Lugo en o canto da rua que deçende da Ferraria para a Porta Minaa, das quaes en a mays pequena morou Moor Ares [afrigado], et a outra tevo en cabelariça Diego de Matela, visino que foy desta dita çiudade, et he vaca a o presente por demitiçon que dela feso Clara Martines, filla do dito Diego de Matela, ou en outro qualquer modo que vacas seian as ditas praças, et de çima feren en a rua que deçende da dita Ferraria para o poço da Pyngueela, as quaes iasen sub o signo da Capela de Santiago da dita iglesia. Et nos veendo et entendendo que esto he probeyto noso et da dita iglesia et nossos suçesores damos a pension perpetuamente para senpre jamays por jur de herdade a vos Lopo de Neira, barbeyro, que presente estades, et a vosa muller, Taraisa Rodrigues, visinos desta çiudade, et a todas vosas voses, herdeiros et suçesores que depoys de bos foren, as ditas nosas praças con todas suas entradas et saydas et pertenenças et agoas vertentes et correntes, segundo senpre andaron et se usaron, a tal pleito et condiçon que fagades as ditas praças en casas de nobo do dia da feyta desta carta fasta tres anos primeiros compridos et a alçedes de valcoos et a tenades asi feita, cuberta et reparada et asi seiades tiudos vos et vosos suçesores et herdeyros de a teer a todo tenpo et a todo caso fortuyto por qualquer maneira que vena et acaesca; et dedes et paguedes de penson, en cada hun ano, a o dito cabildo et a aquel que coller a renda dos aniversarios et procisones de fora por dia de San Martyno de nobenbro oyto maravedis vellos de longos, et non pagando vos ou os ditos vosos suçesores et herdeyros os ditos oyto maravedis longos da dita pension por tres anos, que por ese meesmo feito o dito cabildo posa reçeber a dita casa et praças se quiser, ou tornarse a outros quaesquer beens mobelles ou rayses que acharen de vos, o dito Lopo de Neira, et vosa muller et de vosos suçesores et herdeyros et cada hun deles, et espeçialmente a huna vosa orta chamada da Fonte que vos, o dito Lopo de Neira, agora teedes que esta fora desta çiudade açerca da Porta de San Pedro, que vos a pagar a dita penson obligades, et que posades vender, supynorar, dar, enallear et traspasar et mandar a dita casa et faser dela o que quiserdes et por ven teverdes asi como de vosa cousa propia con a dita condiçon et penson et eso meesmo a dita vosa orta por onde quer que for et quenquer que a levar et tever que a aia et leve con o dito cargo da dita obligaçon que por ela se pague a dita penson non se pagando por la dita casa, et huna nen a outra non pasen nen posan pasar en outra maneira alguna salvo como dito he.

Et eu, o dito Lopo de Neyra, que presente so por min et por la dita mina muller et herdeiros et suçesores asi o reçebo todo et obligo meus beens et da dita mina muller et de nosos suçesores et herdeyros et espeçialmente obligo a dita mina [orta da Fonte] en a maneira susodita, et de o conprirmos et fasermos et atendermos et pagarmos todo et cada cousa et parte delo segundo et en a maneira que susodito he et declarado.

Et nos, o dito cabidoo, por nos et nosos suçesores asi reçebemos a dita obligaçon et vos lo damos et outorgamos segundo et en a maneira que ditas son, et nos obligamos a vos faser saas et de pas as ditas praças a dereito a todo tenpo. Et porque seia çerto nos as ditas partes outorgamos delo dous contrautos en hun tenor os mays fortes et firmes que se poderen faser et notar sobre la dita rason en dereito por lo notario iuso escripto hun para vos, os ditos Lopo de Neira et vosa muller, et herdeiros et suçesores, et outro para o dito cabildo, et a mayor firmesa mandamos que o voso seia seelado con o seelo do dito cabildo et o noso solamente signado do dito notario iuso escripto.

Que foy feito et outorgado en o dito cabildo, des et oyto dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et tres anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron a dita penson: Afonso Martines de Galdo, chantre; Roy Lopes d’Aguiar, arçediano de Neyra; Gonçalo Peres de Carballido, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo de Parga, thesoreiro; Gomes Vasques, Diego Vasques, Lopo Garçia, coengos; Juan de Neyra, raçoeyro; Roy Lopes, sanchristan, Roy Lopes de Teyxeyro, clerigos do coro, et outros.

Despoys desto as personas coengos et benefiçiados da dita iglesia, esta feyra, viinte et tres dias do mes de nobenbro, do ano susodito do senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et tres anos, et en presença de min o dito notario et testigos iuso escriptos diseron que davan et deron et ajuntaron en penson perpetuamente en a maneira susodita a o dito Lopo de Neira et sua muller, Taraisa Rodrigues, et a todos seus suçesores et herdeiros para senpre jamays jur de herdade outra praça de casa que eso meesmo jas en hermo junta con as susoditas praças, a qual dita praça perteesçe et he dos aniversarios da dita iglesia et a o presente esta vaca por demitiçon que dela feso en cabildo (espacio en branco)  Crespo, visino desta çiudad, a tal pleito et condiçon que o dito Lopo de Neira et sua muller con as outras praças susoditas a levante de casa junta et igoalmente con as outras a o termino susodito dos ditos tres anos et seian tiudos et seus suçesores de a teeren feita et reparada, segundo et en a maneira et con as condiçoes das susoditas praças, et qu’eles et seus suçesores den et paguen de penson, en cada ano, a o dito praso et termino por esta dita praça seys maravedis vellos de longos, para o qual o dito Lopo de Neira, que presente et reçebente estava, obligou todos seus beens et de seus suçesores et espeçialmente a dita orta de Fonte con as condiçoes et penson et obligaçoes susoditas non menos a condiçon desta ditas penson ultima que as ditas duas primeiras, asi que a de pagar cada ano quatorse maravedis vellos de longos por todas las ditas tres praças. Et o dito Lopo de Neira, que presente estava, asi reçebeu a dita praça en a dita penson segundo de suso avia obligado. Et o dito cabildo asi reçebeu del a dita penson do qual todo mandaron et rogaron a mi o notario iuso escripto que fesese delo dous estromentos segundo arriba se conten.

Testigos que foron presentes et outorgantes os ditos Afonso Martines, chantre; et Gonçalvo Peres, arçediano de Sarrea; et Gomes de Gayoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo de Parga, thesoreiro; Rodrigo Afonso, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Fernando Afonso, coengos; Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo rendeiro dos ditos aniversarios et outros.

Et eu Pedro Meendes de Forinis, clerigo de Lugo, notario publico por las auctoridades apostolical et ordenaria, a ver faser et dar et outorgar estas ditas tres praças en as ditas penseones a cada huna segundo que pasou con os testigos susoditos et con os senores do dito cabildo a todo elo presente foy, et esta carta das ditas pensones aqui por mina mao escripvi et anbas sobre este signo puse et escripvi et aqui a o pe delas puse meu signo et nome acostumados que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.